Convenios asistenciais

105

Os convenios entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2007 cunha duración de catro anos, prorrogables ata seis por prórrogas anuais. A Xunta de Goberno Local aprobou a primeira delas.
O primeiro dos acordos atinxe a Cáritas Interparroquial para o mantemento do centro de transeúntes San Javier. O convenio contempla unha achega municipal anual de 25.000 euros coa correspondente actualización do IPC. Así, aprobouse a dotación dunha partida de 26.571,53 euros para este ano.
Prorrogouse tamén por un ano o convenio coa Conferencia Virxe Peregrina da Sociedade San Vicente de Paúl para o mantemento do centro semirrresidencial Calor y Café. Neste caso, a dotación anual é de 10.000 euros. A cantidade actualizada é de 10.628,61 euros.
O terceiro é o da fundación Monte do Gozo-Proxecto Home de Galicia e ten como fin actividades de rehabilitación de drogodependentes. A entidade percibirá 11.498,26 euros para prestar o servizo durante este ano.
Finalmente, anovouse o convenio coa Comunidade Franciscana de Pontevedra para o servizo de comedor de indixentes. A cantidade actualizada coa suba do IPC que os franciscanos percibirán durante este ano será de 9.990,89 euros.
A concelleira, Margarita Castejón, anunciou que nos próximos meses, coincidindo tamén co remate do período contemplado inicialmente, anovarase tamén outro convenio, asinado coa Fundación Alba para a atención de enfermos mentais.