Calquera entidade de Pontevedra que realice algún tipo de actividade cultural pode contar cunha subvención municipal. Unha convocatoria anual define o procedemento para solicitar estas axudas que contribúen á vida da cidade, os barrios e parroquias.
A convocatoria publícase no BOP e sole sair en torno ao mes de setembro. No último ano o límite das axudas era de 3.000 euros, tendo en conta que a partida global das subvencións foi de 40.000 euros.
Logo da xornada de descanso do domingo, o programa do entroido regresa mañá con dous pratos tradicionais: a presentación do Loro Ravachol e a primeira eliminatoria do Concurso de Murgas. O programa de actividades para estes días é o seguinte: LUNS 20 DE FEBREIRO • 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces • 19.30 h
As rúas de Pontevedra acolleron durante algo máis de catro horas o Desfile de entroido máis numeroso en participantes e de alta calidade, segundo o xurado dos premios do Desfile, que se recorda ata o momento. Centos de persoas gozaron nas rúas centrais da cidade deste tradicional desfile que discurreu sen contratempos e baixo a animación de todos os parti
webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.