BSM

O Concello renova o seu compromiso co Fondo Galego de Coooperación

O Concello de Pontevedra volve a colaborar co Fondo Galego de Cooperación ao asinar o convenio marco anual coa Federación Galega de Municipos e Provincias (Fegamp), e polo cal fai unha achega anual de 15.000 euros.
Ademais desta financiación, tamén é habitual que Pontevedra faga achegas puntuais a chamamentos de emerxencia como o caso de Haití ou a que está prevista aprobar para Palestina.
O Concello segue comprometido ca axuda exterior que está a realizar o Fondo cos países empobrecidos xa que segue a ser consecuencia do mesmo sistema que agora a esmaga Galiza e a outros países de Europa.
Ademais das achegas económicas, o Concello de Pontevedra apoia e participa en todas aquelas accións de sensibilización que o Fondo Galego de Cooperación pon en marcha

Casa Azul

 

É o espazo máis multifuncional de Benestar Social Municipal. Neste edificio da rúa Sor Lucía, en pleno Centro Histórico, conflúen múltiples actividades abertas a toda a cidadanía e tamén a colectivos específicos, polo que se bautizou recentemente co nome de Casa Azul En Vivo. Tamén teñen alí a sede diversos servizos como o programa de atención as familias, plan municipal de condutas adictivas, redeaxuda,... e entidades non gubernamentais vencelladas ao benestar da cidadanía, como o Secretariado Xitano, Meniños, etc.
 
 

LEMBRA ...