Contos infantís ao piano

59

Espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantil Unha semana do pequeno elfo Cerra – Ollo de Hans Christian Andersen.

Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Icíar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.

A duración será duns 45 minutos. Entrada libre ata completar aforo.

+info. en www.museo.depo.es