Concerto de Soziedad Alkoholika + Vortex

36

Primeiro dos concertos das Festas da Peregrina a cargo de Soziedad Alkoholika, acompañados pola banda pontevedresa Vortex.

Non é fácil clasificar a Soziedad Alkoholika dentro dun único estilo musical. Thrash, Hardcore, Metal, Punk… O único certo é que os seus fundamentos básicos sempre foron a potencia e a velocidade, mostrando nas súas composicións un amplo e variado abanico de influencias marcadas polo seu particular estilo. No que respecta aos seus textos, sempre se mantiveron nunha liña acorde coa música. Letras corrosivas e explícitas, repletas de compromiso social e denuncia directa foron unha dos seus principais características.

A banda está formada por Juan (voz), Jimmy (guitarra), Iñigo (guitarra), Pirulo (baixo) e Roberto (batería).