Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/app/code/novas/novas.class.php on line 485
Concello de Pontevedra - Cultura

AxendaPontevedra

123

Selecciona a túa búsqueda

17/01/2016 - 06/03/2016
Teatro Principal (Rúa Paio Gómez Chariño, 6)
12:00
21 €

Domingos do Principal

Décomo séptima edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Domingo 17 de xaneiro. "A comer!", de Pues de Porc (Catalunha). Duración: 45 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.O ogro coxo e famento está a piques de xantar unha triste sopa de verduras cando, na súa porta, aparece un meniño… Pero o meniño ten frío, fame, sede, impo… e o ogro non pode comer un neno frío e famento. Premio FETEN 2015 ao mellor espectáculo de monicreques. Teatro de actor e monicreques.

Domingo 24 de xaneiro. "Jim e a illa do tesouro", de Eme2 (Galiza). O pequeno e valente Jim Hawkins faise co mapa do tesouro do pirata Flint, e decide comezar a viaxe á Illa do tesouro. Unha viaxe na que vivirá moitas aventuras cargadas de música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios… navegará por medio mundo, e descubrirá unha amizade eterna. Teatro de monicreques. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.

Domingo 31 de xaneiro. "Pinocchio, figlio di Gepetto", de La Baldulfa (Catalunha). Pinocchio é a historia dun neno libre, sen prexuízos nin complexos, desobediente e traste, pero inxenuo. Gepetto intenta velar pola súa educación, pero Pinocchio desobedece e pasa aventuras que lle farán madurar… con un final sorprendente. Unha versión particular de La Baldufa da obra de Carlo Collodi. Premios ao mellor espectáculo e mellor dirección FETEN 2015. Teatro de actor e monicreques. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 6 anos. Recomendado pola Red Epañola de Teatros

Domingo 14 de febreiro. "Burbullas de papel", de Mucab Das (Catalunha). Roger é un trompetista namorado das burbullas e das cousas redondas. Un día Roger queda durmido e soña, soña con Bombalia o país das burbullas onde vive Bumbú. Bumbú virá ao mundo de Roger para axudarlle a facer burbullas. Un espectáculo interactivo e de participación, con danza, música en directo e interacción multimedia. Con burbullas de xabón, de papel, dixitais, de globos, con sombras, luz negra… Premio mellor espectáculo familiar Feria de teatro Ciudad Rodrigo 2014. Danza contemporánea, creación de vídeo, multimedia. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 3 anos

Domingo 21 de febreiro. "Minutos", de Marcel Gros (Catalunha). Buscador de grandes momentos e coleccionista de pequenas cousas… Marcel Gros, o pallaso, constrúe un vehículo feito de imaxinación co que emprende unha viaxe cara un mundo minúsculo diverso e divertido. Cada escena é tratada coma un pequeno conto, os obxectos son manipulados para darlles vida, cada detalle adquire a importancia que se lle debe dar ás pequenas cousas. Marcel Gros, mellor valorado por maiores e menores de 13 anos en Domingos do Principal 2015. Clown. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 3 anos. Recomendado pola Red Epañola de Teatros.

Domingo 28 de febreiro. "Faboo, el encanto de la imaginación", de Escena Creativa (Madrid). Un espectáculo visual caracterizado pola súa simplicidade e expresividade. Trátase dunha posta en escena pouco usual que usa unha linguaxe universal de xestos e sons, capaz de cativar a espectadores de calquera idade. Premio FETEN 2015 pola súa expresividade. Premio mellor espectáculo VI festival Internacional de teatro  Zaragoza 2015. Teatro xestual. Duración: 52 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.

Domingo 6 marzo. "Luppo", de Baobab Teatro (Pontevedra). Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto de cada mañá, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lévalle o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle moitas historias da súa vida. Unha mañá, Tulún chega coa compra e Luppo non está… Premio mellor espectáculo infantil Feria de teatro Ciudad Rodrigo 2014. Teatro de actor e monicreques. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 4 anos. Recomendado pola Red Epañola de Teatros.

As obras representaranse en dobre función, ás 12:00 e ás 18:30 h. no Teatro Principal e tres delas contarán con sesións concertadas con centros escolares.

Entradas anticipadas á venda en ataquilla.com a un prezo de 4 €/ función. e, no caso de non esgotarse, 2 horas antes de cada espectáculo. Abono para as 7 funcións: 21 € (gastos de tramitación incluídos)

Podes mercar o teu abono exclusivamente por billeteira telefónica ou por internet. Poderás escoller entre dous tipos de abono. O abono de mañá darache acceso ao pase matinal das 12:00 h. nas sete funcións do Teatro Principal. O abono de tarde darache acceso ao pase das 18:30 h. nas sete funcións do Teatro.

FONDO
DE ARMARIO

  • Historias de Pontevedra
  • Orquestra filarmonica cidade de Pontevedra
  • Rúas de Pontevedra
  • Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
  • Terras de Pontevedra
  • Local de música
  • Olladas de Pontevedra
  • Plano de Pontevedra
  • Xeve de Memoria
  • Sala Karma
  • Parque rupestre de Campo Lameiro
  • Culturgal
  • Visit Pontevedra
  • Catálogo Castelao no museo de Pontevedra
  • Pontevedra para o mundo
  • Illa do Cobo
  • As industrias culturais de Pontevedra