“Do Final e do Comezo 2014”: Traballos de graduados en Belas Artes

66

A mostra "Do Final e do Comezo 2014" está formada por unha selección de traballos do alumnado graduado en Belas Artes. Podemos ver o resultado da formación, a través da creación artística e a súa análise, de profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver os problemas e os procesos da arte, favorecendo a reflexión e a integración da creación artística no contexto sociocultural contemporáneo.

Horario de visitas: de martes a venres de 17:00 a 21:00 h. Sábados de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.