Volve o Salón do Libro!

16 de Febreiro de 2012

A Concellaría de Cultura presentou esta mañá a edición 12+1 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que ten como temática as supersticións, de onde veñen estas crenzas na importancia dos números nos contos, a na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.

Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros.

Ao igual ca noutras edicións, ademais da programación específica no Pazo da Cultura, o Salón volverá saír ás rúas de Pontevedra para celebrar roteiros e actividades de animación. Ademais, xunto á programación para nenos, tamén contamos cunha específica para o público adulto.

Se queres máis información www.salondolibro.org

Descarga o teu programa:

Apuntes

01-05-2012
Comeza Maio mes da Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,

01-05-2012
Marcos da Portela, gañador do Concurso de maios

A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.