Pontevedra dará mañá a benvida ao Entroido

16 de Febreiro de 2012

 A Concellaría de Festas xa ten ultimado todos os detalles para o inicio do entroido pontevedrés que comeza mañá pola tarde coa chegada do Rei Urco e a lectura do pregón do entroido, a cargo de Xurxo Souto. A concelleira de Festas, Carme da Silva anima a todos os pontevedreses a participar en todas as actividades propostas neste programa, encher de luz, cor e diversión todo o entroido que axudará a esquecer durante uns días os duros momentos que se están a vivir na nosa sociedade.

O programa de actividades para esta fin de semana é o seguinte:


VENRES 17 DE FEBREIRO

• 20.00 horas Praza da Verdura. Degustación de filloas de entroido
• 20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Solfamidas de Campo Lameiro, Os da Caña e Clave de Sol onde será recibido polo alcalde. A continuación Xurxo Souto leerá o pregón do entroido.


SÁBADO 18 DE FEBREIRO

• 11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos de Poio.
• 16.30 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número.
• 17.30 horas Desfile do entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
• 20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da gran festa do entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
 

Apuntes

01-05-2012
Comeza Maio mes da Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,

01-05-2012
Marcos da Portela, gañador do Concurso de maios

A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.