Cinema Clandestino…xoga e verás

31
  • Acude a cita sinalada e déixate guiar até un espazo público para asistir a proxección dun filme do que non sabes o título
  • A primeira cita o vindeiro sábado 22, ás 20.00 horas na árbore de Nadal da Ferrería

Xogar con pistas, deixarte guiar, acompañar e sorprender, descubrir espazos públicos que ven poden ser unha sala de proxección… e amar o cinema. Son os requisitos a cumprir para gozar do Cinema Clandestino, unha novidosa proposta lúdico-cinematográfica da Concellería de Festas que chega da man de Suso Novas, Chelo Costas, Ana Seoane, Gero Costas e o Cineclub de Pontevedra.

Os interesados en aceptar o convite acudirán a unha cita, da que coñecerán hora e lugar e que será o punto de encontro para dirixirse a un espazo público no que se vai a proxectar o filme elixido que os espectadores coñecerán cando comece o visionado. A través da web www.cinemaclandestino.es e das redes sociais daranse pistas sobre a película para que os interesados en participar no xogo proposto adiviñen o que van a ver. Para unha participación máis activa, a xente pode inscribirse (de balde) en participa.cinemaclandestino@gmail.com A través do correo recibirán a citación, hora e lugar.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada polos promotores da proposta, adiantaron as citas do Cinema Clandestino:

  • Sábado 22 de decembro, ás 20.00 horas. Árbore de Nadal da Ferrería. Pista, sección do traxe de Papa Noel
  • Sábado 29, ás 20.00 horas. Canchas deportivas de Campolongo
  • Venres, 4 de xaneiro, ás 20.00 horas. Estanque das Palmeiras

Cinema Clandestino vai dirixido a un público de xente nova e adultos, non está pensado para público infantil.

Ademais de ser unha proposta lúdica e colectiva, Cinema Clandestino busca tamén a localización e activación de espazos públicos (a cuberto e o aire libre) como posibles escenarios culturais “Nace con vocación de continuidade”, subliña a concelleira Carme da Silva.