Os premios Cidade de Pontevedra distinguen cada ano a unha entidade e a unha persoa física da cidade que se teñan destacado por algunha razón, contribuíndo ao benestar da cidadanía ou proxectando o nome de Pontevedra en calquera aspecto.
Un xurado do que forman parte membros da Corporación e representantes de entidades sociais e culturais elixen cada ano as persoas agasalladas con esta honra colectiva, que se entrega nun acto solemne e público que a Corporación celebra o 20 de Xaneiro, día de San Sebastián, patrón da capital.
Os premios con comportan cantidades económicas, pero sí o agasallo dun Teucro de prata e un diploma.
Esta é a crónica da entrega de premios do ano 2011.
O Concello de Pontevedra fixo entrega a pasada semana os premios Cidade de Pontevedra á nadadora Beatriz Gómez Cortés e á Asociación sociocultural Cedofeita, nunha sesión plenaria de honra celebrada no Teatro Principal. O alcalde presidiu esta sesión extraordinaria na que estivo presente toda a Corporación e moitos convidados dos gañadores.
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,
A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio
webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.