Do 01-10-2010 ata o 24-05-2012
Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros
Datas: de luns a xoves de outubro a maio
4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e
[ampliar]Data Comezo : 01-10-2010
Data Remate : 24-05-2012
Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros
Datas: de luns a xoves de outubro a maio
4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro.
Organización. Estas actividades están promovidas por decimoterceiro ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.
Os obradoiros serán impartidos por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.
Participantes: O número total de participantes é de 130 distribuídos por idades e días en 4 talleres.
Obxectivos:
- Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
- Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
- Prepararalos para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
- Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc) e dos xogos tradicionais galegos.
- Coñecemento da nosa vila e da natureza que nos rodea (animais, plantas).
- Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
- Fomentar o hábito da lectura como goce, en especial de libros en galego.
- Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
- Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita en galego.
- Fomentar a non discriminación por razón de xénero.
Duración: Cada taller consta de 22 sesións dunha hora e media distribuídas ó longo de 6 meses a razón dunha sesión semanal dende outubro de 2011 ata maio de 2012.
Distribución por días e idades:
Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h.
Número de participantes: 20
Comezo: luns 24 de outubro.
Durante as actividades [Clic para ver máis fotos]
Taller 2: de 8 a 12 anos
martes de 18,30 a 20,00 h.
Número máximo de participantes: 20
Comezo: martes 25 de outubro.
Taller 3: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: mércores 26 de outubro.
Taller 4: de 4 a 7 anos
xoves de 17,30 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: xoves 27 de outubro.
Contidos:
Obradoiros de 4 a 7 anos
Os 90 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 3 e 4 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man dos avós que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.
Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.
Así pois, escoitarán, crearán e representarán contos; farán traballos manuais relacionados con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres; etc.
Para rematar os obradoiros no mes de abril farán unha "expedición" polo Centro Histórico de Pontevedra.
Obradoiros de 8 a 12 anos
Combinaranse as actividades de expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral.
Os talleres rematarán con representacións teatrais que terán lugar no Teatro Principal.
Inscrición: a partir do 14 de outubro ata cubrir todas as prazas no Pazo da Cultura, de 08,00 a 14,00 h.
Cota de inscrición: 40 € por toda a actividade
Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo e no mesmo lugar da actividade.
Notas:
- No caso de cubrirse todas as prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
- De non facerse o pagamento da cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza, que quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
- No caso de faltar 3 sesións sen justificación, a praza quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
Máis información en www.migallas.com
Do 06-02-2012 ata o 26-05-2012
Os certames que se organizarán neste ano serán:
• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
Data Comezo : 06-02-2012
Data Remate : 26-05-2012
Os certames que se organizarán neste ano serán:
• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
• XVIII Certame de Narración Curta
• X Certame de Poesía
• XII Certame Musical
Bases Xerais para todos os certames (agás o musical):
Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.
Do 17-04-2012 ata o 15-06-2012
Data límite de inscrición: 11 de xuño de 2012
Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais
A Consellería de Cultura,
[ampliar]Data Comezo : 17-04-2012
Data Remate : 15-06-2012
Data límite de inscrición: 11 de xuño de 2012
Convoca: Axencia Galega das Industrias Culturais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, Manuel María de Literatura Dramática Infantil e Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto), convocados anualmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) cunha dotación económica de 6.000 euros para cada un dos galardóns e modalidades.
Segundo se recolle nas bases, os tres premios tamén contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Axencia mantén en colaboración con varias editoriais galegas. A convocatoria e as bases faranse públicas a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) o martes 17 de abril, data a partir da que se abrirá o prazo de recepción de orixinais, que se estenderá ata o vindeiro 11 de xuño.
Textos en galego e inéditos.
Poderán optar a estes galardóns, que comparten como obxectivo o estímulo da creación literaria no eido dramático, textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames. Nos tres casos, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Álvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.
Para a avaliación de todos os textos recibidos na forma e prazo que indican as bases constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Para tomar a súa decisión, que será comunicada antes do 30 de novembro, valorará aspectos que teñen que ver coa calidade literaria e dramática, a viabilidade escénica, a especificidade de cada premio e o coidado da lingua.
O Premio Álvaro Cunqueiro alcanza este ano a súa vixésimo primeira edición, confirmándose como o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego. O seu último gañador ata o momento é o vigués Marcos Abalde, coa obra A cegueira, que en 2011 se sumou á destacada nómina de dramaturgos galegos que teñen no seu haber este recoñecemento: Raúl Dans (2010 e 1994), Manuel Lourenzo (2009), Teresa González Costa (2008), Roberto Salgueiro (2007, 2002, 2000 e 1998), Manuel Guede (2006), Rubén Ruibal (2005), Antón Lopo (2004), Siro López (2003), Afonso Becerra de Becerreá (2001), Manoel Riveiro (1993), Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido (1992), Roberto Vidal Bolaño (1991), Agustín Magán (1990) e Euloxio R. Ruibal (1989).
Ademais, en 2011 Paula Carballeira gañou o VI Manuel María de Literatura Dramática Infantil polo texto O refugallo, mentres que o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques –que este ano celebra a súa décima edición– quedou deserto nas súas dúas modalidades.
Rúa da Vesada, s/n - 15703 Santiago de CompostelaTel.: 981 577 126 (ext.105 e 116)
www.agadic.info
Data : 22-05-2012
Lugar: Cinebox Vialia Pontevedra
Hora: 20:00 h
Proxección da Ópera "Romeo y Julieta" en Cinebox Vialia Pontevedra.
[ampliar]Data : 22-05-2012
Lugar: Cinebox Vialia Pontevedra
Hora: 20:00 h
Proxección da Ópera "Romeo y Julieta" en Cinebox Vialia Pontevedra.
Do 23-05-2012 ata o 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos.
Este certame
[ampliar]Data Comezo : 23-05-2012
Data Remate : 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos.
Este certame desenvolverase durante os días 23, 24 e 25 de maio no Teatro Principal e segundo un programa que se anunciará previamente nos propios centros.
Data : 23-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
Representación de “Conversa entre mulleres” polo grupo de teatro do IES A Xunqueira 1. Actividades
[ampliar]Data : 23-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
Representación de “Conversa entre mulleres” polo grupo de teatro do IES A Xunqueira 1. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".
Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL Concello de Pontevedra
Data : 24-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12:00 h
[ampliar]
Data : 24-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12:00 h
Mostra de Teatro "Ben Veñas, Maio". Representación da obra "Comedia bífida", polo grupo de teatro do IES Luís Seoane. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".
Data : 24-05-2012
Lugar: Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra (Praza de Curros Enriquez, s/n)
Hora: de 16:00 a 21:00 h.
Casting para todos aqueles que queiran
[ampliar]Data : 24-05-2012
Lugar: Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra (Praza de Curros Enriquez, s/n)
Hora: de 16:00 a 21:00 h.
Casting para todos aqueles que queiran participar na rodaxe dunha curta de comedia no mes de xuño.
Búscanse:
*Muller entre 20-30 años
*Home entre 20-30 años
*Muller entre 40-55 años
*Mozos/as entre 14-19 años
información a través do email: pablocacheda@gmail.com e no documento adxunto.
Data : 25-05-2012
Hora: 21 a 00 h.
Lugar: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
A Concellaría de Festas e a Asociación
[ampliar]Data : 25-05-2012
Hora: 21 a 00 h.
Lugar: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan dende o 2 de marzo ata o 27 de xullo, os últimos venres de cada mes “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.
O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.
Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.
A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:
• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
Data : 25-05-2012
FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
Data : 25-05-2012
FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
>> 20-00h. Trucos de cine
>> 20-00h. Dardos
>> 21-23h. Cosmética natural
>> 22-00h. Pintura Plakatstil
CASA AZUL. r/ Sor Lucía, 2.
>> 21:30-23h. Danza contemporánea
Máis informacion en www.noitesabertas.com
Data : 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
Representación da obra "Sorpresa", polo grupo de teatro Skene, do IES Valle Inclán.
Data : 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 12 h
Representación da obra "Sorpresa", polo grupo de teatro Skene, do IES Valle Inclán.
Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Data : 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 20 h.
Representación da obra “Idade de ouro”, polo grupo de teatro Argallada do profesorado do IES Valle Inclán.
Data : 25-05-2012
Lugar: Teatro Principal
Hora: 20 h.
Representación da obra “Idade de ouro”, polo grupo de teatro Argallada do profesorado do IES Valle Inclán. Actividades do programa "Maio, Mes da Lingua".
Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Data : 26-05-2012
LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"
Data : 26-05-2012
LOCAL DE MÚSICA (ao lado da estación de tren).
>> 10-23h. Festival hip hop "Back to the roots"
>> Presentación: Pecha-kucha Noites abertas
>> Exposición "2º Certame de Erotismo Noites Abertas
Máis informacion en www.noitesabertas.com
Data : 26-05-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: 24,50€ - 26,50€. Entradas anticipadas á venda en www.servinova.com e no teléfono 902
[ampliar]Data : 26-05-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: 24,50€ - 26,50€. Entradas anticipadas á venda en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500.
Con este novo album dobre, o compositor Wim Mertens logra unha amplísima escala musical; En total, máis de 30 músicos participaron nesta ambiciosa produción.
Unha escala completa de cordas, guitarras, arpa e mesmo un clavicémbalo (é a primeira vez que Mertens incorpora este instrumento na súa música), aseguran un son de Gran Orquestra, e un desenvolvemento atractivísimo da paleta do compositor.
Nesta produción foron incluídos varios dos encargos solicitados a Mertens para diversos proxectos, por exemplo a música para o desfile de Dior en Paris en 2008 (In.Zones and Tactility), ou a música composta no contexto da presidencia belga do Consello da Unión Europea, que á súa vez foi utilizada tamén para o pavillón belga na Exposición Universal de Xangai (Oeuvrer, 2010).
Wim Mertens volve ao noso país para presentarnos este novo traballo, onde a intensidade e o inesperado do directo farannos comprobar a flexibilidade da partitura na obra de Mertens.
Data : 26-05-2012
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h
Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de
Data : 26-05-2012
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Hora: 17.30 h
Concurso de música e entrega dos premios dos certames Ben Veñas, Maio 2012: X certame de fotografía, XVIII certame de banda deseñada, XVIII certame de narración curta, X certame de poesía e XII certame musical.
Organiza: Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Data : 27-05-2012
Lugar: Café Teatro (Michelena, 11)
Hora: 18:00 h
Prezo: 3 euros
"O recuncho dos contos". Contacontos a cargo de Pinga Teatro,
Data : 27-05-2012
Lugar: Café Teatro (Michelena, 11)
Hora: 18:00 h
Prezo: 3 euros
"O recuncho dos contos". Contacontos a cargo de Pinga Teatro, destinado ao público infantil e familiar.
Data : 27-05-2012
Lugar: Café Teatro (Michelena, 11)
Hora: 18:00 h
Prezo: 3 euros
"O bufón doi reino" e unha divertida comedia de Pinga
[ampliar]Data : 27-05-2012
Lugar: Café Teatro (Michelena, 11)
Hora: 18:00 h
Prezo: 3 euros
"O bufón doi reino" e unha divertida comedia de Pinga Teatro, dirixida a rapaces a partir de 4 anos e ao publico familiar que conta a historia dun rei que nunca quere rir.
Data : 29-05-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: de 19,10 a 26,50 €. Entradas a venda en www.servinova.com e no teléfono 902 43 44
[ampliar]Data : 29-05-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: de 19,10 a 26,50 €. Entradas a venda en www.servinova.com e no teléfono 902 43 44 43.
Unha homenaxe sen precedentes ás grandes figuras da danza do século XX a través dalgunhas das obras que formaron parte do seu repertorio.
Directores Artísticos: Marta García e Orlando Salgado
Grupo de baile: Bárbara García , Ernesto Álvarez (Primeiros bailaríns Ballet Nacional de Cuba). Guzel Suleymanova e Dimitri Marasanov ( estrelas do Ballet Estatal do Teatro da Ópera de Bashkirian). Anja Ahein e Mamdouh Hassan (estrelas do Ballet Estatal do Teatro da Ópera do Cairo). Francesco Pacelli e Lara Guidetti (coreógrafos e primeiros bailaríns da Compañía Sanpapié de Italia). Yulia Herrera (Primeira Bailarina. Cuba)
Os Virtuosos é unha homenaxe ás grandes figuras da danza do século XX: Nijinsky, Alicia Alonso, Isadora Duncan, Ana Pavlova, Nureyev… artistas todos que crearon escola, que impulsaron a técnica e a interpretación elevando a danza ás súas cotas máis altas. O seu talento, disciplina e rigor fíxolles brillar nos grandes escenarios do mundo. Os Virtuosos recolle ese espírito, esa enerxía e carácter dos que foron grandes mestres e intérpretes da danza. A súa inspiración e o seu tesón por alcanzar o que para moitos parecía inalcanzable, dignificou a profesión do bailarín converténdolles en verdadeiros símbolos. Transcenderon o artístico para converterse tamén nun fenómeno sociolóxico e cultural da época. A posta en escena desta gala homenaxe incorpora proxeccións, voces, sons, que evocan o seu esplendor. Nove grandes intérpretes do ballet clásico e a danza contemporánea actual fan un tributo ao seu espírito e xenialidade.
Data : 08-06-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: de 19,10 a 26,50 €. Entradas a venda en www.servinova.com e no teléfono 902 43 44
[ampliar]Data : 08-06-2012
Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Hora: 20:30 horas.
Prezo: de 19,10 a 26,50 €. Entradas a venda en www.servinova.com e no teléfono 902 43 44 43.
Autor: Frederick Knott
Director: Víctor Conde
Elenco: Jorge Sanz, Pablo Puyol, Mar del Hoyo, Antonio Albellá y José Sánchez
"Crimen perfecto" é unha obra orixinalmente escrita polo dramaturgo británico Frederick Knott e estreada na BBC en 1952, dende onde saltou aos escenarios de Londres e Nova Iorke.
Data : 15-06-2012
Lugar: Teatro Principal.
Hora: 21 h.
Venda de entradas na bileteira: 3 euros
"María Castaña", obra de teatro a cargo de
[ampliar]Data : 15-06-2012
Lugar: Teatro Principal.
Hora: 21 h.
Venda de entradas na bileteira: 3 euros
"María Castaña", obra de teatro a cargo de Avelaíña Teatro.
Data : 23-06-2012
Lugar: Pazo da Cultura.
Hora: ás 16:30 e 19:00 h.
Prezo: 24 €. Venta anticipada de entradas en www.servinova.com
Espectáculo
[ampliar]Data : 23-06-2012
Lugar: Pazo da Cultura.
Hora: ás 16:30 e 19:00 h.
Prezo: 24 €. Venta anticipada de entradas en www.servinova.com
Espectáculo infantil de música, cantigas e dicersión para os máis cativos.
Data : 29-06-2012
Lugar: As Reixas, A Lareira, A Navarra
Hora: 21:00 a 00:0 h
A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada
[ampliar]Data : 29-06-2012
Lugar: As Reixas, A Lareira, A Navarra
Hora: 21:00 a 00:0 h
A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan dende o 2 de marzo ata o 27 de xullo, os últimos venres de cada mes “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.
O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.
Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.
A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:
• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: Os Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.