Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/app/code/novas/novas.class.php on line 485
Concello de Pontevedra - Cultura

AxendaPontevedra

123

Selecciona a túa búsqueda

16/01/2016 - 21/02/2016



Entroido 2016

Avance do programa de ENTROIDO 2016 do Concello de Pontevedra.

REPRESENTACIÓN DOS ENTROIDOS TRADICIONAIS

Sábado, 16 de xaneiro
12 h. Pasarrúas Pantallas de Xinzo de Limia.

Sábado, 30 de xaneiro
12 h. Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres.

Venres, 5 de febreiro
20 h. Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido.
21 h. Praza da Verdura. Pregón.

PROGRAMA DO ENTROIDO

Sábado, 6 de febreiro
11 h. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.
16 h. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
17 h. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
20 h. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

Luns, 8 de febreiro
17 h. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
19:30 h. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas.
21 h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXV Concurso de Murgas

Martes, 9 de febreiro
16:30 h. Concurso de Filloas. Casa da Lúz
17 h. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ.
22 h. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!

Mércores, 10 de febreiro
17 h. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”.
18 h. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores.
19 h. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Comando Foucellas.
21 h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX V Concurso de Murgas.

Xoves, 11 de febreiro
21 h. Pazo da Cultura. Final do XXV Concurso de Murgas

Venres, 19 de febreiro

• 23 h. Prazas e rúas da cidade. XXI Mostra da Parodia
• 02 h. (sábado). Praza da Ferrería. Entrega dos premios da XXI Mostra da Parodia

Sábado, 20 de febreiro

11 h. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.
16 h. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
17 h. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Eduardo Pondal co seguinte percorrido: Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España, rúa Alameda.
20 h. Praza da Ferrería. Entrega dos premios do concurso de disfraces.

Domingo, 21 de febreiro

12 h. Monte Porreiro. Festa da zorza
12 h. Recreación da botica de do Perfecto Feijóo.
16.30 h. Rúas do barrio. Desfile de Entroido de Monte Porreiro.
18 h. Praza da Verdura. Comezo do velatorio de Revachol. Prégase loito rigoroso
20 h. Saída do cortexo fúnebre da praza da Verdura que percorrerá: San Román, A Ferrería, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería e praza da Ferrería. Icineración do finado Ravachol, con espectáculo necrolóxico. No séquito estarán as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña.

IV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
Ciclo de conferencias e exposición sobre o entroido de Galiza.
19 e 20 de febreiro na Casa da Luz.

Consulta o programa completo en pontevedra.gal/Entroido-2016

FONDO
DE ARMARIO

  • Historias de Pontevedra
  • Orquestra filarmonica cidade de Pontevedra
  • Rúas de Pontevedra
  • Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
  • Terras de Pontevedra
  • Local de música
  • Olladas de Pontevedra
  • Plano de Pontevedra
  • Xeve de Memoria
  • Sala Karma
  • Parque rupestre de Campo Lameiro
  • Culturgal
  • Visit Pontevedra
  • Catálogo Castelao no museo de Pontevedra
  • Pontevedra para o mundo
  • Illa do Cobo
  • As industrias culturais de Pontevedra