BSM
LEMBRA ...
BSM > Prestacións e axudas > Dependencia

Dependencia

A tramitación para a solicitude da situación de dependencia das persoas que obteñan a valoración de grado e nível de dita situación se fará no Chalet Fontoira, Xofre de Tenorio nº1.

Para iniciar o procedemento de valoración da situación de dependencia, necesario para o acceso ás prestacións recollidas na Lei 39/2006, de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, pode acudir á Oficina de Servizos Sociais do Concello, onde se lle facilitará información e asesoramento ademais dos formularios de solicitude e outra información sobre a documentación necesaria para o inicio do expediente administrativo.
 
Á documentación aportada polo solicitante, o Concello adxunta un Informe Social que realiza o Traballador Social da Oficina de Servizos Sociais e que se remite á Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, organismo con competencias na valoración do grao e nivel de dependencia e na resolución das prestacións do Plan Individual de Atención.
 

Procedemento de solicitude de dependencia ( Conselleria de benestar)