BSM
LEMBRA ...
BSM > Colectivos > Infancia e familia

    Infancia e familia

    No seo das familias poden xurdir crises puntuais ou problemas de relación disfuncionais que xeran malestar entre os seus membros ou poñen nunha situación de risco ás persoas máis vulnerables, como son os menores de idade. Estas situacións poden ser tratadas polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais a través do Programa de  Atención Familiar.

    O equipo de profesionais que compoñen o Programa de Atención Familiar son Traballadores/as  Sociais, Psicólogos/as, Educadores/as que, tras unha valoración e diagnóstico da situación, elaboran  e desenvolven plans de intervención individualizados orientados á consecución dunhas condicións que garantan ós menores unha atención e desenvolvemento axeitados no propio medio familiar.

     

    Obxectivos do Programa
     
    • Valorar situacións de desprotección de menores
    • Analizar o entorno relacional das familias e previr situacións de risco no seo familiar que afecten ós seus membros e impidan o seu desenvolvemento integral
    • Reducir e/ou eliminar os factores de risco que poidan afectar ós menores no seu medio familiar e social
    • Apoiar á  familia na súa labor educativa tendente á  adquisición de habilidades para a análise e resolución das dificultades.
    • Acompañar aos menores na integración no ámbito escolar e social, reducindo condutas de absentismo escolar.
    • Apoiar ás figuras que se encargan dos coidados e atención dos menores, reforzando o propio rol coidador e mellorando o benestar dos adultos e menores da familia.

     

    Persoas ás que vai dirixido

    Familias nas que se detectan dificultades e/ou sufrimento nos menores, e nas que as persoas encargadas dos coidados precisen de orientación e apoio para dar resposta á situación.