BSM
LEMBRA ...
BSM > Prestacións e axudas > Información e orientación

Información e orientación

 

Tanto desde o edificio administrativo do chalet Fontoira, en Xofre de Tenorio nº1 como desde a Casa Azul en Sor Lucía nº2, ofrécese toda á información que a cidadanía precise ao respecto das prestacións, axudas actividades, recursos e servizos que o Concello de Pontevedra pon a disposición do veciños e veciñas, destinados a mellorar a calidade de vida e o benestar individual e colectivo.
Ten a finalidade de informar sobre dereitos e recursos sociais, así como canalizar a demanda cara a outros servizos e prestacións.
 
A través deste Servizo, o profesional informa, orienta e asesora sobre dereitos e os recursos sociais existentes, técnica e confidencialmente, tanto de xeito individual, grupal ou comunitario.
Responde á necesidade de estar informado, para poder acceder e utilizar os recursos sociais e previr desigualdades no seu uso.
 
Diríxese a persoas, grupos ou institucións sobre os dereitos que poideran corresponderlles e sobre os recursos sociais existentes. Ofrece tamén asesoramento especializado sobre problemas sociais e a súa canalización, cando sexa necesario, ós servizos específicos.
 
Persoas ás que vai dirixido
 
Persoas empadroadas no Concello de Pontevedra