Convocatorias anuais de interese

 

  • ENTROIDO
    • Celébranse concursos de desfile, murgas, parodia e filloa, que se convocan semanas antes da festa
  • FESTA DOS MAIOS
    • 1 de maio. Concurso de maios, de especial interése para os centros educativos. Centos de nenos rematan na Ferraría cantando darredor do maio e concursando por levárense o premio.
  • MEMORIAL RICARDO PORTELA
    • No mes de xullo Concurso de gaitas tradicionais en toque pechado. A exhibición é durante unha fin de semana nunha céntrica praza da capital, e está acompañada por un interesante mercado de instrumentos tradicionais.
  • PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA
    • O prazo de presentación de solicitudes vai do 5 de decembro ao 5 de xaneiro. Reúnese o xurado e fallan o premio, que se entrega nun acto público e solemne, coa Corporación reunida en Pleno, o día 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrono da cidade.
  • SUBVENCIÓN PARA ASOCIACIÓNS CULTURAIS SEN ANIMO DE LUCRO QUE REALICEN ACITIVIDADES NO EIDO DA CULTURA.
    • As bases  publícanse en agosto, xa que é unha convocatoria anual
  • LIÑA ABERTA TODO O ANO DE SUBVENCIÓNS ÁS COMISIÓNS DE FESTAS PATRONAIS E DE LUGAR DAS PARROQUIA
    • Para manter vivo o espírito das festas tradicionais en todo o municipio
  •  

 

Apuntes

01-05-2012
Comeza Maio mes da Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,

01-05-2012
Marcos da Portela, gañador do Concurso de maios

A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.