O ciclo anual de festas en Pontevedra

  • REIS MAGOS 5 de xaneiro, con Cabalgada de Reis e recepción real, normalmente no Pazo de Mugartegui
  • ENTROIDO febreiro, cunha ampla programación festiva no entroido urbano máis importante de Galiza
  • FESTA DA CABAZA marzo, un mercado tradicional de produtos relacionados con este froito tan aprezado na cultura galega
  • FESTA DOS MAIOS 1 de maio, cun acto principal na Ferraría, no que nenas e nenos dos colexios do municipio cantan os seus tradicionais Maios
  • FESTA DE SAN BIEITO 11 de xullo, cunha romaría popular nos Salóns do Lérez e festa darredor do mosteiro
  • FESTAS DE SANTIAGUIÑO DO BURGO 25 de xullo, unha festa especialmente vivida no barrio do Burgo
  • FESTAS DA PEREGRINA do segundo ao terceiro fin de semana de agosto. A gran cita festeira do verán pontevedres. A Semana Grande dunha programación festeira que abrangue todo o verán, con actos e animación para todas as idades e gostos. Concertos variados, feira do mel, batalla de flores, feira Chalana de artesanía, pasarrúas e animación en toda a cidade....
  • FESTA DO DEMO 23 de agosto, o demo sae de ronda polo Centro Histórico nun día de sustos e simpáticas persecucións
  • FEIRA FRANCA primeiro fin de semana de setembro. Unha festa nova, pero de moi fondo calado no espírito da cidade. O Centro Histórico e a Alameda convírtense nun espazo festeiro global, no que a cidadanía, vestida de época, lembra os tempos de esplendor da cidade, cando era o gran porto de Galiza e acollía a Feira Franca. Milleiros de persoas xantan e cean na rúa durante o sábado; centos de grupos conviven arredor da mesa e a troula, celébrase o Desfile do Viño, que rememora a entrada dos arrieiros na cidade, e na véspera ten lugar un potente espectáculo de luz e son na Ferraría.
  • FESTA DE OUTONO Novembro. Un mercado de produtos tradicionais propios desta época do ano
  • NADAL Decembro, xaneiro. Con diversos actos relacionados con ese período de celebracións para moita xente

Apuntes

19-02-2012
A presentación de Ravachol e as Murgas marcan o inicio da semana do Entroido

Logo da xornada de descanso do domingo, o programa do entroido regresa mañá con dous pratos tradicionais: a presentación do Loro Ravachol e a primeira eliminatoria do Concurso de Murgas. O programa de actividades para estes días é o seguinte: LUNS 20 DE FEBREIRO • 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces • 19.30 h

18-02-2012
Pontevedra vive o seu Desfile de entroido máis numeroso

As rúas de Pontevedra acolleron durante algo máis de catro horas o Desfile de entroido máis numeroso en participantes e de alta calidade, segundo o xurado dos premios do Desfile, que se recorda ata o momento. Centos de persoas gozaron nas rúas centrais da cidade deste tradicional desfile que discurreu sen contratempos e baixo a animación de todos os parti

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.