AxendaPontevedra

123

Selecciona a túa búsqueda

31/01/2015 - 28/02/2015



Programa do Entroido 2015

Representación dos entroidos tradicionais

• Sábado, 31 de xaneiro: 12.00 horas. Pasarrúas das  Madamas e Galáns de Cobres

• Sábado, 7 de febreiro: 17.00 horas. Pasarrúas dos Caretos de Podence

Venres, 13 de febreiro

• 20.00 horas. Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido

• 21.00 horas. Praza da Verdura. Urco, rei do Entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os da Caña, Clave de Sol, Las Flores del Carnaval, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os do Val do Lérez, onde será recibido polo alcalde.

• Lectura do pregón  a cargo de Amoriños de Bora

Sábado, 14 de febreiro

• 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.

• 16.00 horas. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos  participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

• 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.

• 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Luns, 16 de febreiro

• De 10.00 a 20.00 horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros  Enríquez). Teléfono: 986 851 670.

• 17.30 horas. Praza de Méndez Núñez. Obradoiro Pirata.

• 19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Grupo Foula.

• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas.

Martes, 17 de febreiro

• De 10.00 a 20.00  horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros  Enríquez) teléfono: 986 851 670.

• 16.30 horas. Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.

• 17.00 horas. Praza da Ferraría.  Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel,  e varios DJ.

• 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Participación das agrupacións:
Asociación Combrus e Troula.

A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Cientolos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Clave de Sol E Vamos a Todo.

Mércores, 18 de febreiro

• 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”.

• 18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía.

• 19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Foula.

• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas.

Xoves, 19 de febreiro

• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXIV Concurso de Murgas.

Venres, 20 de febreiro

• 23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XX Mostra da Parodia do Entroido.

• 02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIV Mostra da Parodia do Entroido.

Sábado, 21 de febreiro

• 16.00 horas. Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación

• 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda

• 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Domingo, 22 de febreiro

• 12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.

• 17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.

• 18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso

• 20.30 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, Os Paparrulos, A Esmorga, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

• VELADA INFAUSTA Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

1º. Introito coa lectura dunha elexía para o finado
2º. Celme, danza da morte
3º. Pola Vila, Recordos D'outrora
4º. Val do Lérez
5º. Incineración do loro Ravachol

III XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

• Exposición sobre o Entroido de Galiza. Os 27 e 28 de febreiro do CITA. De 11.00 a 21.30 horas.  Ás 17.00 horas Visita guiada.

Venres, 27 de febreiro

• 18.00 horas Apertura das xornadas

• 18.15 horas Presentación das Actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Rafael Quintía (SAGA).

• 18.30 horas Conferencia de Xosé Fuentes Alende: “Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca”.

• 19.00 horas Conferencia de Hector Salgado: “O bombo no Entroido de Laza”.

• 20.00 horas Conferencia de Carlos Ares: “Viana do Bolo: Cen anos de Entroido”.

• 21.00 horas Mesa redonda e coloquio.

Sábado, 28 de febreiro

 

• 18.30 horas Presentación do libro A danza dos Labregos. Estudo do Entroido de Marcón. Por Xosé Anxo Rosales.

• 18.45 horas Presentación  de “Os Xenerais da Ulla. Unidade didáctica para educación infantil e primaria” intervén Carmen Sánchez (Etnoga).

• 19.00 horas Conferencia de Xenaro Santomé: “Pinténs: Entroido no Hío”.

• 20.00 horas Conferencia de Suso Fariñas: “O Entroido da Limia”.

• 21.00 horas Mesa redonda e coloquio.

• 21.15 horas Actuación musical a cargo de Carmen Gallego e Cesar Loureiro.

• 21.30 horas  Clausura das Xornadas.
 

FONDO
DE ARMARIO

  • Historias de Pontevedra
  • Orquestra filarmonica cidade de Pontevedra
  • Rúas de Pontevedra
  • Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
  • Terras de Pontevedra
  • Local de música
  • Olladas de Pontevedra
  • Plano de Pontevedra
  • Xeve de Memoria
  • Sala Karma
  • Parque rupestre de Campo Lameiro
  • Culturgal
  • Visit Pontevedra
  • Catálogo Castelao no museo de Pontevedra
  • Pontevedra para o mundo
  • Illa do Cobo
  • As industrias culturais de Pontevedra