Plástica

{altfofo}

OBRADOIROS DE EXPRESIÓN DRAMÁTICA, PLÁSTICA E MUSICAL “Á PROCURA DO TESOURO”

Do 01-10-2010 ata o 24-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros

Datas: de luns a xoves de outubro a maio

 

4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e

[ampliar]

Data Comezo : 01-10-2010

Data Remate : 24-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros

Datas: de luns a xoves de outubro a maio

 

4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro.

Organización. Estas actividades están promovidas por decimoterceiro ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Os obradoiros serán impartidos por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.

Participantes: O número total de participantes é de 130 distribuídos por idades e días en 4 talleres.

Obxectivos:

    - Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
    - Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
    - Prepararalos para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
    - Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc) e dos xogos tradicionais galegos.
    - Coñecemento da nosa vila e da natureza que nos rodea (animais, plantas).
    - Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
    - Fomentar o hábito da lectura como goce, en especial de libros en galego.
    - Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
    - Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita en galego.
    - Fomentar a non discriminación por razón de xénero.
 

Duración: Cada taller consta de 22 sesións dunha hora e media distribuídas ó longo de 6 meses a razón dunha sesión semanal dende outubro de 2011 ata maio de 2012.

Distribución por días e idades:

Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h.
Número de participantes: 20
Comezo: luns 24 de outubro.
Durante as actividades [Clic para ver máis fotos]

Taller 2: de 8 a 12 anos
martes de 18,30 a 20,00 h.
Número máximo de participantes: 20
Comezo: martes 25 de outubro.

Taller 3: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: mércores 26 de outubro.

Taller 4: de 4 a 7 anos
xoves de 17,30 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: xoves 27 de outubro.


Contidos:
Obradoiros de 4 a 7 anos

Os 90 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 3 e 4 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man dos avós que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.

Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.

Así pois, escoitarán, crearán e representarán contos; farán traballos manuais relacionados con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres; etc.

Para rematar os obradoiros no mes de abril farán unha "expedición" polo Centro Histórico de Pontevedra.
Obradoiros de 8 a 12 anos

Combinaranse as actividades de expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral.

Os talleres rematarán con representacións teatrais que terán lugar no Teatro Principal.

 

Inscrición: a partir do 14 de outubro ata cubrir todas as prazas no Pazo da Cultura, de 08,00 a 14,00 h.

Cota de inscrición: 40 € por toda a actividade

Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo e no mesmo lugar da actividade.

Notas:
    - No caso de cubrirse todas as prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
    - De non facerse o pagamento da cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza, que quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
    - No caso de faltar 3 sesións sen justificación, a praza quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.

 

Máis información en www.migallas.com

{altfofo}

ANIMACIÓN Á LECTURA “A HORA DO CONTO”. O PAÍS DA BOA SORTE

Do 01-10-2011 ata o 26-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros

Datas: os sábados de outubro a maio

Horario: de 12:00 a 13:30 horas

 

"A hora do

[ampliar]

Data Comezo : 01-10-2011

Data Remate : 26-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros

Datas: os sábados de outubro a maio

Horario: de 12:00 a 13:30 horas

 

"A hora do conto". O País da boa sorte. Curso de animación a lectura organizado por Pavís Pavós.

{altfofo}

BEN VEÑAS, MAIO. CURSO 2011/2012

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
• XVIII Certame de Narración Curta
• X Certame de Poesía
• XII Certame Musical

 

Bases Xerais para todos os certames (agás o musical):

Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

 

Documentos :
{altfofo}

X CERTAME DE FOTOGRAFÍA BEN VEÑAS, MAIO

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente un uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias,

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente un uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias, pintadas, indicadores, etc.


Cada fotografía achegarase cun comentario en galego que xustifique o interese da imaxe obtida, así como o lugar e a data de obtención. A técnica fotográfica e o tamaño serán libres.


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais:Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Documentos :
{altfofo}

XVIII CERTAME DE BANDA DESEÑADA BEN VEÑAS, MAIO

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

As obras serán orixinais e inéditas. No tema deberá reflexionarse sobre o uso e valoración das linguas e os textos serán en lingua galega.

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

As obras serán orixinais e inéditas. No tema deberá reflexionarse sobre o uso e valoración das linguas e os textos serán en lingua galega. Poderá utilizarse calquera técnica, mais só en branco e negro. O formato será DIN-A4 ou ampliacións oureducións proporcionais. A extensión será de dúas páxinas como mínimo e de seis como máximo. Deberán presentarse orixinal e fotocopia de cada unha das obras.


Establécense dúas categorías:
a) Ata 14 anos inclusive
b) A partir de 15 anos


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais: Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Documentos :
{altfofo}

"Paradox of the dark". Exposición na Fundación RAC

Do 01-04-2012 ata o 09-06-2012

Lugar: Fundación RAC

Horario: de luns a sábado, de 19:00 a 21:00 horas.

 

"Paradox of the dark". Exposición dos artistas

[ampliar]

Data Comezo : 01-04-2012

Data Remate : 09-06-2012

Lugar: Fundación RAC

Horario: de luns a sábado, de 19:00 a 21:00 horas.

 

"Paradox of the dark". Exposición dos artistas portugueses Filipa César e Rui Toscano na Fundación RAC de Pontevedra.

{altfofo}

PLAN DE FORMACIÓN TRIMESTRAL. ESCOLA DE TEMPO LIBRE PASPALLÁS

Do 02-04-2012 ata o 30-06-2012

abril_maio_xuño_2012

 

Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar

[ampliar]

Data Comezo : 02-04-2012

Data Remate : 30-06-2012

abril_maio_xuño_2012

 

Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar resposta ás demandas e necesidades observadas durante actividade formativa e profesional, coa intención de achegar coñecementos, ferramentas e técnicas en diferentes campos da educación non formal para facilitar o traballo diario dos e das profesionais coa maior calidade posible.

 

Podo xogar eu? Adaptación de xogos de tempo libre á discapacidade

Construir con cartón

Maquillaxes e caracterización de efectos especiais

Interpretación do patrimonio natural, cultural e artístico como recurso para o tempo libre

Monicreques de gosmaspuma

As emocións: Guía e roteiros para non perderse no universo emocional

Montaxes de animación

Obradoiro de sexualidade

O recuncho do retrato: A creación dun espazo expositivo

Globoflexia e decoración con globos

Obradoiro de cestería

Título oficial de Director/a de Campos de Traballo

 

Máis información, datas, prezos e fichas de inscrición no documento anexo.

 

 

Documentos :
{altfofo}

Exposición. "XERACIÓN 80: a natureza dos estados intencionais da muller"

Do 18-04-2012 ata o 03-06-2012

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

Horario: de martes a venres de 17.00 h. a 21.00h.; Sábados de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos

[ampliar]

Data Comezo : 18-04-2012

Data Remate : 03-06-2012

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

Horario: de martes a venres de 17.00 h. a 21.00h.; Sábados de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Luns pechada.

 

Dez mulleres, dous nexos de unión: A xeración dos 80 e ter pasado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

 

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, no seu afán de converterse non espazo de mostra para xoves e talentosos/as artistas, acollerá esta exposición composta por pinturas, esculturas, performances, video-creacións e outras expresións artísticas que dende un pensamento crítico estudan, analizan executan e presentan a imaxe feminina.

 

A partir da obra "Intencionality" de John R. Searle, que fai referencia á intencionalidades que hai detrás de cada expresión verbal, promovida por sentimentos como o medo, o desexo ou amor, e con motivo do 50 cabodano de Marilyn Monroe, este proxecto artístico afonda na creación do mito da actriz. Convertida nun modelo de muller influenciado polas súas teimas e frustracións que chegaron a traspasar os límites da realidade e fixeron confundir a persoa e o personaxe.

 

{altfofo}

Exposición: Motos Históricas. Cen anos sobre rodas

Do 26-04-2012 ata o 15-07-2012

 

Edificio Sarmiento do Museo Provincial.

Rúa Sarmiento, 51 - Pontevedra.


Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e

[ampliar]

Data Comezo : 26-04-2012

Data Remate : 15-07-2012

 

Edificio Sarmiento do Museo Provincial.

Rúa Sarmiento, 51 - Pontevedra.


Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h.

 

Do 26 de abril ao 15 de xullo de 2012.

 

Mostra de 58 motos (dun total de 131) do coleccionista pontevedrés Manuel Gómez González. O conxunto que se expón, e que presenta un total de vinte marcas fundamentáis na historia do motociclismo, abarca cronolóloxicamente dende finais do século XIX ata finais do XX.

{altfofo}

“ORIXES. CINCO FITOS NA EVOLUCIÓN HUMANA”. EXPOSICIÓN DE LA CAIXA

Do 26-04-2012 ata o 31-05-2012

Lugar: Praza de España

Horario: De luns a venres de 12:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00

[ampliar]

Data Comezo : 26-04-2012

Data Remate : 31-05-2012

Lugar: Praza de España

Horario: De luns a venres de 12:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

 

Un percorrido por millóns de años de evolución co que o visitante se sentirá identificado.

Documentos :
{altfofo}

Proxecto "TUA" na Galería Sargadelos

Do 01-05-2012 ata o 31-05-2012

Lugar: Galería Sargadelos (rúa Oliva 22 - 24)

Horario: Lu-Ve: 9:30 a 13:30 h e 16:30 a 20:00 h. Sa: 10:00 a 13:00 h.

 

Exposición de

[ampliar]

Data Comezo : 01-05-2012

Data Remate : 31-05-2012

Lugar: Galería Sargadelos (rúa Oliva 22 - 24)

Horario: Lu-Ve: 9:30 a 13:30 h e 16:30 a 20:00 h. Sa: 10:00 a 13:00 h.

 

Exposición de traballos realizados por Coco Pimentel.

{altfofo}

Exposición de Postais de Virxes

Do 01-05-2012 ata o 31-05-2012

Lugar: AAVV San Roque (Irmáns Pazó Montes 2)

Hora: 16:30 a 21:00 h

 

Exposición de postais de Virxes. patroas das provincias de

[ampliar]

Data Comezo : 01-05-2012

Data Remate : 31-05-2012

Lugar: AAVV San Roque (Irmáns Pazó Montes 2)

Hora: 16:30 a 21:00 h

 

Exposición de postais de Virxes. patroas das provincias de España, de Pepy G. Clavijo.

{altfofo}

EXPOSICIÓN: CASTELAO PARA NENOS E NENAS. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 10-05-2012 ata o 23-05-2012

Lugar: CEIP de San Martiño.

"Castelao para nenos e nenas" no CEIP San Martiño do 10 ao 23 de maio.

 

Esta exposición, formada

[ampliar]

Data Comezo : 10-05-2012

Data Remate : 23-05-2012

Lugar: CEIP de San Martiño.

"Castelao para nenos e nenas" no CEIP San Martiño do 10 ao 23 de maio.

 

Esta exposición, formada por 18 paneis, estará exposta no centro do 11 ao 27 de abril. Conta cunha parte con debuxos de Pepe Carreiro elaborados a partir do seu libro sobre Castelao. Hai paneis formados polas capas de libros de Castelao, debuxos centrados principalmente na temática dos nenos e dos animais e, tamén, algunhas fotografías que ilustran a súa vida desde a súa nenez ata a súa morte.

 

Organiza: CEIP San Martiño, Salcedo.

Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

 

{altfofo}

EXPOSICIÓN: "CASTELAO E NÓS". ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 11-05-2012 ata o 25-05-2012

Lugar: Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra.

 

Exposición "Castelao e nós". Actividade do programa "Maio, mes da

[ampliar]

Data Comezo : 11-05-2012

Data Remate : 25-05-2012

Lugar: Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra.

 

Exposición "Castelao e nós". Actividade do programa "Maio, mes da Lingua".

 

Organiza: Sagrado Corazón de Pontevedra.

Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

{altfofo}

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 14-05-2012 ata o 26-05-2012

Lugar: Bilioteca Pública de Pontevedra.

 

Exposición. Mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade. Do 14 ao 26 de maio. Actividade do

[ampliar]

Data Comezo : 14-05-2012

Data Remate : 26-05-2012

Lugar: Bilioteca Pública de Pontevedra.

 

Exposición. Mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade. Do 14 ao 26 de maio. Actividade do programa "Maio, Mes da Lingua".

 

Organiza: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

{altfofo}

Mmmmmh! 8 praceres visuais

Do 15-05-2012 ata o 15-06-2012

Lugar: Sala X. Facultade de Belas Artes (rúa da Maestranza 2)

Horario: 12:00 a 14:00 h e 19:00 a 21:00 h.

 

Mostra colectiva dos artistas

[ampliar]

Data Comezo : 15-05-2012

Data Remate : 15-06-2012

Lugar: Sala X. Facultade de Belas Artes (rúa da Maestranza 2)

Horario: 12:00 a 14:00 h e 19:00 a 21:00 h.

 

Mostra colectiva dos artistas Antón Caamaño, Beatriz Lobo, Christian García Bello, Cristina Ramírez, Eme, Jesús de la Iglesia Trinidad, Joseba Muruzábal, Marta Bran.

Comisaria: Mar Caldas.

{altfofo}

"Berros no roncar das ondas". Exposición nos balcóns da Rúa Real

Do 16-05-2012 ata o 30-05-2012

Lugar: Balcóns da Rúa Real

 

"Berros no roncar das ondas". Exposición de fotografías de Xacobe Meléndez Fassbender sobre

[ampliar]

Data Comezo : 16-05-2012

Data Remate : 30-05-2012

Lugar: Balcóns da Rúa Real

 

"Berros no roncar das ondas". Exposición de fotografías de Xacobe Meléndez Fassbender sobre versos de Bernardino Graña.

{altfofo}

Exposición sobre Valentín Paz Andrade no Museo de Pontevedra

Do 16-05-2012 ata o 29-06-2012

Lugar: Sala de Investigadores. Ampliación Edificio Fernández López

 

Exposición bio-bibliográfica con fondos propios sobre Paz

[ampliar]

Data Comezo : 16-05-2012

Data Remate : 29-06-2012

Lugar: Sala de Investigadores. Ampliación Edificio Fernández López

 

Exposición bio-bibliográfica con fondos propios sobre Paz Andrade con motivo das Letras Galegas no Museo de Pontevedra.

 

 

{altfofo}

EXPOSICIÓN: O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 21-05-2012 ata o 08-06-2012

Lugar: CEIP Campolongo

 

Exposición "O Galego tamén noutros mundos". Actividades do programa "Maio, Mes da

[ampliar]

Data Comezo : 21-05-2012

Data Remate : 08-06-2012

Lugar: CEIP Campolongo

 

Exposición "O Galego tamén noutros mundos". Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

 

Organiza: CEIP Campolongo. Colabora: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 

 

Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

 

{altfofo}

Noites Abertas 2012. Actividades do venres 25 de maio

Data : 25-05-2012

 

FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre

[ampliar]

Data : 25-05-2012

 

FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
>> 20-00h. Trucos de cine
>> 20-00h. Dardos
>> 21-23h. Cosmética natural
>> 22-00h. Pintura Plakatstil

 

CASA AZUL. r/ Sor Lucía, 2.

>> 21:30-23h. Danza contemporánea

 

Máis informacion en www.noitesabertas.com

 

 

{altfofo}

Obradoiro de Ilustración “O debuxante de soños contra a mala sorte”

Data : 25-05-2012

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra

Hora: 18:00 h.

 

Obradoiro de Ilustración  “O debuxante de soños contra a mala

[ampliar]

Data : 25-05-2012

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra

Hora: 18:00 h.

 

Obradoiro de Ilustración  “O debuxante de soños contra a mala sorte” para neno/as a cargo do Correo do Vento.

{altfofo}

Curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade

Do 25-05-2012 ata o 02-06-2012

Lugar: Casa Azul

Horario: Venres 25 de maio de 16.00 a 21.00 h | Sábado 26 de maio de 09.00 a 14.00 h | Venres 1 de xuño de 16.00 a 21.00 h | Sábado 2 de

[ampliar]

Data Comezo : 25-05-2012

Data Remate : 02-06-2012

Lugar: Casa Azul

Horario: Venres 25 de maio de 16.00 a 21.00 h | Sábado 26 de maio de 09.00 a 14.00 h | Venres 1 de xuño de 16.00 a 21.00 h | Sábado 2 de xuño de 09.00 a 14.00 h

Duración: 20 horas

 

A Concellaría de Benestar Social Municipal organizan a vindeira semana o curso “A arte como recurso” para profesionais que traballan nas asociacións do eido social na cidade.  Pretende ser un espazo de formación e intercambio plantexado para dotar aos/ás profesionais do eido social de ferramentas para traballar con persoas con problemáticas de diversa índole a través do desenvolvemento creativo empregando diferentes técnicas para reflexionar sobre os procesos internos, sentimentos e emocións dos e das usuarios e usuarias da súas entidades.

Nesta acción se producirá unha abordaxe global a partir dunha formación teórica básica á que se engaden diferentes disciplinas, como a música, o teatro ou a expresión plástica, nun marco de intervención único que toma como partida a individualidade de cada profesional e a interacción con outros profesionais.

Entre outros, os obxectivos desta formación será o de dotar de recursos innovadores ós/as profesionais do eido social do concello de Pontevedra favorecendo a interación entre os seus profesionais á vez que se fomenta o emprego de novos recursos que potencien o benestar integral dos/as seus usuarios/as mediante o traballo creativo e artístico.

A duración desta acción formativa será de 20 horas e impartirase na Casa Azul por técnicos especialistas das áreas de psicoloxía, arteterapia, teatro terapéutico e musicoterapia.

A Concellaría oferta 20 prazas dispoñibles para profesionais das asociacións da cidade de Pontevedra. A inscripción debe realizarse remitindo un correo a pgonzalez@concellopontevedra.es indicando os datos persoais e de contacto,  titulación e entidade na que traballa.

{altfofo}

Noites Abertas 2012. Actividades do sábado 26 de maio

Data : 26-05-2012

 

LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"

[ampliar]

Data : 26-05-2012

 

LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"
>> Presentación: Pecha-kucha Noites abertas
>> Exposición "2º Certame de Erotismo Noites Abertas

 

Máis informacion en www.noitesabertas.com

{altfofo}

CONCURSO DE MÚSICA E ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES "BEN VEÑAS, MAIO 2012"

Data : 26-05-2012

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h

Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de

[ampliar]

Data : 26-05-2012

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h

Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de fotografía, XVIII certame de banda deseñada, XVIII certame de narración curta, X certame de poesía e XII certame musical.

Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

{altfofo}

EXPOSICIÓN "ALEXANDRE BÓVEDA" NO CENTRO SOCIAL DO GORGULLÓN

Do 28-05-2012 ata o 09-06-2012

Inauguración:  luns 28, ás 20.30 horas, no local sociocultural do Gorgullón

 

Exposición "Alexandre Bóveda".

[ampliar]

Data Comezo : 28-05-2012

Data Remate : 09-06-2012

Inauguración:  luns 28, ás 20.30 horas, no local sociocultural do Gorgullón

 

Exposición "Alexandre Bóveda". Actividades dos programa "Maio, Mes da Língua


Organiza: Maio Longo
Colaboran: Asociación de Veciños Eduardo Pondal e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra

{altfofo}

Exposición de vinilos de Gonzalo Sellés Lenard

Do 28-05-2012 ata o 15-06-2012

Lugar: Palacete das Mendoza (Praza de Santa María s/n)

Hora: Lu-Ve: 9 a 20 h. Sa: 10 a 14 h.

 

Exposición de vinilos de Gonzalo Sellés

[ampliar]

Data Comezo : 28-05-2012

Data Remate : 15-06-2012

Lugar: Palacete das Mendoza (Praza de Santa María s/n)

Hora: Lu-Ve: 9 a 20 h. Sa: 10 a 14 h.

 

Exposición de vinilos de Gonzalo Sellés Lenard.

{altfofo}

Do final e do comezo. Exposición no Pazo da Cultura

Do 15-06-2012 ata o 02-09-2012

Lugar: Sala de Exposición do Pazo da Cultura

 

Exposición de traballos de fin de grado dos alumnos de Belas Artes.

[ampliar]

Data Comezo : 15-06-2012

Data Remate : 02-09-2012

Lugar: Sala de Exposición do Pazo da Cultura

 

Exposición de traballos de fin de grado dos alumnos de Belas Artes.

{altfofo}

XIV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea no Pazo da Cultura

Do 30-07-2012 ata o 04-08-2012

 

O XIV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 30 de Xullo ao 4 de Agosto de

[ampliar]

Data Comezo : 30-07-2012

Data Remate : 04-08-2012

 

O XIV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 30 de Xullo ao 4 de Agosto de 2012. 

 

Os artistas invitados este ano son:
- Bai Ming (China)
- Txaro Marañón (Pais Vasco)

 

Máis información e contacto en www.ceramicnova.es

Desexas inlcuír o teu evento, acto, concerto, etc...

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.