BSM
LEMBRA ...
BSM > OLA!

OLA!

Antes de nada, grazas por pararte neste espazo virtual da área de Benestar Social Municipal, un instrumento que agardamos che sexa útil e eficaz para as túas pescudas informativas.

 
Volcamos o máximo de información que nos permite o actual desenvolvemento do sistema virtual municipal, algo que paseniño irá medrando ata convertir esta web no referente da xestión dos recursos municipais destinados ás políticas de benestar, presididas polo concepto "Calidade Humana" como toda a nosa política de Benestar.
 
Somos conscientes que boa parte do noso traballo precisa do contacto persoal, da consulta directa entre as persoas que utilizan os servizos e os profesionais que os prestan, polo que nengún sistema non presencial pode substituir o contacto humano. Pero hai centos de informacións, propostas ou enlaces de interese que poñemos á túa disposición a través desta web que forma parte do conxunto de webs do Concello de Pontevedra.
 
Sabes que me tes ao teu dispor. Podes facerme chegar as túas suxestións pinchando aquí.
 
Un saúdo!
 
Carme Fouces Díaz
Concelleira de Benestar Social Municipal