Este sábado comeza “Un Gorgullón de historias”

19 de Xaneiro de 2012

O Centro Social do Gorgullón inicia esta semana un programa de contacontos que se desenvolverá todos os sábados (agás festivos) de 10 a 11 horas, ata o mes de xuño. “Un Gorgullón de historias”, nome do programa, está organizado pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal en colaboración coa Concellaría de Cultura que dirixe Anxos Riveiro.
Un “Gorgullón de historias” está pensado para nenos e nenas a partir de catro anos e está aberto a todos os nenos do barrio, estean ou non asociados.
A actividade que impartirá Pavís-Pavós xira arredor dos contos escoitados, lidos, mirados e contados. Trata de recuperar a tradición oral por medio de ditos, cancións, refráns… e tamén contos e historias, complementado con outras actividades plásticas, expresivas e musicais.
As persoas interesadas poderán anotarse de martes a venres, a partir das 19.00 horas o Centro Social do Gorgullón ou no mail inscricions@pontevedra.eu

 

Apuntes

01-05-2012
Comeza Maio mes da Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,

01-05-2012
Marcos da Portela, gañador do Concurso de maios

A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.