A praza do Teucro acolle este sábado a Aña Urbana

51

A praza do Teucro acollerá este sábado unha nova edición da Aña Urbana, que promoven as concellarías de Cultura e Festas en colaboración coa Asociación Cultural Trepia. A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro asegurou esta mañá que “esta asociación fai un traballo ímprobo por dar a coñecer unha parte importante da nosa cultura como é a música e o baile tradicional”.

O programa para este sábado é o seguinte:
• 11.00 horas. Apertura de stands da Feira Tradicional e da mostra de artesanía e agricultura ecolóxica. Tamén roteiro dos grupos polas rúas e prazas do casco vello.
• 13.30 horas. Xantar
• 17.00 horas. Obradoiro de baile tradicional.
• 18.00 horas. Obradoiro toques de leghón e canto tradicional.
• 19.00 horas. Actuacións dos grupos participantes.
• 20.30 horas. Serán urbano.
• 01.30 horas. Clausura

Ademais están previstas outras actividades paralelas como…
• Xoves, 12 de abril. Conferencia sobre a Aña e os traballos comunitarios da terra.
• Venres, 13 de abril. 20.30 horas. Na Galería Sargadelos. Presentación do libro Manuele… de pandeireta e canto tradicional.

A Aña Urbana é un encontro de música e baile tradicional no que os grupos participantes poden intercambiar experiencias e participaren man a man nunha mostra conxunta dos seus traballos e interpretacións do item cultural da aña. Con iso preténdese achegar ao ambiente urbano unha realidade sociocultural aínda viva, axudando á súa continuidade e proxección cara ao futuro.

Pode participar calquer asociación ou colectivo vencellado á música e o baile tradicional. Incluíndo agrupacións folclóricas ricas, grupos senlleiros e escolas de calquera nivel. Tamén se pode participar individualmente, nos obradoiros previos que organiza Trepia ou nas aulas abertas do propio día.