BSM
LEMBRA ...
BSM > Prestacións e axudas > Plan de Contutas adictivas

Plan de Contutas adictivas

En Pontevedra está ubicada o servizo de atención de Condutas aditivas, en colaboración ca Consellaría de Traballo e Benestar e o SERGAS.

 
O servizo está formado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias, Unidade de Día, por un lado e a Prevención de Condutas Aditivas por outro. A área asistencial atópase integrada funcionalmente no Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Xestión Sociosanitaria e Saúde Mental, dentro da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.
 
O servicio asistencial cubre un área supramunicipal (Pontevedra, Marín, Poio, Moraña, Forcarei, Cotobade, A Lama, Bueu, Barro, Campolameiro, Soutomaior, Vilaboa, Pontecaldelas e Cercedo).
 
O traballo neste eido complétase co Plan Municipal de Conductas Adictivas 2009-2012 que pretende coordinar os esforzos e recursos nesta materia.
 
Plan Municipal de Conductas Adictivas 2009-2012 (application/pdf 116.79 KB)
 
Prevención:
 
programa de prevención de condutas adictivas do Concello de Pontevedra ten un dobre obxectivo.
Por un lado, facilitar as condicións que apartan ás persoas dos problemas adictivos e, por outro, combater os factores de risco que os precipitan.
 
As actuacións adáptanse a cada nivel madurativo e abarcan os ámbitos escolar, familiar, xuvenil, laboral e comunitario. Ademais, os programas preventivos que se levan a cabo corresponden a algún dos seguintes niveis:
 
  • Prevención universal: dirixida a toda a poboación.
  • Prevención selectiva: dirixida a colectivos ou grupos onde están presentes factores específicos de risco.
  • Prevención indicada: dirixida a persoas que presentan a conducta en cuestión aínda que esta, polo momento, non supoña un problema.
 
 
Proxecto Home galicia:
 
Rúa Joaquín Costa núm. 64-1º
 
asociación rexurdir provincial:
 
Rúa Cruz Vermella 18 baixo
rexurdirprovincial@hotmail.com
986 858 254
 
Casa Azul:
 
r/ sor lucía 2, 2º andar 36002 Pontevedra
Teléfono / Fax: 986.85.14.89
Responsábel: Patricia González Martínez
pgonzalez@concellopontevedra.es