Letras

{altfofo}

BEN VEÑAS, MAIO. CURSO 2011/2012

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
• XVIII Certame de Narración Curta
• X Certame de Poesía
• XII Certame Musical

 

Bases Xerais para todos os certames (agás o musical):

Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

 

Documentos :
{altfofo}

XVIII CERTAME DE NARRACIÓN CURTA BEN VEÑAS, MAIO

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

O tema das narracións será libre. As obras deberán estar escritas en lingua galega e ser absolutamente orixinais e inéditas; terán unha

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

O tema das narracións será libre. As obras deberán estar escritas en lingua galega e ser absolutamente orixinais e inéditas; terán unha extensión mínima
 de dous folios e máxima de seis, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara e con letra Times New Roman do tamaño 12.


Os participantes entregarán dúas copias de cada obra.


Establécense dúas categorías:
a) Ata 14 anos inclusive
b) A partir de 15 anos


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais: Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Documentos :
{altfofo}

X CERTAME DE POESÍA BEN VEÑAS, MAIO

Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012

 

O tema dos poemas será libre e no tocante á extensión, un máximo de trinta versos.
As obras serán orixinais e inéditas,

[ampliar]

Data Comezo : 06-02-2012

Data Remate : 26-05-2012

 

O tema dos poemas será libre e no tocante á extensión, un máximo de trinta versos.
As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e mecanografadas a dobre espazo por unha soa
cara e con letra Times New Roman do tamaño 12.


Establécense dúas categorías:
a) Ata 14 anos inclusive
b) A partir de 15 anos


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais: Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Documentos :
{altfofo}

PLAN DE FORMACIÓN TRIMESTRAL. ESCOLA DE TEMPO LIBRE PASPALLÁS

Do 02-04-2012 ata o 30-06-2012

abril_maio_xuño_2012

 

Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar

[ampliar]

Data Comezo : 02-04-2012

Data Remate : 30-06-2012

abril_maio_xuño_2012

 

Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar resposta ás demandas e necesidades observadas durante actividade formativa e profesional, coa intención de achegar coñecementos, ferramentas e técnicas en diferentes campos da educación non formal para facilitar o traballo diario dos e das profesionais coa maior calidade posible.

 

Podo xogar eu? Adaptación de xogos de tempo libre á discapacidade

Construir con cartón

Maquillaxes e caracterización de efectos especiais

Interpretación do patrimonio natural, cultural e artístico como recurso para o tempo libre

Monicreques de gosmaspuma

As emocións: Guía e roteiros para non perderse no universo emocional

Montaxes de animación

Obradoiro de sexualidade

O recuncho do retrato: A creación dun espazo expositivo

Globoflexia e decoración con globos

Obradoiro de cestería

Título oficial de Director/a de Campos de Traballo

 

Máis información, datas, prezos e fichas de inscrición no documento anexo.

 

 

Documentos :
{altfofo}

Nova convocatoria dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde

Do 17-04-2012 ata o 15-06-2012

Data límite de inscrición: 11 de xuño de 2012

Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais

 

A Consellería de Cultura,

[ampliar]

Data Comezo : 17-04-2012

Data Remate : 15-06-2012

Data límite de inscrición: 11 de xuño de 2012

Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, Manuel María de Literatura Dramática Infantil e Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto), convocados anualmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) cunha dotación económica de 6.000 euros para cada un dos galardóns e modalidades.


Segundo se recolle nas bases, os tres premios tamén contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Axencia mantén en colaboración con varias editoriais galegas. A convocatoria e as bases faranse públicas a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) o martes 17 de abril, data a partir da que se abrirá o prazo de recepción de orixinais, que se estenderá ata o vindeiro 11 de xuño.
Textos en galego e inéditos.


Poderán optar a estes galardóns, que comparten como obxectivo o estímulo da creación literaria no eido dramático, textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames. Nos tres casos, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Álvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.


Para a avaliación de todos os textos recibidos na forma e prazo que indican as bases constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Para tomar a súa decisión, que será comunicada antes do 30 de novembro, valorará aspectos que teñen que ver coa calidade literaria e dramática, a viabilidade escénica, a especificidade de cada premio e o coidado da lingua.


O Premio Álvaro Cunqueiro alcanza este ano a súa vixésimo primeira edición, confirmándose como o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego. O seu último gañador ata o momento é o vigués Marcos Abalde, coa obra A cegueira, que en 2011 se sumou á destacada nómina de dramaturgos galegos que teñen no seu haber este recoñecemento: Raúl Dans (2010 e 1994), Manuel Lourenzo (2009), Teresa González Costa (2008), Roberto Salgueiro (2007, 2002, 2000 e 1998), Manuel Guede (2006), Rubén Ruibal (2005), Antón Lopo (2004), Siro López (2003), Afonso Becerra de Becerreá (2001), Manoel Riveiro (1993), Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido (1992), Roberto Vidal Bolaño (1991), Agustín Magán (1990) e Euloxio R. Ruibal (1989).


Ademais, en 2011 Paula Carballeira gañou o VI Manuel María de Literatura Dramática Infantil polo texto O refugallo, mentres que o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques –que este ano celebra a súa décima edición– quedou deserto nas súas dúas modalidades.


Rúa da Vesada, s/n - 15703 Santiago de CompostelaTel.: 981 577 126 (ext.105 e 116)

 

www.agadic.info

 

{altfofo}

VILAMOR. CICLO "CINE EN GALEGO"

Do 20-04-2012 ata o 31-05-2012

Lugar: Cinebox Vialia

Estrea: Venres 20 de abril, ás 19:45 h.

A data ata a que se manterá en carteleira ainda está por

[ampliar]

Data Comezo : 20-04-2012

Data Remate : 31-05-2012

Lugar: Cinebox Vialia

Estrea: Venres 20 de abril, ás 19:45 h.

A data ata a que se manterá en carteleira ainda está por concretar.

 

O programa Cine en galego  desenvolverase nas vindeiras semanas nas salas de cine da cidade e tamén no Teatro Principal, no eido da programación "Maio, Mes da Lingua".

 

Estrea: venres 20 de abril. Estarán presentes o director Ignacio Vilar e os actores protagonistas, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Ás 19.30 h haberá unha breve presentación por parte de director e actores protagonistas de cara os asistentes. Ás 19.45h comezará o pase de Vilamor.


• Pases
• de luns a domingo ás 17.15 h, 19.45h, 22.15 h
• venres e sábados ás 00.40 h, a maiores.


• Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

• Dirección: Ignacio Vilar
• Guión: Carlos Asorey Ignacio Vilar
• Interpretación: Rubén Riós, Sabela Arán, Mayka Braña, César Cambeiro, Xoel Yáñez, Paulo Serantes, Carlos Villa, Sheyla Fariña, Déborah Vukusic, Santi Romay, Tamara Canosa, Marcos Pereiro, Marta Lado, Uxía Morán, Rubén Prieto, María Roja, Santi Prego, Jorge Taboada, Noa Rodriguez, Mela Casal, Manuel Lourenzo.
• Xénero: Drama
 

{altfofo}

EXPOSICIÓN: "CASTELAO E NÓS". ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 11-05-2012 ata o 25-05-2012

Lugar: Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra.

 

Exposición "Castelao e nós". Actividade do programa "Maio, mes da

[ampliar]

Data Comezo : 11-05-2012

Data Remate : 25-05-2012

Lugar: Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra.

 

Exposición "Castelao e nós". Actividade do programa "Maio, mes da Lingua".

 

Organiza: Sagrado Corazón de Pontevedra.

Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

{altfofo}

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 14-05-2012 ata o 26-05-2012

Lugar: Bilioteca Pública de Pontevedra.

 

Exposición. Mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade. Do 14 ao 26 de maio. Actividade do

[ampliar]

Data Comezo : 14-05-2012

Data Remate : 26-05-2012

Lugar: Bilioteca Pública de Pontevedra.

 

Exposición. Mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade. Do 14 ao 26 de maio. Actividade do programa "Maio, Mes da Lingua".

 

Organiza: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

{altfofo}

Exposición sobre Valentín Paz Andrade no Museo de Pontevedra

Do 16-05-2012 ata o 29-06-2012

Lugar: Sala de Investigadores. Ampliación Edificio Fernández López

 

Exposición bio-bibliográfica con fondos propios sobre Paz

[ampliar]

Data Comezo : 16-05-2012

Data Remate : 29-06-2012

Lugar: Sala de Investigadores. Ampliación Edificio Fernández López

 

Exposición bio-bibliográfica con fondos propios sobre Paz Andrade con motivo das Letras Galegas no Museo de Pontevedra.

 

 

{altfofo}

EXPOSICIÓN: O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Do 21-05-2012 ata o 08-06-2012

Lugar: CEIP Campolongo

 

Exposición "O Galego tamén noutros mundos". Actividades do programa "Maio, Mes da

[ampliar]

Data Comezo : 21-05-2012

Data Remate : 08-06-2012

Lugar: CEIP Campolongo

 

Exposición "O Galego tamén noutros mundos". Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

 

Organiza: CEIP Campolongo. Colabora: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 

 

Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

 

{altfofo}

XINCANA LITERARIA “VALENTÍN PAZ ANDRADE NA VOZ DA XENTE”

Data : 22-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 11:30 h

 

Xincana literaria organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística, Xandobela,

[ampliar]

Data : 22-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 11:30 h

 

Xincana literaria organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística, Xandobela, CEIP de Lérez e CEIP de Xeve.

Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

{altfofo}

CONVERSA ENTRE MULLERES. MOSTRA DE TEATRO "BEN VEÑAS, MAIO"

Data : 23-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
 

Representación de “Conversa entre mulleres” polo  grupo de teatro do IES A Xunqueira 1. Actividades

[ampliar]

Data : 23-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
 

Representación de “Conversa entre mulleres” polo  grupo de teatro do IES A Xunqueira 1. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL Concello de Pontevedra

{altfofo}

Noites Abertas 2012. Actividades do venres 25 de maio

Data : 25-05-2012

 

FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre

[ampliar]

Data : 25-05-2012

 

FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
>> 20-00h. Trucos de cine
>> 20-00h. Dardos
>> 21-23h. Cosmética natural
>> 22-00h. Pintura Plakatstil

 

CASA AZUL. r/ Sor Lucía, 2.

>> 21:30-23h. Danza contemporánea

 

Máis informacion en www.noitesabertas.com

 

 

{altfofo}

REPRESENTACIÓN DA OBRA "SORPRESA", POLO GRUPO DE TEATRO SKENE. MOSTRA DE TEATRO “BEN VEÑAS, MAIO”

Data : 25-05-2012

Lugar: Teatro Principal

Hora: 12 h


Representación da obra "Sorpresa",  polo grupo de teatro Skene, do IES Valle Inclán.

[ampliar]

Data : 25-05-2012

Lugar: Teatro Principal

Hora: 12 h


Representación da obra "Sorpresa",  polo grupo de teatro Skene, do IES Valle Inclán.


Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.

Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra

{altfofo}

"IDADE DE OURO”, POLO GRUPO DE TEATRO ARGALLADA. MOSTRA DE TEATRO “BEN VEÑAS, MAIO”

Data : 25-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora: 20 h.

Representación da obra “Idade de ouro”, polo grupo de teatro Argallada do profesorado do IES Valle Inclán.

[ampliar]

Data : 25-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora: 20 h.

Representación da obra “Idade de ouro”, polo grupo de teatro Argallada do profesorado do IES Valle Inclán. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra

{altfofo}

Noites Abertas 2012. Actividades do sábado 26 de maio

Data : 26-05-2012

 

LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"

[ampliar]

Data : 26-05-2012

 

LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"
>> Presentación: Pecha-kucha Noites abertas
>> Exposición "2º Certame de Erotismo Noites Abertas

 

Máis informacion en www.noitesabertas.com

{altfofo}

XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA A RECOLLIDA DE TOPONIMIA

Data : 26-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura
Hora: de 9.30 a 19 h


Xornada de formación práctica para a recollida de toponimia, no Pazo da Cultura. Actividades do programa

[ampliar]

Data : 26-05-2012

Lugar: Pazo da Cultura
Hora: de 9.30 a 19 h


Xornada de formación práctica para a recollida de toponimia, no Pazo da Cultura. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".

Organizan: Concellos de Pontevedra, Vigo, Ourense e o Instituto de Estudos Miñoranos.

{altfofo}

CONCURSO DE MÚSICA E ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES "BEN VEÑAS, MAIO 2012"

Data : 26-05-2012

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h

Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de

[ampliar]

Data : 26-05-2012

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h

Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de fotografía, XVIII certame de banda deseñada, XVIII certame de narración curta, X certame de poesía e XII certame musical.

Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.

{altfofo}

EXPOSICIÓN "ALEXANDRE BÓVEDA" NO CENTRO SOCIAL DO GORGULLÓN

Do 28-05-2012 ata o 09-06-2012

Inauguración:  luns 28, ás 20.30 horas, no local sociocultural do Gorgullón

 

Exposición "Alexandre Bóveda".

[ampliar]

Data Comezo : 28-05-2012

Data Remate : 09-06-2012

Inauguración:  luns 28, ás 20.30 horas, no local sociocultural do Gorgullón

 

Exposición "Alexandre Bóveda". Actividades dos programa "Maio, Mes da Língua


Organiza: Maio Longo
Colaboran: Asociación de Veciños Eduardo Pondal e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra

{altfofo}

VIKINGLAND. CICLO "CINE EN GALEGO"

Data : 29-05-2012

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21:00 h.

Entrada de balde.

 

Incluída dentro de "Maio, Mes da Lingua". Colabora Cineclub

[ampliar]

Data : 29-05-2012

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21:00 h.

Entrada de balde.

 

Incluída dentro de "Maio, Mes da Lingua". Colabora Cineclub Pontevedra.

 

Presentación a cargo de Xurxo Chirro e Beli Martínez.


Xurxo Chirro gañou este ano o primeiro premio no Play-Doc Festival Internacional de Documentales de Tui, con esta fermosa historia sobre a emigración galega no Norte de Europa. Nela, mariñeiros galegos traballan nun transbordador entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt. Un deles compra unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros en inumerables travesías no medio dun cada vez duro inverno.

{altfofo}

PRESENTACIÓN DO LIBRO POEMA-RÍO. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "MAIO, MES DA LINGUA"

Data : 30-05-2012

Lugar: Carballeira Avelino Montero
Hora: 20.30 h

Presentación do Libro Poema-Río, dentro da programación de "Maio, Mes da Lingua".

[ampliar]

Data : 30-05-2012

Lugar: Carballeira Avelino Montero
Hora: 20.30 h

Presentación do Libro Poema-Río, dentro da programación de "Maio, Mes da Lingua".

Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colabora: Vaipolorrío

{altfofo}

A PEDRA DO LOBO. CICLO "CINE EN GALEGO"

Data : 31-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora:  21 horas
Entrada de balde.

 

Presentación a cargo de Alberte Pagán. Coloquio ao remate da

[ampliar]

Data : 31-05-2012

Lugar: Teatro Principal
Hora:  21 horas
Entrada de balde.

 

Presentación a cargo de Alberte Pagán. Coloquio ao remate da proxección.Actividade do programa "Maio, Mes da Lingua". Colabora Cineclub Pontevedra.


Alberte Pagán, quen dirixiu esta película no 2010, di dela "A natureza é cruel. A vida é cruel. Unha estúpida carreira para escaparmos da morte, unha máis estúpida fuxida cara á morte. Unha selva de sentimentos. Na selva non hai perspectiva, non hai liñas rectas, non hai perpendiculares nin horizontalidade: só unha masa de órganos e exuberancia. Vida cruel. O son da morte. A música da morte. Nada é verdade".

{altfofo}

RECEPCIÓN FIN DE "MAIO, MES DA LINGUA"

Data : 01-06-2012

Lugar: Casa das Campás

Hora: 20.30 h

 

Recepción fin de “Maio, Mes da Lingua”, do Alcalde e ás asociacións da

[ampliar]

Data : 01-06-2012

Lugar: Casa das Campás

Hora: 20.30 h

 

Recepción fin de “Maio, Mes da Lingua”, do Alcalde e ás asociacións da cidade.

 

Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra

Desexas inlcuír o teu evento, acto, concerto, etc...

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.