Nace en Pontevedra no ano 1946, ainda que transcorre toda a súa infancia en Tetuán (Marrocos). Abandona a carreira de Medicina para estudiar Arte e Decoración en Madrid. No ano 1972 volve a Pontevedra e compaxina a actividade decorativa coa de impartir clases...
[ampliar]
Nace en Pontevedra no ano 1946, ainda que transcorre toda a súa infancia en Tetuán (Marrocos). Abandona a carreira de Medicina para estudiar Arte e Decoración en Madrid. No ano 1972 volve a Pontevedra e compaxina a actividade decorativa coa de impartir clases de modelado, cor e composición no Taller Estudio de Expresión Plástica, pertencente a Ministerio de Cultura.
Atraído polos recursos que ofrece a arte dixital, traballa desde fai anos no campo do debuxo asistido por ordenador no ámbito dos proxectos de arquitectura, paisaxismo e creación plástica.
A Escola de Música Euterpe leva máis de 15 anos formando músicos na cidade de Pontevedra. A ela poden asistir todos os maiores de dous anos con ou sen coñecementos previos de música.
A escola conta con 11 aulas acondicionadas para a ensinanza...
[ampliar]
A Escola de Música Euterpe leva máis de 15 anos formando músicos na cidade de Pontevedra. A ela poden asistir todos os maiores de dous anos con ou sen coñecementos previos de música.
A escola conta con 11 aulas acondicionadas para a ensinanza instrumental, dúas aulas polivalentes (para as clases de iniciación, linguaxe musical e armonía), unha secretaría, biblioteca e un pequeno estudo de gravación.
A escola ofrece clases de: piano, violín, viola, canto, saxo, clarinete, gaita, percusión, oboe, guitarra, frauta traveseira, frauta de pico, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, linguaxe musical, coro, música de cámara, armonía e educación do oído, entre outros.
A escola de danza Fita Novas está asentada en Pontevedra desde o ano 1975. Conta cunha media de 90 alumnos, dos que a maioría son nenas e realizan a actividade por afección.
...
[ampliar]
A escola de danza Fita Novas está asentada en Pontevedra desde o ano 1975. Conta cunha media de 90 alumnos, dos que a maioría son nenas e realizan a actividade por afección.
Fita Novas ofrece clases de ballet clásico, ritmos tropicais, danza do ventre, danza moderna, ximnasia de mantemento e ioga.
Lorem comeza a pintar con tan só 13 anos. Os seus comezos céntranse nos lápis, facendo un percorrido polas técnicas do carbón, plumillas e tinta ao pincel. A súa primeira exposición foi en Pontevedra no ano 1992 e dende entón percorreu...
[ampliar]
Lorem comeza a pintar con tan só 13 anos. Os seus comezos céntranse nos lápis, facendo un percorrido polas técnicas do carbón, plumillas e tinta ao pincel. A súa primeira exposición foi en Pontevedra no ano 1992 e dende entón percorreu diferentes salas de toda a xeografía galega.
Este grupo de pop creáse no ano 2009 e desde entón percorreu a xeografía galega con máis de 50 concertos. Marvel enmárcase na tradición do pop rock en español con influencias saxonas.
...
[ampliar]
Este grupo de pop creáse no ano 2009 e desde entón percorreu a xeografía galega con máis de 50 concertos. Marvel enmárcase na tradición do pop rock en español con influencias saxonas.
Óscar Ibañez é mestre en Educación Musical, especialista Universitario en Música Tradicional Galega, especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos...
[ampliar]
Óscar Ibañez é mestre en Educación Musical, especialista Universitario en Música Tradicional Galega, especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta de bico.
Comezou a tocar a gaita en 1984 no grupo "Treboada" de Poio. Entre 1989 e 2004 formou parte da "Agrupación Folclórica Celme" de Pontevedra coa que participou en numerosos festivais internacionais por toda Europa nos que entrou en contacto con gaiteiros asturianos, escoceses, irlandeses, bretóns ou búlgaros. Dende 1995 dirixe o "Grupo de Música Tradicional Pai da Cana".
Acadou máis de corenta de premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoados tanto en dixitación aberta como pechada. Ademais, colabora coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia impartindo cursos de gaita e percusión en Centros Galegos de todo o mundo.
A súa proposta musical máis actual é "Oscar Ibáñez & Tribo", un conxunto formado por músicos galegos de recoñecida traxectoria como Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta ou Andrés Vilán.
A tenda de Antigüidades Camden leva funcionando en Pontevedra dende o ano 1998.
...
[ampliar]
A tenda de Antigüidades Camden leva funcionando en Pontevedra dende o ano 1998.
Na tenda pódense atopar mobles, porcelanas, cerámica de Sargadelos antiga e outras pezas de coleccionismo.
A escola de baile FactoryDance comezou a súa andadura en setembro de 2010. É unha escola nova, dinámica e divertida, con alumnos de tres anos en diante con moitas ganas de bailar.
...
[ampliar]
A escola de baile FactoryDance comezou a súa andadura en setembro de 2010. É unha escola nova, dinámica e divertida, con alumnos de tres anos en diante con moitas ganas de bailar.
Os estilos de baile que imparten son: moderno, hip hop, urban reggaeton, funky, jazz, danza do ventre e estilos latinos tanto individuais como en parella.
Cunha experiencia de máis de 40 anos no mundo da Arte e as Antigüidades, o Centro de Arte Jaime Trigo é un establecemento adicado á Arte, o coleccionismo e o investimento. Especializado en pintura e escultura galega, ofrece unha exposición permanente de mobiliario...
[ampliar]
Cunha experiencia de máis de 40 anos no mundo da Arte e as Antigüidades, o Centro de Arte Jaime Trigo é un establecemento adicado á Arte, o coleccionismo e o investimento. Especializado en pintura e escultura galega, ofrece unha exposición permanente de mobiliario dos séculos XVIII e XIX de escolas europeas, ademais dunha selección de moble rústico e obxectos de alta época.
Neste establecemento pódense adquirir antigüidades, así como pintura e escultura contemporánea.
A escola de artes coreográficas Vaganova imparte clases desde 1989.
Tódalas clases son impartidas por profesionais da danza e con experiencia pedagóxica en cada actividade.
...
[ampliar]
Déborah Alfaya, logo de bailar baixo a dirección de Victor Ullate no Ballet Nacional Clásico de España, funda en 1990 en Pontevedra unha escola de danza. O centro está especializado en Ballet Clásico e segue o programa de estudios da Royal Academy of...
[ampliar]
Déborah Alfaya, logo de bailar baixo a dirección de Victor Ullate no Ballet Nacional Clásico de España, funda en 1990 en Pontevedra unha escola de danza. O centro está especializado en Ballet Clásico e segue o programa de estudios da Royal Academy of Dancing.
Na actualidade o Ballet Clásico é a disciplina base e predominante, pero tamén se traballa noutras direccións como o baile moderno, o contemporáneo, o Hip-hop ou a Danza do ventre como complementos da escola.
A editorial Kalandraka nace o 2 de abril de 1998. Fai unha aposta firme polo álbum infantil ilustrado con adaptacións de contos tradicionais, clásicos internacionais e obras de nova creación para a promoción do traballo de novos artistas. Xa leva recibidos...
[ampliar]
A editorial Kalandraka nace o 2 de abril de 1998. Fai unha aposta firme polo álbum infantil ilustrado con adaptacións de contos tradicionais, clásicos internacionais e obras de nova creación para a promoción do traballo de novos artistas. Xa leva recibidos varios premios internacionais.
A editorial divide o seu traballo nas seguintes coleccións:
OQO é un espazo de creación onde habitan suxestións innovadoras que invitan a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras. OQO aliméntase do humor, a tenrura ou a denuncia para avivar sentimentos, emocións e conciencias sen...
[ampliar]
OQO é un espazo de creación onde habitan suxestións innovadoras que invitan a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras. OQO aliméntase do humor, a tenrura ou a denuncia para avivar sentimentos, emocións e conciencias sen renunciar nunca a unha calidade que conta con recoñecementos internacionais.
A editorial nace no ano 2003 e en 2009 comeza a funcionar como sociedade limitada. Leva publicados 358 libros de poesía de autores de todo o mundo.
...
[ampliar]
A editorial nace no ano 2003 e en 2009 comeza a funcionar como sociedade limitada. Leva publicados 358 libros de poesía de autores de todo o mundo.
A editorial está especializada en poesía, pero tamén publica libros de prosa e está comezando con novela e relatos.
José Benito García é investigador da historia de Pontevedra e da Zona Monumental e participou na elaboración do Primer Itinerario Heráldico pola Zona Monumental de Pontevedra.
Fixo textos teatrais, guións e...
[ampliar]
A escola está dirixida por Miguel Abreu, profesional con máis de 20 anos de experiencia na ensinanza de Baile de Salón. Algunhas das mellores parellas de Baile Deportivo españolas formáronse en Pasos, onde o profesorado está composto por...
[ampliar]
A escola está dirixida por Miguel Abreu, profesional con máis de 20 anos de experiencia na ensinanza de Baile de Salón. Algunhas das mellores parellas de Baile Deportivo españolas formáronse en Pasos, onde o profesorado está composto por bailaríns de alto nivel entre os que se atopan os campeóns de España de Baile Deportivo 2011.
Pasos organiza ademais a maioría das competicións de Baile Deportivo que se celebran en Galicia e organizou tamén tres Campionatos de España.
Pasos conta con un grupo de parellas que realiza espectáculos de baile e exhibicións en todo tipo de eventos. Como escola ofrece clases de:
Vals inglés
Vals Vienés
Tango
Slow-fox
Quickstep
Samba
Cha-cha-chá
Pasodoble
Rumba-Bolero
Jive
A Banda de Música de Pontevedra xurdiu no seo dun grupo de amigos, que con máis ilusión que medios, decidiron crear una agrupación que quedara extinguida coa guerra civil.
Actualmente a Banda de Música de Pontevedra ten pensado continuar colaborando...
[ampliar]
A Banda de Música de Pontevedra xurdiu no seo dun grupo de amigos, que con máis ilusión que medios, decidiron crear una agrupación que quedara extinguida coa guerra civil.
Actualmente a Banda de Música de Pontevedra ten pensado continuar colaborando con novas promesas da dirección en Galicia, así como reafirmar o papel da agrupación como unha aportación ecomo un nexo e un referente musical no terreo cultural da cidade de Pontevedra.
'Do Lérez ao Turia' é o primeiro CD da Banda de música de Pontevedra.
A banda ofrece a posibilidade de contratala ao completo ou soamente unha pequena formación.
A Banda de Música de Salcedo (BMS) nace no ano 1988 por iniciativa da Asociación Músico-Cultural 'San Martiño' baixo o asesoramento musical e dirección artística do mestre D. Xosé Bugallo Diz, facendo a sua presentación en novembro...
[ampliar]
A Banda de Música de Salcedo (BMS) nace no ano 1988 por iniciativa da Asociación Músico-Cultural 'San Martiño' baixo o asesoramento musical e dirección artística do mestre D. Xosé Bugallo Diz, facendo a sua presentación en novembro de 1989 nas festas patronais de San Martiño.
A banda conta ademais cunha Escola de Música que oferta as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento,Linguaxe Musical, Linguaxe Musical Adultos, Análise, Armonía, Canto Coral, Gaita e Percusión Tradicional, Grupo Percusión; e de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino,Tuba, Violonchelo, Contrabaixo, Percusión, Piano, Piano Complementario, Gaita, Percusión Tradicional.
Mario Iglesias González é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dedicándose desde moi cedo á pintura e aos montaxes escultóricos, comeza a súa andadura audiovisual a finais dos 90 no mundo da curtametraxe, sendo premiado en diferentes...
[ampliar]
Mario Iglesias González é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dedicándose desde moi cedo á pintura e aos montaxes escultóricos, comeza a súa andadura audiovisual a finais dos 90 no mundo da curtametraxe, sendo premiado en diferentes festivais.
É a partir do ano 2005, cando entra no eido da longametraxe con 'De bares'. A súa última longametraxe 'Relatos' (2009), foi estreada nos festivales de San Sebastián, Ourense, Tokio e Monpellier, entre outros e foi incluída pola International Film Guide na lista das cinco mellores películas españolas do 2009.
Matriuska Producciones S.L. comenza a súa actividade en febreiro de 2005 cunha dilatada experiencia profesional por parte dos seus socios. Antes da súa constitución, a iniciativa xa dera resultados con obras como a curtametraxe de ficción...
[ampliar]
Matriuska Producciones S.L. comenza a súa actividade en febreiro de 2005 cunha dilatada experiencia profesional por parte dos seus socios. Antes da súa constitución, a iniciativa xa dera resultados con obras como a curtametraxe de ficción 'Intensidad' ou 'Corten', ambos premiados e emitidos en televisión.
Desdea súa constitución, Matriuska Producciones traballa cunha clara aposta polo talento dos novos creadores e as novas tecnoloxías: proxectos en alta definición, integración de animación en imaxe real, animación en plastilina mediante stop-motion, 2D, 3D, Flash, etc.
Delahoja, veteranos na escea nacional do hip-hop, na que levan desde 1996, manteñen un estilo propio e versátil, onde árabe e castelán se fusionan para fluir con naturalidade e carisma, navegando desde os mares de Ons ata o mediterráneo francés...
[ampliar]
Delahoja, veteranos na escea nacional do hip-hop, na que levan desde 1996, manteñen un estilo propio e versátil, onde árabe e castelán se fusionan para fluir con naturalidade e carisma, navegando desde os mares de Ons ata o mediterráneo francés ou os mares sudamericanos.
Logo da repercusión obtida co seu primeiro lanzamento, 'El Mordisco', o quinteto pontevedrés presentou o seu novo traballo chamado 'Nuestra B.S.O.'
Enrique Mauricio é licenciado en Ciencias Politicas na USC. Carlos Álvares é licenciado en Publiciade pola Universidade de Vigo. Xuntos crearon a colección 'Polo correo do vento' de Edicións Xerais composta de 7 titulos: "Mariquiña a...
[ampliar]
Enrique Mauricio é licenciado en Ciencias Politicas na USC. Carlos Álvares é licenciado en Publiciade pola Universidade de Vigo. Xuntos crearon a colección 'Polo correo do vento' de Edicións Xerais composta de 7 titulos: "Mariquiña a carteira andoriña", “Xelo o carteiro Xurelo", “Hugo o carteiro Teixugo”, "Martiño o carteiro Porquiño", "Carola carteira Centola”, "Violeta carteira Bolboreta" e "Amaranta carteira Saramaganta"
A Fundación Pontetec, nace no seo do Pontevedra C.F. que ten como obxectivo potenciar os aspectos lúdicos e deportivos e tamén acadar o ámbito humano, cultural e moral desenvolvendo iniciativas de compromiso social, deportivo, formativo e...
[ampliar]
A Fundación Pontetec, nace no seo do Pontevedra C.F. que ten como obxectivo potenciar os aspectos lúdicos e deportivos e tamén acadar o ámbito humano, cultural e moral desenvolvendo iniciativas de compromiso social, deportivo, formativo e institucional.
A Fundación traballa para fomentar entre os máis pequenos os valores do deporte, apoiar o deporte base, dar a coñecer os deportistas da cidade de Pontevedra e concienciar das prácticas saudables no tempo de ocio, entre outras actividades.
A Fundación RAC ten como finalidade apoiar a arte e a cultura mediante a realización de proxectos e actividades que incentiven a creación artística e a súa difusión. Conta cunha colección privada de máis de 250 obras de 140 artistas...
[ampliar]
A Fundación RAC ten como finalidade apoiar a arte e a cultura mediante a realización de proxectos e actividades que incentiven a creación artística e a súa difusión. Conta cunha colección privada de máis de 250 obras de 140 artistas nacionais e internacionais. A coleccións exponse parcialmente tanto na sede da Fundación como en outros puntos en forma de préstamo.
Paralelamente a Fundación desenvolve unha importante labor pedagóxica e formativa con visitas guiadas á colección, encontros entre estudantes e artistas e actividades relacionadas coa literatura.
A Fundación Alexandre Bóveda nace en Pontevedra o 20 de setembro de 1990. No ano 2003, con motivo do 100 aniversario do nacemento de Bóveda organizáronse diversos eventos que deron un pulo ao traballo de recuperación da figura, entrega e obra de...
[ampliar]
A Fundación Alexandre Bóveda nace en Pontevedra o 20 de setembro de 1990. No ano 2003, con motivo do 100 aniversario do nacemento de Bóveda organizáronse diversos eventos que deron un pulo ao traballo de recuperación da figura, entrega e obra de Bóveda.
A Fundación “Alexandre Bóveda” instituíu o Premio Galiza Mártir co fin de lle recoñecer a unha persoa, grupo de persoas ou entidades o labor de recuperación da memoria histórica no noso país. O acto de entrega levase a cabo durante un xantar que ten lugar o 17 de agosto, día da Galiza Mártir, no Pazo da Cultura en Pontevedra.
A Fundación dispón dunha biblioteca pública onde se poden consultar máis de 10.000 volumes relativos á poesía, filosofía, ensaio, literatura dramática, sicoloxía e antropoloxía cultural. Realiza tamén diversas...
[ampliar]
A Fundación dispón dunha biblioteca pública onde se poden consultar máis de 10.000 volumes relativos á poesía, filosofía, ensaio, literatura dramática, sicoloxía e antropoloxía cultural. Realiza tamén diversas exposicións e conta con cinco libros publicados.
A Fundación Rías do Sur foi constituída no ano 2001 co fin de promover a construción do Complexo Deportivo con Piscina Olímpica.
O seu obxecto social é promover actividades deportivas e recreativas encamiñadas á...
[ampliar]
A Fundación Rías do Sur foi constituída no ano 2001 co fin de promover a construción do Complexo Deportivo con Piscina Olímpica.
O seu obxecto social é promover actividades deportivas e recreativas encamiñadas á promoción dos recursos deportivos de Galicia. O seu patronato está constituido pola Asociación Amigos da Piscina Olímpica, Club Natación Galaico e Club Natación Rías Baixas.
No centro de Pontemuiños lévanse a cabo actividades deportivas de todo tipo. A Fundación encárgase de realizar campionatos de natación e squash, así como ciclos ou xornadas de deporte ao longo de todo o ano.
O Conservatorio Mayeusis leva 10 anos traballando en Pontevedra. Conta con 1.000 metros cadrados de instalacións e dispón de 25 profesores.
Imparten clases de: piano, violin, guitarra, percusión, chelo, saxofón, frauta traveseira, clarinete,...
[ampliar]
Sala de concertos e club estilo indie-rock-electro.
Esta sala de coniertos naceu un 17 de marzo do 2006, e por el pasaron as mellores bandas indies nacionais e moitas de fóra das nosas fronteiras. Na actualidade a programacións está xestionada por Cape Produccións,...
[ampliar]
Sala de concertos e club estilo indie-rock-electro.
Esta sala de coniertos naceu un 17 de marzo do 2006, e por el pasaron as mellores bandas indies nacionais e moitas de fóra das nosas fronteiras. Na actualidade a programacións está xestionada por Cape Produccións, productora nacida da sala e que programa eventos en outros lugares da vila e incluso noutras cidades galegas.
Na Sala Karma pódense escoitar concertos, música en directo e dj's.
Rodrigo Cota González é escritor, corrector de textos e guionista. Colaborou con diversos xornais e é o autor de libros como 'Colón, Pontevedra, Caminha' e 'La Loca Historia de Pontevedra', entre outros. Dende o ano 2010 colabora na revista...
[ampliar]
Rodrigo Cota González é escritor, corrector de textos e guionista. Colaborou con diversos xornais e é o autor de libros como 'Colón, Pontevedra, Caminha' e 'La Loca Historia de Pontevedra', entre outros. Dende o ano 2010 colabora na revista Retranca como guionista de 'Nacho Camacho'.
Dende o ano 1998, data da súa creación, A Tempo – Escola de Música presta servizos de ensino, formación e perfeccionamento musical, asi como o montaxe e outras actividades artísticas e de espectáculos.
...
[ampliar]
Dende o ano 1998, data da súa creación, A Tempo – Escola de Música presta servizos de ensino, formación e perfeccionamento musical, asi como o montaxe e outras actividades artísticas e de espectáculos.
Na Escola impártense clases de música para nen@s dende os 3 anos. Preparación de provas de aceso ao conservatorio, recuperación de materias pendentes e reforzos. Formación instrumental para adultos sen limite de idade. Formación en música moderna: Teoria e práctica ( rock, pop, folc, jazz, blues, etc )
Alberto Gulías naceu en Caracas (Venezuela) en 1969. É licenciado por la Facultade de Belas Artes da Universidad Complutense de Madrid e doctorado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realiza numerosas exposicións nacionais e internacionais cada ano, sendo as...
[ampliar]
Alberto Gulías naceu en Caracas (Venezuela) en 1969. É licenciado por la Facultade de Belas Artes da Universidad Complutense de Madrid e doctorado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Realiza numerosas exposicións nacionais e internacionais cada ano, sendo as máis recentes en Miami e Venezia.
A súa traxectoria artística comeza en 1979 e as súas obras teñen un marcado carácter conceptual. Yolanda Herranz desenvolve proxectos artísticos que se expuxeron en máis de un cento de exposicións. Participou en...
[ampliar]
A súa traxectoria artística comeza en 1979 e as súas obras teñen un marcado carácter conceptual. Yolanda Herranz desenvolve proxectos artísticos que se expuxeron en máis de un cento de exposicións. Participou en numesorar exposicións individuais e colectivas en diferentes países do mundo e as súas pezas foron seleccionadas para participar en 86 exposicións colectivas en España.
Ademáis, escribiu máis dunha trintena de textos que foron publicados en libros, catálogos, diarios e revistas.
LUÍS REI NÚÑEZ (A Coruña, 1958), é xornalista de profesión, traballa en Televisión de Galicia (onde foi xefe de cultura), e dirixe a colección de poesía Tambo. A súa obra literaria inclúe os poemarios A rolda...
[ampliar]
LUÍS REI NÚÑEZ (A Coruña, 1958), é xornalista de profesión, traballa en Televisión de Galicia (onde foi xefe de cultura), e dirixe a colección de poesía Tambo. A súa obra literaria inclúe os poemarios A rolda invisible (1998) e Alma mareira (2003), a biografía de Rafael Dieste A travesía dun século (1987) e o volume ensaístico Poetas Andantes Navegantes (1995).
Editada por Xerais, a súa obra narrativa abrangue os títulos Expediente Artieda (Premio Xerais de novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ó mellor libro do ano), Monte Louro (2009), Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano) e Cita en Fisterra (2011).
Ana Isabel Corzo é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas e levou a cabo diversas actividades de investigación.
...
[ampliar]
Ana Isabel Corzo é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas e levou a cabo diversas actividades de investigación.
Fina Casalderrey, (Xeve 1951. Pontevedra). É mestra e escritora e ten publicacións relacionadas coa investigación etnográfica (O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia, Repostería en Galicia). Colabora en prensa, revistas...
[ampliar]
Fina Casalderrey, (Xeve 1951. Pontevedra). É mestra e escritora e ten publicacións relacionadas coa investigación etnográfica (O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia, Repostería en Galicia). Colabora en prensa, revistas especializadas e diversos eventos literarios. Autora de máis de cincuenta libros. Traducida ao castelán, catalán, euskera, valenciano, asturiano, aragonés, portugués, brasileiro, coreano, italiano, francés, bretón e inglés. No 1996 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Manuel Aramburu naceu en León no ano 1936. Os seus pais eran galegos, polo que poucos meses despois do seu nacemento a familia establécese en Pontevedra. Desde finais dos anos 60, Aramburu adícase profesionalmente á súa vocación...
[ampliar]
Manuel Aramburu naceu en León no ano 1936. Os seus pais eran galegos, polo que poucos meses despois do seu nacemento a familia establécese en Pontevedra. Desde finais dos anos 60, Aramburu adícase profesionalmente á súa vocación pictórica, compaxinándoa coa docencia. As súas obras foron protagonistas de exposicións en España, Suecia, Alemaña, Holanda e Portugal.
O Grupo de Teatro Arume nace na primavera de 1978, cando un grupo de mozos decidiu reunirse para dar desenvolver unha das súas aficcións: o Teatro. Ao longo destes anos representaron obras en castelán e galego; laicas e relixiosas e percorreron numerosas vilas de Galicia...
[ampliar]
O Grupo de Teatro Arume nace na primavera de 1978, cando un grupo de mozos decidiu reunirse para dar desenvolver unha das súas aficcións: o Teatro. Ao longo destes anos representaron obras en castelán e galego; laicas e relixiosas e percorreron numerosas vilas de Galicia co seu repertorio. Ademáis das representacións, este grupo de teatro tamén realiza cursiños para todos os interesados.
Ricardo Ferreiro Silva nace en Dozón (Lalín) en 1952, e estuda restauración de Pintura Antiga en Madrid. Desde 1979 vive en Pontevedra, onde compaxina o seu traballo de Conservador e Restaurador do Museo Provincial co seu estudio de pintor.
Estudia Restauración...
[ampliar]
Ricardo Ferreiro Silva nace en Dozón (Lalín) en 1952, e estuda restauración de Pintura Antiga en Madrid. Desde 1979 vive en Pontevedra, onde compaxina o seu traballo de Conservador e Restaurador do Museo Provincial co seu estudio de pintor.
Estudia Restauración de Pintura Antigua en Madrid, 1977 y 1978.
Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, a gran maioría delas repartidas polos concello de Galicia.
A Fundación Rutas del Románico fundouse no ano 85 co obxectivo de realizar rutas cicloturísticas dende Pontevedra a diferentes templos da comarca. Ademais, organizan concertos de música clásica e conferencias sobre o Camiño de Santiago e a arte; Galicia e...
[ampliar]
A Fundación Rutas del Románico fundouse no ano 85 co obxectivo de realizar rutas cicloturísticas dende Pontevedra a diferentes templos da comarca. Ademais, organizan concertos de música clásica e conferencias sobre o Camiño de Santiago e a arte; Galicia e a arte; e San Rafael: patrón das rutas do románico.
Ademais das rutas cicloturísticas, a entidade ten editados diversos libros sobre arte.
Dolores Gálvez (Pontevedra 1954) é Licenciada en Belas Artes (especialidade pintura) pola Universidad de Vigo (1993-1998) e realizou os Cursos de Doutorado (Debuxo e Gravado) na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
No ano 2001 fixo a súa primeira exposición...
[ampliar]
Dolores Gálvez (Pontevedra 1954) é Licenciada en Belas Artes (especialidade pintura) pola Universidad de Vigo (1993-1998) e realizou os Cursos de Doutorado (Debuxo e Gravado) na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
No ano 2001 fixo a súa primeira exposición individual en Madrid, na Galeria Versión, e comeza así unha imparable sucesión de participacións en diversas exposiciones tanto nacionais como internacionais: Bienal de Vilanova da Cerveira (Portugal), Salón de Otoño en Madrid e nova exposición individual, coa Xunta de Galicia, itinerante polas catro provincias galegas e a edición do seu primeiro catálogo individual.
A súa traxectoria está marcada pola súa participación e selección para diversos certames nacionais e internacionais.
A vocación pola pintura de Carmen Domínguez comezou cando tan so tiña cinco anos. Estudou Maxisterio e posteriormente Belas Artes en Madrid. En 1968 marcha a París onde se matricula na Escola de Belas Artes e é alí onde descobre grandes maestros e toda...
[ampliar]
A vocación pola pintura de Carmen Domínguez comezou cando tan so tiña cinco anos. Estudou Maxisterio e posteriormente Belas Artes en Madrid. En 1968 marcha a París onde se matricula na Escola de Belas Artes e é alí onde descobre grandes maestros e toda unha serie de novas fórmulas que lle abrirán camiños no seu empeño de pintar sentimentos.
A súa primeira exposición foi na galería Torrado de Pontevedra, e desde entón a súa actividade foi constante. Para ela a pintura é "un modo de vida. Unha tolería sen ser demente".
Sergio Portela Campos compaxina a arquitectura coa escultura e a pintura. En Pontevedra pódense contemplar algunhas das súas esculturas máis coñecidas no Centro Cultural Caixanova.
Realizou diversas exposicións e tamén documentais. Ademais,...
[ampliar]
Sergio Portela Campos compaxina a arquitectura coa escultura e a pintura. En Pontevedra pódense contemplar algunhas das súas esculturas máis coñecidas no Centro Cultural Caixanova.
Realizou diversas exposicións e tamén documentais. Ademais, imparte cursos e conferencias.
Xaime Domínguez é pedagogo, mestre especialista nos equipos de atención a alumnos con cegueira e baixa visión. Presidente do Ateneo de Pontevedra. Escritor con relatos en obras colectivas, algún deles recollidos no volume:' As palabras que move o...
[ampliar]
Xaime Domínguez é pedagogo, mestre especialista nos equipos de atención a alumnos con cegueira e baixa visión. Presidente do Ateneo de Pontevedra. Escritor con relatos en obras colectivas, algún deles recollidos no volume:' As palabras que move o mar', editado por Xerais.
Recibiu o premio Manuel Murguía de Relato Breve, o Premio Pedrón de Ouro de Relato e o Premio Concello de Paradela de Relato.
A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 e realizan unha media de 70 representacións por ano. Como compañían pretenden facer un teatro comprensible, crítico e...
[ampliar]
A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 e realizan unha media de 70 representacións por ano. Como compañían pretenden facer un teatro comprensible, crítico e entretido para todos e todas bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá e cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.
Gravaron un disco que leva por título “¡Canta connosco!” e editaron o libro “Un avó especial”.
Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos levan a cabo talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios.
Tamén realizan visitas culturais teatralizadas polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: 'A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo' e 'Paseo máxico pola Boa Vila'.
Adolfo Barcia é licenciado en Belas Artes, especialidade escultura, pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Participou en numerosas exposicións e realizou o conxunto escultórico da glorieta de acceso ás Salinas da Antigua, en Fuerteventura.
Na...
[ampliar]
Adolfo Barcia é licenciado en Belas Artes, especialidade escultura, pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Participou en numerosas exposicións e realizou o conxunto escultórico da glorieta de acceso ás Salinas da Antigua, en Fuerteventura.
Na actualidade compaxina a súa actividade artística coa de docente nun centro de ensinanza e xefe do departamento de Plástica e Visual.
Kike Ortega compaxina o traballo de arquitecto co mundo da pintura. A súa obra pictórica baseéase en traballar sobre o corpo humano, sobre a persona e o seu estado emocional. Gústalle a expresión corporal e busca que esta transmita algo.
Desde o ano...
[ampliar]
Kike Ortega compaxina o traballo de arquitecto co mundo da pintura. A súa obra pictórica baseéase en traballar sobre o corpo humano, sobre a persona e o seu estado emocional. Gústalle a expresión corporal e busca que esta transmita algo.
Desde o ano 2001 realizou numerosas exposicións por diferentes puntos do territorio nacional.
Ademais do seu traballo como pintor, Kike Ortega ofrece cursos de arte a grupos reducidos (máximo 10 persoas). Os cursos ofrécense durante tres trimestres e as datas de inicio son entre os meses de novembro e decembro.
Olga Martínez é Licenciada en Belas Artes, especialidade en Pintura pola Universidade de Vigo, gravadora, profesora de EXB e de pintura e debuxo. Conta cunha ampla formación en fotografía actual e primitiva, museística, novas tecnoloxías, gravado,...
[ampliar]
Olga Martínez é Licenciada en Belas Artes, especialidade en Pintura pola Universidade de Vigo, gravadora, profesora de EXB e de pintura e debuxo. Conta cunha ampla formación en fotografía actual e primitiva, museística, novas tecnoloxías, gravado, escultura (queimado de cera e patina sobre bronce), madeira, cerámica, esmalte, etc. que complementou participando en diferentes seminarios en Venecia, Florencia, París, Caracas e México DF.
Ao longo da súa carreira profesional realizou máis de duascentas exposicións, tanto en pintura como en gravado, colectivas e individuais, en galerías de case toda España, e en Passau (Alemaña), Lisboa e outras capitais de Portugal, Lancanter (Pennsylvania), Miami, San Agustín, e Ponche Vedra Beach (Florida USA).
Recibiu varios premios e galardóns e a súa obra atópase representada na Xunta de Galicia, Presidencia e Consellería de Cultura, Colección Caixavigo, Museo Ramón María Aller, Fundación Araguaney, Televisión de Galicia, etc. etc. e en coleccións privadas de España, Francia, Alemaña, Holanda, Bélxica, Portugal, Venezuela e USA.
Conta cunha avultada bibliografía. Sobre a súa obra escribíronse artigos e entrevistas en revistas, radio, prensa e televisión.
foi co-comisaría na exposición de fotografía moderna 'A Imaxe Solidaria' que percorreu máis de dez cidades de España.
Fran Miguens Ferro é licenciado en Belas Artes e investigador no grupo DX7 Tracker. Dende o ano 2000 participou en diferentes exposicións; foi ponente en diversas conferencias e publicou artigos en diversas revistas relacionadas co mundo da arte.
...
[ampliar]
Fran Miguens Ferro é licenciado en Belas Artes e investigador no grupo DX7 Tracker. Dende o ano 2000 participou en diferentes exposicións; foi ponente en diversas conferencias e publicou artigos en diversas revistas relacionadas co mundo da arte.
Bibiana Piñeiro é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dende o ano 2002 realiza exposicións de xeito constante e participa moi activamente en actividades teatrais. Como actriz tamén formou parte de varios proxectos audiovisuais, entre os que destaca a...
[ampliar]
Bibiana Piñeiro é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dende o ano 2002 realiza exposicións de xeito constante e participa moi activamente en actividades teatrais. Como actriz tamén formou parte de varios proxectos audiovisuais, entre os que destaca a película 'Relatos', de Mario Iglesias.
Realiza obradoiros de teatro e interpretación para nenos e adultos, o que compaxina coa súa labor pictórica e de actriz.
Marta García é licenciada en Belas Artes, especialidade pintura. Dende o 2002 realiza exposicións en diferentes espazos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a Petit Galeria de Teo, o Teatro Principal... Actualmente da clases de artística, pintura e manualidades...
[ampliar]
Marta García é licenciada en Belas Artes, especialidade pintura. Dende o 2002 realiza exposicións en diferentes espazos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a Petit Galeria de Teo, o Teatro Principal... Actualmente da clases de artística, pintura e manualidades nun centro de ensinanza.
Itziar Ezquieta é licenciada en Belas Artes e dende o ano 1996 realizou diversas exposicións. Realiza talleres de ilustración para nenos e é profesora de Artes Plásticas.
Ten recibido premios de pintura e ilustración.
...
[ampliar]
Manel Loureiro é avogado, licenciado en Dereito pola Universidad de Santiago de Compostela.
Como escritor é autor das obras 'Apocalipsis Z, el principio del fin' (2007, Dolmen Ed.), 'Los Días Oscuros' (Plaza&Janés, 2009), e 'La...
[ampliar]
Manel Loureiro é avogado, licenciado en Dereito pola Universidad de Santiago de Compostela.
Como escritor é autor das obras 'Apocalipsis Z, el principio del fin' (2007, Dolmen Ed.), 'Los Días Oscuros' (Plaza&Janés, 2009), e 'La Ira de los Justos' (Plaza&Janés, 2011).
Todas as obras foron publicadas en máis de vinta e cinco paises e traducidas a maís de nove idiomas, sento éxito de ventas en España, Italia, México e Brasil, entre outros paises, con máis de 500.000 exemplares vendidos en total. Os dereitos foron adquiridos para a adaptación ao cine e á televisión da primeira das súas novelas.
José Ángel Fontenla Chas é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e está especializado en fotografía. Participou en cinco exposicións colectivas e fixo tres individuais, a última delas no Museo do Mar de Vigo.
...
[ampliar]
José Ángel Fontenla Chas é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e está especializado en fotografía. Participou en cinco exposicións colectivas e fixo tres individuais, a última delas no Museo do Mar de Vigo.
Rebeca López é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e conta co curso de Vidriera Artística do Centre Vidre de Barcelona.
Dende o ano 1999 participou en nove exposicións de pintura colectivas e cinco individuais,
...
[ampliar]
Rebeca López é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e conta co curso de Vidriera Artística do Centre Vidre de Barcelona.
Dende o ano 1999 participou en nove exposicións de pintura colectivas e cinco individuais,
Raúl Calvo Varela naceu en Ponteceso e en 1968 trasladouse a Madrid, onde residiu durante 32 anos. Estudiou Filosofía e Letras e escribe novela, poesía e ensaio.
Entre as súas obras atópanse 'Singladura interrumpida',...
[ampliar]
Raúl Calvo Varela naceu en Ponteceso e en 1968 trasladouse a Madrid, onde residiu durante 32 anos. Estudiou Filosofía e Letras e escribe novela, poesía e ensaio.
A paisaxe, a estructura das montañas, a morfoloxía dos vales, condicionaron desde os seus inicios a pintura deste castelán afincado en Pontevedra.
Arturo Cifuentes comenzou a expor en 1961, e amosou a súa pintura en diferentes cidades de Galicia e...
[ampliar]
A paisaxe, a estructura das montañas, a morfoloxía dos vales, condicionaron desde os seus inicios a pintura deste castelán afincado en Pontevedra.
Antón Sobral comezou a expor no ano 1968, en Santiago de Compostela. Cultiva unha pintura absolutamente conceptual, de fonda reflexión e exquisita factura.
O seu paisajismo, por completo espido de referencias, é un exercicio de abstracción anuladora de...
[ampliar]
Antón Sobral comezou a expor no ano 1968, en Santiago de Compostela. Cultiva unha pintura absolutamente conceptual, de fonda reflexión e exquisita factura.
Alex Vázquez- Palacios Gómez (Vigo, 1946) nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego onde, desde moi temperá idade, mostra claras aptitudes cara ao mundo da cultura e a arte.
Conta cunha ampla traxectoria. O seu talento abriulle as...
[ampliar]
Alex Vázquez- Palacios Gómez (Vigo, 1946) nace no seo dunha familia relevante no panorama artístico galego onde, desde moi temperá idade, mostra claras aptitudes cara ao mundo da cultura e a arte.
Conta cunha ampla traxectoria. O seu talento abriulle as portas de moi distintas galerías e centros de prestixio en España e Portugal, onde a súa obra vén expondo con regularidade.
Os cadros de Álex tamén son coñecidos a nivel europeo, sendo as súas coleccións eventualmente expostas en países como Alemaña e Bélxica.
Manuel Moldes comezou a debuxar desde moi novo. En 1968 trasladouse a Madrid, para cursar a carreira de Arquitectura técnica, que abandonou dous anos máis tarde. Ao mesmo tempo asistiu ás clases de forxa na Escola de Artes e Oficios.
Realizou a súa primeira...
[ampliar]
Manuel Moldes comezou a debuxar desde moi novo. En 1968 trasladouse a Madrid, para cursar a carreira de Arquitectura técnica, que abandonou dous anos máis tarde. Ao mesmo tempo asistiu ás clases de forxa na Escola de Artes e Oficios.
Realizou a súa primeira exposición individual en 1970, en Pontevedra, e a súa obra figura en museos provinciais de Galicia, en institucions e en coleccións particulares de España e do estranxeiro.
Moldes é un neo realista de raíz expresionista, cun debuxo rigoroso, en aparencia esquemático, aínda que en realidade moi barroco.
Rafael Úbeda (A Cañiza, Pontevedra, 1932) leva máis de 50 anos dunha carreira que empezou como bolseiro da Deputación de Pontevedra, trasladándose en 1956 a estudar Belas Artes na Escola de San Fernando de Madrid. ç
Muralista, gravador e...
[ampliar]
Rafael Úbeda (A Cañiza, Pontevedra, 1932) leva máis de 50 anos dunha carreira que empezou como bolseiro da Deputación de Pontevedra, trasladándose en 1956 a estudar Belas Artes na Escola de San Fernando de Madrid. ç
Aínda que castelán de nacemento, a Alejandro Paisa pode considerárselle galego, xa que reside en Pontevedra desde que tiña oito anos.
A partir dos anos cincuenta comezou a realizar exposicións persoais, que chegan a medio cento amplo, en...
[ampliar]
Aínda que castelán de nacemento, a Alejandro Paisa pode considerárselle galego, xa que reside en Pontevedra desde que tiña oito anos.
A obra de Manolo Dimas (Caracas, 1959) desde o comezo da súa carreira a finais dos anos oitenta, mantivo unhas coordenadas que se poderían rastrexar por encima dos seus cambios e evolucións.
Actualmente vive en Pontevedra, onde é profesor da Facultade de...
[ampliar]
A obra de Manolo Dimas (Caracas, 1959) desde o comezo da súa carreira a finais dos anos oitenta, mantivo unhas coordenadas que se poderían rastrexar por encima dos seus cambios e evolucións.
Actualmente vive en Pontevedra, onde é profesor da Facultade de Belas Artes.
José María Barreiro nace en Forcarei en 1940 e realiza a súa primeira exposición individual 21 anos despois.
Desde entón realizou exposicións en diferentes cidades do territorio nacional, e a principios dos anos 90 participou en...
[ampliar]
José María Barreiro nace en Forcarei en 1940 e realiza a súa primeira exposición individual 21 anos despois.
Desde entón realizou exposicións en diferentes cidades do territorio nacional, e a principios dos anos 90 participou en exposicións internacionais en Chicago e Miami.
É moi coñecido polas súas interpretacións de grupos de gaiteiros e multitudes. Tamén é un excelente bodegonista, onde a aparente despreocupación contén, sen embargo, unhas medidas moi xustas de liberdade.
O cuarteto músico-vogal pontevedrés Los Ántonys, xorde no ano 2008 dentro da corda de tenores da Coral Bella Helenes de Pontevedra, está formado por profesionais e ex profesionais da música que tiñan a inquietude de volver recordar a música que se...
[ampliar]
O cuarteto músico-vogal pontevedrés Los Ántonys, xorde no ano 2008 dentro da corda de tenores da Coral Bella Helenes de Pontevedra, está formado por profesionais e ex profesionais da música que tiñan a inquietude de volver recordar a música que se facía dentro do pop dos anos 60 ao 80 e tamén levan no seu repertorio temas inesquecibles como son boleros, folclore suramericano, mexicano, canario, e como non, composicións propias do noso folclore galego.
Son os seus compoñentes: Antonio Pastoriza, ex cantante de Orquestra Sintonía de Vigo; Manuel Antonio Pintos, músico profesional na actualidade e director de corais; Jacobo Aguín, membro do Grupo Ruada de Marín, e Anselmo Martínez, ex-cantautor de música galega nos anos 70 co nome artístico de Xoán Sixto.
A súa actividade véna realizando colaborando en eventos de carácter benéfico-social, culturais, recitais e eventos ou reunións de colectivos sociais e empresariais.
En 2011 sacan á venda o seu primeiro disco CD que está sendo notablemente valorado pola crítica especializada.
Baobab Teatro é unha compañía que aposta polo teatro infantil de calidade. Nos seus espectáculos traballan un teatro de emocións cargado de sentimentos e boas historias, unha maneira de facer que non deixará indiferente a ninguén.
Andrea Bayer...
[ampliar]
Baobab Teatro é unha compañía que aposta polo teatro infantil de calidade. Nos seus espectáculos traballan un teatro de emocións cargado de sentimentos e boas historias, unha maneira de facer que non deixará indiferente a ninguén.
Andrea Bayer e Óscar Ferreira forman unha compañía na que se xuntan ideas e proxectos con experiencias moi consolidadas. É unha aposta innovadora polo teatro e o público infantil. O máis esixente do mundo!
Baobab Teatro completa a súa oferta con obradoiros de distintas temáticas: Monicreques, Teatro e Animación á lectura. Estes obradoiros diríxense tamén ao público infantil.
A compañía Expresión creouse no ano 2004 como froito dun duro traballo base riguroso e intenso durante moitos anos atrás. Este comenzo orixinouse coa obra titulada "Entre Nós" coa que se acadou un gran éxito, incluíndo o cartel...
[ampliar]
A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. A AFI nace no curso 2002/2003, ofertando un ensino creativo, diversificado, aberto, experimentador e revolucionario sen...
[ampliar]
A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. A AFI nace no curso 2002/2003, ofertando un ensino creativo, diversificado, aberto, experimentador e revolucionario sen parangón no ámbito da educación musical galega.
Pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música.
En paralelo, existe o Laboratorio de Sons -LABdS-, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe.
Os cursos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 5 e 13 anos (AFI) e 8 e 15 anos
Rei Zentolo é recoñecido polas súas orixinais e divertidas camisetas e complementos. Nace no ano 2003, cando tres mozos galegos decidiron crear unha liña de camisetas mesturando a cultura popular de galicia coa estética do pop art anglosaxón.
As...
[ampliar]
Rei Zentolo é recoñecido polas súas orixinais e divertidas camisetas e complementos. Nace no ano 2003, cando tres mozos galegos decidiron crear unha liña de camisetas mesturando a cultura popular de galicia coa estética do pop art anglosaxón.
As súas camisetas vendénse nas súas 10 tendas, en internet e en multitude de tendas multimarca de toda a xeografía española.
Nas súas tendas pódense atopar camisetas, chaquetas, cuncas, paraugas, mandís, roupa interior, complementos...
O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra é o referente deste estilo musical en Galicia, traballando dous piares básicos: a formación de futuros músicos e a dinamización deste estilo na sociedade por medio de ciclos de jazz, concertos didácticos para...
[ampliar]
O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra é o referente deste estilo musical en Galicia, traballando dous piares básicos: a formación de futuros músicos e a dinamización deste estilo na sociedade por medio de ciclos de jazz, concertos didácticos para escolares ou a edición de traballos discográficos.
Na actualidade o SPJ non é só un curso intensivo de Outubro a Xuño, senón que é un dos dinamizadores do jazz na Galiza con ciclos coma o “Jazz no Principal” (inverno), “Pontejazz” (no Festival Internacional de Jazz de Pontevedra), o Festival Internacional de Jazz de Cangas “Canjazz”, o "Marin Jazz Festival" ou o Festival de Jazz de Meaño; ou cursos coma o “Pontejazz Workshop” e “Canjazz Workshop”.
O 23 de febreiro de 1921 nace a Sociedade Filarmónica de Pontevedra, coa finalidade -segundo o seu reglamento- de “cultivar e fomentar a arte musical, mediante a celebración de concertos instrumentais e vocais”. Nacía con 197 socios de número...
[ampliar]
Ultreia é unha agrupación que recolle a herdanza do coro de canto gregoriano do mesmo nome, formado por voces mixtas provintes do ámbito da tradición coral pontevedresa. Están especializados na interpretación da música vocal medieval e...
[ampliar]
Pavís Pavós somos un grupo de contadores de historias dende hai 16 anos. Contan historias fundamentalmente para público infantil e familiar.
...
[ampliar]
A Aula de Teatro Municipal de Pontevedra créase no ano 2000 a través da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra aproveitando unha subvención de fondos europeos destinados ao fomento e formación na actividade teatral.
Durante os...
[ampliar]
O Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca é unha asociación cultural sen ánimo de lucro constituída no ano 2007 coa intención de investigar, recuperar e divulgar os tesouros (etnográficos, históricos…) do patrimonio...
[ampliar]
O Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca é unha asociación cultural sen ánimo de lucro constituída no ano 2007 coa intención de investigar, recuperar e divulgar os tesouros (etnográficos, históricos…) do patrimonio material e inmaterial da cultura galega.
Nestes anos de vida, as actividades culturais que desenvolveu o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca foron numerosas e variadas. A promoción ou participación en charlas, conferencias, xornadas… onde se faga abordaxe dalgún aspecto da nosa cultura é un dos seus leitmotiv.
O recurso do audiovisual permítelles incrementar o seu labor divulgativo para achegarlle á xente, dun xeito máis claro e directo, a nosa riqueza cultural e etnográfica. Os documentais “Monte do Seixo. A Montaña Máxica” e “Sete camiños. Encrucillada do tempo” son bos exemplos deste labor audiovisual que veñen realizando.
Manuel Ruibal é un pintor-poeta, que desenvolveu a súa faceta profesional de xeito autodidacta. Ao longo da súa vida, realizou multitude de viaxes, dos que moitos convertéronse en longas estancias. En todos estes lugares, acudiu a visitar os seus...
[ampliar]
Manuel Ruibal é un pintor-poeta, que desenvolveu a súa faceta profesional de xeito autodidacta. Ao longo da súa vida, realizou multitude de viaxes, dos que moitos convertéronse en longas estancias. En todos estes lugares, acudiu a visitar os seus recoñecidos museos e a empaparse do patrimonio local, actitude que propiciou un progreso na súa formación e un novo xeito de ver a vida.
En 1961 trasladouse a Madrid e posteriormente a diversas cidades europeas (Roma, París, Milán), pero sen perder o contacto con Galicia, a súa terra natal, formando parte dos renovadores da pintura galega.
webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.