BSM
LEMBRA ...
BSM > Prestacións e axudas > Emerxencia social

Emerxencia social

O Concello dispón dunhas prestacións económicas de pagamento único, de carácter extraordinario e finalista, destinadas a aquelas persoas ou unidades familiares que precisen de apoios para acobertura de necesidades básicas ante situacións puntuais e sobrevidas de emerxencia social. Entre elas: axudas para alimentación e vestido básicos, cobertura de gastos necesarios para o disfrute e mantemento da vivenda ou aloxamento habitual, gastos relativos a atención sanitaria, non cuberta polos diferentes sistemas públicos...

 
Persoas ás que vai dirixido
 
Persoas que acrediten non dispoñer dos recursos suficientes cos que afronta-los gastos específicos de primeira necesidade, derivados de continxencias extraordinarias.