A presentación de Ravachol e as Murgas marcan o inicio da semana do Entroido

19 de Febreiro de 2012

Logo da xornada de descanso do domingo, o programa do entroido regresa mañá con dous pratos tradicionais: a presentación do Loro Ravachol e a primeira eliminatoria do Concurso de Murgas.

O programa de actividades para estes días é o seguinte:


LUNS 20 DE FEBREIRO

• 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
• 19.30 horas Praza da Peregrina.
o Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Grupo Foula.
• 21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXI Concurso de Murgas

Os grupos que este ano participarán no Concurso de Murgas son:

Luns

  1. Os do Val do Lérez
  2. Equipo Ja
  3. Os Garoulos
  4. As máis plus

Mércores

  1. Instrumentalmente artistas
  2. La familia irreal
  3. Os de aquí
  4. Murga feminina
  5. Amoriños de Bora


MARTES 21 DE FEBREIRO

• 16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
• 17.00 horas Praza da Ferraría. Gran festa de entroido infantil. Animación infantil con Rivel e varios DJ
• 22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
• 00.00 horas Animación de rúa coas comparsas:
o Amoriños de Bora
o Solfamidas
o Os da Caña
o Os Canecos
o Clave de Sol
o Vamos a Todo

 

Apuntes

01-05-2012
Comeza Maio mes da Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría,

01-05-2012
Marcos da Portela, gañador do Concurso de maios

A praza da Ferraría viviu esta mañá un exitoso concurso de maios na que participaron 13 agrupacións e do gozaron ducias de persoas ao longo da mañá de hoxe. Os premios foron os seguintes: Premio ao maio 350,00 €: Maio Marcos da Portela. Premio ao maio 300,00 €: Asociación Cultural e Deportiva Campañó Premio ao maio

webmaster@pontevedra.eu | Páxina creada polo Concello de Pontevedra.