Do 01-10-2010 ata o 24-05-2012
Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros
Datas: de luns a xoves de outubro a maio
4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e
[ampliar]Data Comezo : 01-10-2010
Data Remate : 24-05-2012
Lugar: Pazo da Cultura. Sala de Obradoiros
Datas: de luns a xoves de outubro a maio
4 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro.
Organización. Estas actividades están promovidas por decimoterceiro ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.
Os obradoiros serán impartidos por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.
Participantes: O número total de participantes é de 130 distribuídos por idades e días en 4 talleres.
Obxectivos:
- Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
- Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
- Prepararalos para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
- Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc) e dos xogos tradicionais galegos.
- Coñecemento da nosa vila e da natureza que nos rodea (animais, plantas).
- Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
- Fomentar o hábito da lectura como goce, en especial de libros en galego.
- Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
- Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita en galego.
- Fomentar a non discriminación por razón de xénero.
Duración: Cada taller consta de 22 sesións dunha hora e media distribuídas ó longo de 6 meses a razón dunha sesión semanal dende outubro de 2011 ata maio de 2012.
Distribución por días e idades:
Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h.
Número de participantes: 20
Comezo: luns 24 de outubro.
Durante as actividades [Clic para ver máis fotos]
Taller 2: de 8 a 12 anos
martes de 18,30 a 20,00 h.
Número máximo de participantes: 20
Comezo: martes 25 de outubro.
Taller 3: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: mércores 26 de outubro.
Taller 4: de 4 a 7 anos
xoves de 17,30 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 45
Comezo: xoves 27 de outubro.
Contidos:
Obradoiros de 4 a 7 anos
Os 90 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 3 e 4 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man dos avós que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.
Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.
Así pois, escoitarán, crearán e representarán contos; farán traballos manuais relacionados con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres; etc.
Para rematar os obradoiros no mes de abril farán unha "expedición" polo Centro Histórico de Pontevedra.
Obradoiros de 8 a 12 anos
Combinaranse as actividades de expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral.
Os talleres rematarán con representacións teatrais que terán lugar no Teatro Principal.
Inscrición: a partir do 14 de outubro ata cubrir todas as prazas no Pazo da Cultura, de 08,00 a 14,00 h.
Cota de inscrición: 40 € por toda a actividade
Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo e no mesmo lugar da actividade.
Notas:
- No caso de cubrirse todas as prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
- De non facerse o pagamento da cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza, que quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
- No caso de faltar 3 sesións sen justificación, a praza quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
Máis información en www.migallas.com
Do 02-04-2012 ata o 30-06-2012
abril_maio_xuño_2012
Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar
[ampliar]Data Comezo : 02-04-2012
Data Remate : 30-06-2012
abril_maio_xuño_2012
Esta oferta formativa inclúe unha serie de monográficos e un curso de directores/as de campos de traballo que pretenden dar resposta ás demandas e necesidades observadas durante actividade formativa e profesional, coa intención de achegar coñecementos, ferramentas e técnicas en diferentes campos da educación non formal para facilitar o traballo diario dos e das profesionais coa maior calidade posible.
Podo xogar eu? Adaptación de xogos de tempo libre á discapacidade
Construir con cartón
Maquillaxes e caracterización de efectos especiais
Interpretación do patrimonio natural, cultural e artístico como recurso para o tempo libre
Monicreques de gosmaspuma
As emocións: Guía e roteiros para non perderse no universo emocional
Montaxes de animación
Obradoiro de sexualidade
O recuncho do retrato: A creación dun espazo expositivo
Globoflexia e decoración con globos
Obradoiro de cestería
Título oficial de Director/a de Campos de Traballo
Máis información, datas, prezos e fichas de inscrición no documento anexo.
Do 14-05-2012 ata o 14-06-2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas para
[ampliar]Data Comezo : 14-05-2012
Data Remate : 14-06-2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2011/2012.
O curso de idiomas terá que ser realizado no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 €.
Requisitos:
Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2012. As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A.
Máis información no DOG do 14 de maio de 2012 e en www.edu.xunta.es
Do 22-05-2012 ata o 01-06-2012
Lugar: Oficina Provincial Cruz Roja Pontevedra (R/ Cruz Vermella, nº 26)
Horario: De martes a venres de 16:00 a
[ampliar]Data Comezo : 22-05-2012
Data Remate : 01-06-2012
Lugar: Oficina Provincial Cruz Roja Pontevedra (R/ Cruz Vermella, nº 26)
Horario: De martes a venres de 16:00 a 20:00h
Duración: 30 horas.
Data límite matrícula: 18 de Maio de 2012
Dirixido a Mozas e mozos entre 18 e 30 anos con dispoñibilidade horaria de tarde que desexen realizar actividade voluntaria no programa de Respiro e Animación Hospitalaria Infantil que Cruz Vermella Xuventude desenvolve no Hospital Provincial de Pontevedra
É imprescindible para a admisión ao curso realizar a entrevista de acollida de voluntariado de Cruz Vermella e asinar o compromiso de actividade voluntaria no programa antes do venres 18 de Maio 2012
Máis información:
Asamblea Provincial de Pontevedra. Cruz Roja Española
C/ Padre Gaite, 5. 36602. Pontevedra
Tfno.: 986 85 21 15 Fax.: 986 86 33 86
Data : 25-05-2012
FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
Data : 25-05-2012
FROEBEL. r/ Xeneral Martitegui, 3 (ao lado de Belas Artes).
>> 20-00h. Tenis de mesa libre
>> 20-00h. Trucos de cine
>> 20-00h. Dardos
>> 21-23h. Cosmética natural
>> 22-00h. Pintura Plakatstil
CASA AZUL. r/ Sor Lucía, 2.
>> 21:30-23h. Danza contemporánea
Máis informacion en www.noitesabertas.com
Do 25-05-2012 ata o 08-06-2012
Necesaria inscrición previa. 15 prazas.
Prezo: 10 €.
Clases teóricas: 25 e 26 de maio , 1, 5 e 8 de xuño. De 20:00 a 22:00
[ampliar]Data Comezo : 25-05-2012
Data Remate : 08-06-2012
Necesaria inscrición previa. 15 prazas.
Prezo: 10 €.
Clases teóricas: 25 e 26 de maio , 1, 5 e 8 de xuño. De 20:00 a 22:00 horas.
Clases prácticas: 26 de maio e 2 de xuño. De 10:00 a 12:30 horas.
Información no 986 100 185 ext. 7584
Data : 25-05-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xádrez Pontevedra. O
[ampliar]Data : 25-05-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xádrez Pontevedra. O circuíto constará de 5 torneos de partidas rápidas que se disputarán os sábados pola mañá nas datas, 12,19 e 25 de maio e 2, 9 de xuño.
Todos os torneos comezarán ás 10:30 horas, aínda que se avisará con previa antelación da data definitiva e a hora de comezo no blog da EXP http://escolaxadrezpontevedra.blogspot.com.es/ ou no foro da EXP http://foro.xadrezpontevedra.com/
En cada torneo serán puntuables os 15 primeiros postos, para a clasificación final onde haberá premios para os 3 primeiros clasificados, cedidos por Zona Informática.
Patrocinado por Zona Informática e organizado pola Escola Xadrez Pontevedra.
Para inscricións ou calquera consulta en escola@xadrezpontevedra.com ou no 650 645 318. Achéganse as bases do "I Circuíto de partidas Rápidas EXP"
Data : 26-05-2012
Lugar: Saida da Capela de San Roque.
Hora: 09:30 horas.
O obxectivo deste programa é coñecer a riqueza natural e patrimonial da comarca de
[ampliar]Data : 26-05-2012
Lugar: Saida da Capela de San Roque.
Hora: 09:30 horas.
O obxectivo deste programa é coñecer a riqueza natural e patrimonial da comarca de Pontevedra a través de visitas guiadas, que permitirán mellorar a forma física das persoas que participen. Poderán inscribirse en inscricions@pontevedra.eu ou no teléfono 986 80 43 00 ext 7584. Recoméndase levar calzado cómodo. Non é preciso estar nun grande estado de forma dado que as andainas son perfectamente asequibles para todas as persoas sans.
Data : 26-05-2012
Lugar: Praza da Ferraría
Hora: 11:00 h
Inscricións: de balde
Prazo ata o xoves 24 de maio ás 22:00 h
Ponse un
[ampliar]Data : 26-05-2012
Lugar: Praza da Ferraría
Hora: 11:00 h
Inscricións: de balde
Prazo ata o xoves 24 de maio ás 22:00 h
Ponse un límite de participación de 400 xogadores por orde riguroso de inscrición. O Torneo dará comezo as 11 da mañá, dando comezo a confirmación dos xogadores a partir das 10:30 h.
O Torneo xogarase por sistema Suizo a 7 rondas, os emparellamentos faranse cun programa informático homologado pola Federación Nacional. O ritmo de xogo será de 20 minutos a finish en tódalas categorias.
XADREZ SOLIDARIO: Colabora con 1 kg de alimentos non perecedeiros que serán entregados ao comedor municipal.
Organiza: Escola Xadrez Pontevedra
Contacto:
ponte@xadrezpontevedra.com
650 645 318 (David)
Ver documento adxunto.
Data : 27-05-2012
Lugar: Saida da Capela de San Roque.
Hora: 09:30 horas.
O obxectivo deste programa é coñecer a riqueza natural e patrimonial da comarca de
[ampliar]Data : 27-05-2012
Lugar: Saida da Capela de San Roque.
Hora: 09:30 horas.
O obxectivo deste programa é coñecer a riqueza natural e patrimonial da comarca de Pontevedra a través de visitas guiadas, que permitirán mellorar a forma física das persoas que participen. Poderán inscribirse en inscricions@pontevedra.eu ou no teléfono 986 80 43 00 ext 7584. Recoméndase levar calzado cómodo. Non é preciso estar nun grande estado de forma dado que as andainas son perfectamente asequibles para todas as persoas sans.
Data : 28-05-2012
Lugar: Salón de actos de Novagalicia Banco (4ª planta)
Hora: 19:00 h
Entrada de balde, previa inscrición
[ampliar]Data : 28-05-2012
Lugar: Salón de actos de Novagalicia Banco (4ª planta)
Hora: 19:00 h
Entrada de balde, previa inscrición en:
AEMPE
aempe@aempe.es
Tlf: 986 86 63 78
SOGARPO
pontevedra@sogarpo.es
Tlf: 986 22 80 53
SOGARPO, a Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense, elaborou a "Guía práctica para PYMES - Claves para acceder a la Financiación", co fin de que este documento poida utilizarse como instrumento de apoio e consulta en materia financieira por parte de empresarios e directivos, e que se porá a disposición dos mesmos de maneira gratuita.
Participarán nas ponencias de presentación, o presidente de SOGARPO, Luis Novoa e a súa directora xeral, Margarita Fernández.
Á finalización do evento, entregarase un exemplar da Guía a tódolos participantes.
Organiza: Aempe e SOGARPO.
Data : 30-05-2012
Asoc. Prov. Amas de Casa Consumidores y Usuarios Rías Baixas. r/ Cobián Roffignac, 4 - 3º 36002 PONTEVEDRA. Tel: 986 10 33 69 / Fax: 986 84 67
[ampliar]Data : 30-05-2012
Asoc. Prov. Amas de Casa Consumidores y Usuarios Rías Baixas. r/ Cobián Roffignac, 4 - 3º 36002 PONTEVEDRA. Tel: 986 10 33 69 / Fax: 986 84 67 69
asociacionconsumidoresriasbaixas@mundo-r.com
Salida da excursión a Rusia organizada pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Rías Baixas.
Do 31-05-2012 ata o 01-06-2012
Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Prezo: 280 € (para inscricións antes do 20 de maio) | 300 € (as posteriores ao 20 de maio)
Duración: 14
[ampliar]Data Comezo : 31-05-2012
Data Remate : 01-06-2012
Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Prezo: 280 € (para inscricións antes do 20 de maio) | 300 € (as posteriores ao 20 de maio)
Duración: 14 horas lectivas.
Dirixidas por Alberto García Pombo e Coordinadas por Charo Lorenzo Pontevedra.
Organiza: Cámara de Comercio de Pontevedra.
Máis información e inscricións en:
Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra
Xardíns de Vicenti, 4 - 2º
36001 Pontevedra
Tel. 986 866 303
Fax: 986 862 643
concursal@camarapontevedra.com
Data : 02-06-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xádrez Pontevedra. O
[ampliar]Data : 02-06-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xádrez Pontevedra. O circuíto constará de 5 torneos de partidas rápidas que se disputarán os sábados pola mañá nas datas, 12,19 e 25 de maio e 2, 9 de xuño.
Todos os torneos comezarán ás 10:30 horas, aínda que se avisará con previa antelación da data definitiva e a hora de comezo no blog da EXP http://escolaxadrezpontevedra.blogspot.com.es/ ou no foro da EXP http://foro.xadrezpontevedra.com/
En cada torneo serán puntuables os 15 primeiros postos, para a clasificación final onde haberá premios para os 3 primeiros clasificados, cedidos por Zona Informática.
Patrocinado por Zona Informática e organizado pola Escola Xadrez Pontevedra.
Para inscricións ou calquera consulta en escola@xadrezpontevedra.com ou no 650 645 318. Achéganse as bases do "I Circuíto de partidas Rápidas EXP"
Data : 09-06-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xadrez Pontevedra. O
[ampliar]Data : 09-06-2012
Lugar:Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Hora: 10:30 h
I Circuíto de partidas rápidas da Escola de Xadrez Pontevedra. O circuíto constará de 5 torneos de partidas rápidas que se disputarán os sábados pola mañá nas datas, 12,19 e 25 de maio e 2, 9 de xuño.
Todos os torneos comezarán ás 10:30 horas, aínda que se avisará con previa antelación da data definitiva e a hora de comezo no blog da EXP http://escolaxadrezpontevedra.blogspot.com.es/ ou no foro da EXP http://foro.xadrezpontevedra.com/
En cada torneo serán puntuables os 15 primeiros postos, para a clasificación final onde haberá premios para os 3 primeiros clasificados, cedidos por Zona Informática.
Patrocinado por Zona Informática e organizado pola Escola Xadrez Pontevedra.
Para inscricións ou calquera consulta en escola@xadrezpontevedra.com ou no 650 645 318. Achéganse as bases do "I Circuíto de partidas Rápidas EXP"
Do 24-06-2012 ata o 01-07-2012
Lugar: Instalacións do Casino Mercantil e Industrial (Cons, Mourente).
Datas: do 24 de xuño ao 1 de xullo.
Aberto o prazo de
[ampliar]Data Comezo : 24-06-2012
Data Remate : 01-07-2012
Lugar: Instalacións do Casino Mercantil e Industrial (Cons, Mourente).
Datas: do 24 de xuño ao 1 de xullo.
Aberto o prazo de inscrición para a I Edición do Campamento Polideportivo; hqr!CAMP 2012 cuxo obxetivo é que todos os participantes vivan unha experiencia inesquecible a través do deporte, a convivencia e a diversión.
Destinado a nenas/os nados entre os anos 1997 e 2003. Prazo de inscripcións aberto a partir do 1 de abril.
Máis información en www.agrupaciondeportivahqr.blogspot.com.es
Do 25-06-2012 ata o 29-06-2012
Lugar: Instalaciós da Cidade Infatil Principe Felipe
Horario: de 09:00 a 14:00 h e o último día de 09:00 a 16:45 h
Inscricións ata o 15 de
[ampliar]Data Comezo : 25-06-2012
Data Remate : 29-06-2012
Lugar: Instalaciós da Cidade Infatil Principe Felipe
Horario: de 09:00 a 14:00 h e o último día de 09:00 a 16:45 h
Inscricións ata o 15 de xuño.
Campus aberto a tódolos rapeces/as de entre 6 e 14 anos, que estén interesados en pasar un bo rato aprendendo e mellorando as súas habilidades deportivas baixo a tutela dun cualificado grupo de profesionais da actividade física e do deporte.
Máis información no teléfono 620 74 67 75 e no email: asociacionpopontelo@yahoo.es
Organiza: Asociación Deportiva PROPÓNTELO
Colaboran: Deputación de Pontevedra e IMD Pontevedra.
Do 25-06-2012 ata o 29-06-2012
Lugar: Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo (R/Luis Braille)
Horario: de 09:30 a 12:30 h
[ampliar]
Data Comezo : 25-06-2012
Data Remate : 29-06-2012
Lugar: Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo (R/Luis Braille)
Horario: de 09:30 a 12:30 h
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra organizará un ano máis o CAMPUS DE INICIACIÓN AO WATERPOLO do 25 ao 29 de xuño de 2012, con horario de 09:30 a 12:30 h.
O campus terá lugar nas instalacións do Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo (R/Luis Braille, xunto aos edificios da Xunta). Estas instalacións, no centro de Pontevedra, contan con 3 piscinas descubertas de diferentes tamaños, zona axardinada para xogos, ximnasio, sala de vídeo, pistas de tenis, pistas de pádel e pista polideportiva descuberta.
O campus está destinado a nenos e nenas nados entre 2001 e 2003 que saiban nadar un mínimo de 25 metros sen axuda de material e que teñan ganas de aprender e divertirse co waterpolo.
En cada sesión haberá unha primeira parte teórica dunha unidade didáctica con vídeos e contados en inglés.
A parte de actividades acuáticas (waterpolo) estará relacionada cos contidos teóricos, tendo como principal compoñente o aspecto lúdico e que os alumnos adquiran uns coñecementos prácticos mínimos do waterpolo.
Antes da despedida haberá un pequeño almorzo: refrescos e barriñas de cereais.
Haberá dous grupos de nivel por idades: 8-9 e 10-11 anos.
O campus desenvolversase gracias a colaboración do Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo, Cocacola Bengano, Gadis e Feiraco.
A cota de inscrición será de 50 € por neno/a. A inscrición inclúe a participación nas 5 xornadas do campus, merenda e refrescos. Haberá un máximo de 40 prazas, polo que as inscricións se cubrirán por rigurosa orde de recepción da documentación.
Para inscribirse haberá que pagar a cota de inscrición e cubrir os datos da ficha de inscrición na oficina do Club Natación Galaico (R/Matos s/n – Complexo Deportivo Rías do Sur – Pontemuíños).
Para máis información podedes descargar o folleto informativo
Do 02-07-2012 ata o 27-07-2012
Lugar: Placeres (Lourizán).
Datas: do 2 ao 27 de xullo de 2012 (polas mañás).
Aberto o prazo de matrícula do Campamento de
[ampliar]Data Comezo : 02-07-2012
Data Remate : 27-07-2012
Lugar: Placeres (Lourizán).
Datas: do 2 ao 27 de xullo de 2012 (polas mañás).
Aberto o prazo de matrícula do Campamento de Verán en Inglés para nenos/as de 4 a 14 anos, que se levará a cabo no Colexio Sagrado Corazón de Placeres (Lourizán).
Flexibilidade nos horarios. Matrícula por quincenas ou todo o mes. Profesorado nativo e experimentado. Con actividades ao aire libre. Lúdico e divertido. Servizo de autobuses a diferentes horas.
+info: Peregrina, 14 - 1º Pontevedra. T. 986 86 05 86.
www.englishstudio.es - info@englishstudio.es
Do 02-07-2012 ata o 08-07-2012
Lugar: Instalacións Deportivas de A Xunqueira
Para nenos/as de 7 a 15 anos.
1ª semana do mes de Xullo (do 2 ao
[ampliar]Data Comezo : 02-07-2012
Data Remate : 08-07-2012
Lugar: Instalacións Deportivas de A Xunqueira
Para nenos/as de 7 a 15 anos.
1ª semana do mes de Xullo (do 2 ao 8).
Organiza: Falkatruadas e Portero 2000
Máis información e inscrición en:
http://portero2000campamento2.blogspot.com.es/
Do 06-07-2012 ata o 01-09-2012
Actividades de verán para mozos/as de 18 a 35 anos, do 6 de xullo ao 1 de setembro. Quendas de entre 13 e 14 días de duración.
Este programa permite
[ampliar]Data Comezo : 06-07-2012
Data Remate : 01-09-2012
Actividades de verán para mozos/as de 18 a 35 anos, do 6 de xullo ao 1 de setembro. Quendas de entre 13 e 14 días de duración.
Este programa permite coñecer a riqueza cultural, natural e patrimonial do noso territorio, establecer novas relaccións sociais e gozar do contacto coa natureza realizando actividades lúdicas, deportivas e de aventura.
Custo: 80-120 euros.
+ info: www.xuventude.net
Do 09-07-2012 ata o 15-07-2012
Lugar: Instalacións do parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial en Mourente
Para nen@s nados entre 1998 e 2003 (ambos
[ampliar]Data Comezo : 09-07-2012
Data Remate : 15-07-2012
Lugar: Instalacións do parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial en Mourente
Para nen@s nados entre 1998 e 2003 (ambos inclusive)
Campamento multidisciplinar centrado na modalidade atletica triatlón para neno/as entre 8 e 14 anos, todo o traballo realizarase de forma participativa, en microgrupos ou macrogrupos, aprobeitando as instalacións de Mourente e arredores en plena natureza.
Organizan en Colaboran:
Falkatruadas, Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e Federación Galega de Triatlón
Do 16-07-2012 ata o 22-07-2012
Lugar: Instalacións do parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial en Mourente
Idades: de 7 a 12 anos
Actividades predeportivas,
[ampliar]Data Comezo : 16-07-2012
Data Remate : 22-07-2012
Lugar: Instalacións do parque de Verán do Casino Mercantil e Industrial en Mourente
Idades: de 7 a 12 anos
Actividades predeportivas, Obradoiros, Grandes Xogos, Xogos con paracaídas, xogos de presentación e coñecemento, actividades culturais, xogos tradicionais,... fútbol, baloncesto, xogos predeportivos e cooperativos, con paracaidas... actividades de animación, concursos, veladas nocturnas, manualidades, actividades de piscina, etc.
Todo o traballo realizarase de forma participativa en microgrupos e macrogrupos, dentro e fóra das instalacións, aproveitando sempre os recursos da piscina e naturais da zona.
Organizan: Falkatruadas e Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Máis información en www.mercantilpontevedra.es
Do 30-07-2012 ata o 04-08-2012
O XIV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 30 de Xullo ao 4 de Agosto de
[ampliar]Data Comezo : 30-07-2012
Data Remate : 04-08-2012
O XIV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 30 de Xullo ao 4 de Agosto de 2012.
Os artistas invitados este ano son:
- Bai Ming (China)
- Txaro Marañón (Pais Vasco)
Máis información e contacto en www.ceramicnova.es
Do 01-08-2012 ata o 08-08-2012
Lugar: Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Datas: 1 e 8 de agosto de 2012.
Prazo de inscrición aberto.
Campamento de Xadrez para nenos/as
Data Comezo : 01-08-2012
Data Remate : 08-08-2012
Lugar: Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Datas: 1 e 8 de agosto de 2012.
Prazo de inscrición aberto.
Campamento de Xadrez para nenos/as de 7 a 15 anos. A parte do xadrez, durante o campamento os participantes poderán disfrutar das instalacións do Mercantil, nas que hai piscina, canchas de tenis e baloncesto, campo de fútbol, zonas verdes, etc. nas que disfrutar de calquer xogo ou actividade.
Organiza Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e a Escola de Xadrez Pontevedra.
Máis información en:
campamento@xadrezpontevedra.com
http://pontecampa.blogspot.com
www.xadrezpontevedra.com
webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.