Bicis e reforma urbana

— De 10 anos a esta parte, Pontevedra vive unha grande transformación urbana. Numerosas iniciativas relacionadas co novo deseño da cidade, fixeron da capital un ámbito especialmente apto para os desprazamentos en bici.

— As Zonas 30 pemiten a utilización conxunta dos mesmos espazos para bicis e automóbiles en condicións de seguridade.

— As áreas de coexistencia de tráficos peonís, rodados e motorizados son espazos de seguridade para todas e todos.

— As zonas peonís implican que as bicis podan circular con total libertade, se ben os usuarios deben ser extremadamente respetuosos co tráfico de peóns.

— A dimensión dos carrís para a circulación de automóbiles implica unha condución máis coidadosa e acaída para os ámbitos urbanos, nos que se desenvolven actividades para as que os excesos dos automóbiles poden resultar molestos.

— As plataformas únicas axúdannos a que os desprazamentos non motorizados podan realizarse con maior comodidade.

— Os pasos de cebra elevados impiden aos automóbiles coller velocidade, aumentando significativamente a seguridade de peóns e ciclistas.

— Bolardos, almenas e outros elementos do mobiliario urbano supoñen que os automóbiles non invadan zonas que están reservadas para os tránsitos sen motor.

— Un alumeado público ben dimensionado e potente supón unha maior seguridade para todos, incluidos os usuarios da bici.

— Na actualidade, o Concello traballa no deseño de novos carrís bici en zonas nas que a circulación de automóbiles supón unha posíbel amenaza para os usuarios da bici.

— As duas novas pontes que na actualidade se constrúen sobre o Lérez levan carrís bici; nun caso para comunicar Monte Porreiro con Lérez e noutro, o da Ponte das Correntes, para conectar o centro da cidade coa Xunqueira de Alba. Neste último púxose como unha das principais condicións de deseño a circulación das bicis por un carril específico, así como a conexión dos paseos non motorizados de Domingo Fontán e a Avda. do Uruguai.

A CIDADE DAS BICIS

Nos últimos anos fomos facendo todo o posíbel por que Pontevedra fose unha cidade máis amigábel, máis segura e máis accesíbel. Grazas a ese esforzo, a bici pode xogar un gran papel na mobilidade urbana.

Sei que aínda falta moito por facer, pero se cada un de nós poñemos da nosa parte, nun futuro próximo seremos a cidade das bicis e convertirémonos, como xa fixemos noutros ámbitos, nun modelo a imitar.

Que desde o Concello nos esforcemos en brindar todo o apoio ás bicis non é suficiente. Temos que implicarnos todos e todas. Os que andan en bici, mantendo unha prudencia madura e intelixente. Pola súa propia seguridade, e sobre todo, pola comodidade dos peóns, que en nengún caso poden sentirse amenazados polas bicis.

E os que andan en coche, extremando as precaucións, porque en Pontevedra cada vez haberá máis bicis exercendo o seu dereito de circular polas vías públicas en boas condicións de seguridade.

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde de Pontevedra

Respecta aos peóns

— Sempre que circules por zonas peonís, respecta a preferencia de paso dos peóns

— Adecúa a túa velocidade á afluencia de persoas, sen sobrepasar nunca os 10 km/h

— En caso de que a rúa estea moi concorrida, valora a convenencia de baixarte da bici e circular a pé até que a densidade de xente diminúa. Enténdese que existe aglomeración cando non sexa posible conservar 1 m. de distancia entre a bicicleta e os peóns que circulen pola mesma vía, ou circular en liña recta 5 metros de maneira continua.

— Evita sempre facer calquera manobra que poida afectar á seguridade dos peóns

— Respeita a distancia de 1 m de separación dos peóns

— Evita circular a menos de 1 m das fachadas con portas, e dos automóbiles estacionados en fila


Comparte espazos

No caso de non dispor de carris bicis ou zonas 30, podes circular en bici por:

     — Beirarrúas, andéns e paseos de máis de 5 metros de ancho.

     — Parques públicos e áreas peonís.

     — Zonas de prioridade invertida nos dous sentidos de circulación.

A rota máis segura

— No intre de deseñar o teu itinerario, procura a zona máis doada, en función das pendentes e o tráfico

— No interior do casco urbano, case todas as rúas teñen tránsito de convivencia ou velocidade limitada a 30. Procura ir por elas

— Nas vías que soportan máis cantidade de coches (especialmente as que arrodean a cidade) hai que circular con maior precaución, debido ás características do tránsito, se ben en amplas zonas o tráfico está calmado e a circulación en bici resulta bastante segura

— Actualmente está a deseñarse a ampliación dos carrís bici existentes para incrementar a seguridade

Se vas en coche...

— Non rebases os límites de velocidade en zona urbana e en Zona 30

— No casco urbano, presta especial atención ás bicis, que comparten espazo cos automóbiles nas mesmas condicións e coas prevencións definidas nas normas de tráfico

— Deixa sempre un espazo lateral mínimo de 1,5 m entre o teu coche e a bici

— Garda unha distancia de seguridade de 3 m tras unha bici

— A bici circula por un carril ocupando o mesmo espazo que un automóbil, polo que debes adiantala facendo uso de outro carril cando a vía e as circunstancias do tráfico o permitan (por exemplo Av. Uruguai, Eduardo Pondal, Fernández Ladreda, Paseo Colón, etc.)

— Nunca adiantes a unha bici nun carril único de circulación en zona 30 (tipo Sagasta, Benito Corbal, Pardo Bazán, etc.)

— Mira ben ao exterior (incluído polo retrovisor) antes de abrir unha porta do coche, por se ben unha bici... lembra que non fai ruído e móvese lixeira en relación a un peón.

No rural

— É obrigatorio levar casco

— Non xogues na estrada; para eso debes ir a zonas sen vehículos

— Circula pola dereita, o máis próximo ao borde exterior dereito da vía

— Se vas en grupo, o normal é circular en fila índia, se ben a veces pódese ir en paralelo, dependendo do ancho da vía e das circunstancias do tráfico

— É mellor non utilizar a bici de noite. Pero se se fai, debes levar roupa clara e elementos refrectantes

— Debes respectar os sinais de tráfico, xa que es parte dél

Con seguridade

— Se nalgún momento os automóbiles che provocan inseguridade, non dubides en utilizar os pasos de peóns.

— Na cidade non é obrigatorio o casco, pero é aconsellábel

— Nas vías do rural, si é obrigatorio o casco

— Se circulas de noite, é obrigatorio o uso de alumeado diante e detrás

— A bici debe ter un timbre para facerte escoitar cando sexa preciso

— Ollo! non podes xogar coa bici pola rúa. Só en lugares apropiados (parques ou zonas deportivas axeitadas)

— Se vas en grupo, circulade en fila india

— Non utilices auriculares. Poderías non escoitar as advertencias dos demáis usuarios da vía

— Non te cargues con cousas que podan molestarche. Utiliza para eso cestas ou mochilas.


Manobra con sentidiño

— Cando teñas que adiantar, cambiar de dirección, etc, faino progresivamente e con seguridade

— Para facer calquera manobra, como incorporarse a circulación ou xirar a dereita ou a esquerda, debes:

     — Mirar se podes facelo.

     — Sinalizar a manobra co brazo esquerdo.

     — Asegúrate de que os demáis implicados te viron

     — Realiza a manobra, se estás seguros de que non hai perigo.

Sinaliza ben

Sempre se sinaliza co brazo esquerdo, e mais visíbel para os outros conductores, e sen soltar o manillar coa man dereita:

     — Brazo esquerdo estendido: Xiro a esquerda.

     — Brazo esquerdo dobrado en ángulo recto: Xiro a dereita.

     — Brazo estendido cara ao chan: reducir velocidade ou deterse

Respecto ás normas

— Circula sempre con prudencia

— Na maior parte das vías de carril único do centro da cidade, debes circular polo medio do carril, ocupando o espazo dun automóbil

— Se circulas excesivamente perto da dereita, o condutor do coche pode interpretar que o deixas adiantar e acabar supoñendo un perigo para ti

— Nas vías con varios carrís, debes circular polo máis próximo á beirarrúa, ou á dereita, pero podes ocupar a parte central do carril

— Garda unha distancia de seguridade cos coches de diante de alomenos 3 m

— Fai caso dos semáforos e a sinalización de tráfico

— Utiliza os pasos de peóns cando o vexas necesario


Compartes bici?

Podes levar un remolque na túa bici para transportar persoas, animais ou mercadorías; este remolque debe estar homologado. O condutor ten que ser maior de idade e asume toda a responsabilidade sobre o contido do remolque.

Na bici individual podes levar, baixo a túa responsabilidade, a un ou unha menor de 7 anos nun asento adicional e cun casco homologado, sempre que sexas maior de idade.

Que é PontenBici?

É un conxunto de medidas de fomento do transporte en bicicleta impulsadas polo Concello de Pontevedra dentro das medidas por un novo modelo de Mobilidade.

A reforma urbana e as accións de calmado do tráfico rodado están a facer posíbel dispoñer cada vez de máis espazos públicos compatíbeis co uso da bicicleta, un medio de transporte sustentábel, saudábel e respetuoso co medio ambente.

O impulso da cultura da bici inclœe novos aparcadoiros para bicis particulares, o sistema de préstamo de bicis, novos carrís específicos naquelas zonas nas que sexan necesarios e medidas divulgativas para ciclistas, condutores e peóns sobre o uso da bici en espazos públicos.

Aparcar a bici

— Pontevedra ten xa un importante número de aparcadoiros deseñados exclusivamente para as bicis, estacionamentos que van extendéndose por todo o ámeto urbano.

— Aconséllase non atalas ás árbores ou ao mobiliario urbano, especialmente cando poda molestar á dinámica urbana ou danar á natureza.

— Non se pode aparcar en saídas de emerxencia, zonas de carga e descarga, estacionamentos reservados para persoas con discapacidade, paradas de autobús, pasos de peóns, accesos a hospitais ou ambulatorios e espazos do Pillabici.

— Deixes donde a deixes, sempre debe quedar un paso de alomenos 3 m para os peóns

As bicis en Pontevedra

A maior parte da cidade de Pontevedra é un espazo seguro para as bicis.

Os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís, motorizados ou non, que se levaron a cabo nos últimos anos fan que a cidade sexa un escenario idóneo para este medio de transporte.

Áreas como o Centro Histórico e peonil, Alameda-Palmeiras, e as comprendidas no interior do perímetro das avenidas de Uruguai, Bos Aires, José Malvar, 12 de Novembro, Eduardo Pondal, Estación, Fernández Ladreda, Marín e Corbaceiras considéranse zonas de circulación segura para as bicis.

Tamén o eixo Av. da Coruña - Juan Bautista Andrade, o interior do Campus, o interior de Monte Porreiro e algunhas das vías semiurbanas que comunican ésta co centro da cidade.

É moi doado e agradábel pasear en bici polas sendas do Lérez e o Gafos, Illa do Cobo ou das Esculturas, Xunqueira de Alba, Domingo Fontán.

O Concello está na actualidade estudando creación de novos carrís bici urbanos, sobre todo para a conexión co campus. Ollo! —Por que o carril bici de Loureiro Crespo?

Algunha xente non entende a utilidade dun carril tan curto (apenas 500 m) no centro da cidade, nunha zona de tráfico calmado. O novo ordenamento no tráfico na zona central determina a circulación única de saída en Loureiro Crespo, zona Hospital.

O carril bici facilita a entrada desde o leste (Av. Lugo, O Castañal, J.Carlos I, A Parda...). Se non fose por él, os usuarios da bici terían que baixar ao río ou dar unha volta por Eduardo Pondal para chegar ao centro da cidade.

Que é PillaBici?

É o servizo municipal de prestamo de bicicletas gratuito promovido polo Concello de Pontevedra dentro do Plan Pontenbici, realizado en convenio de colaboración co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) e que se engloba na Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (E4) e no Plan de Acción 2005-2007 medida de maior participación dos medios colectivos do transporte por estrada do IDAE (Instituto de Desenvolvemento e Aforro Enerxético).

Horario de funcionamento

  • De lúns a venres de 8,30 a 20,30 h
  • Sábados de 9 a 20,30 h
  • Domingos de 10 a 20,30h
  •  
  • Sen servizo días festivos, semana da Peregrina e o día da Feira Franca

Quen pode ser usuaria-o ?

Todas as persoas maiores de idade que se dean de alta no servizo. E os menores de idade que teñan 14 anos cumpridos ou máis, con autoriación expresa da nai, pai ou titor/a legal

Como te das de alta ?

  • 1

    Recolle a folla de inscrición no Concello ou descarga-la dos seguintes links:

  • 2

    Cubres o impreso despois de ler ben as normas de uso
     

  • 3

    Presentas a solicitude, cunha copia do DNI (ou os menores con autorización)

  • 4

    Enviámosche a tarxeta á casa ou decímosche onde podes recollela

Como retiras a bici ?

  • 1

    Seleccionas a bici que desexas pillar
     

  • 2

    Achegas a túa tarxeta ao panel de información do Pillabici
     

  • 3

    Tecleas o PIN. Podes cambiar o teu PIN seleccionando "Cambiar PIN"

  • 4

    Elixes no panel o número da bici que queres utilizar
     

  • 5

    Aceptas que a bicicleta que utilizas está en condicións óptimas de uso

  • 6

    Aceptas as normas de utilización
     

  • 7

    Retiras a bicicleta en 30 segundos, liberando o frontal da bicicleta cun leve empurrón cara atrás

Como retiras a bici ?

  • 1

    Achegas o manillar a calquera dos candados libres do punto elexido

  • 2

    Comprobar que a bicicleta quede bloqueada polo candado anter de marcharte

  • 3

    No suposto de non ter candado libre, chamar ao teléfono de incidencias e averias para resolvelo canto antes (Tlf. 662 072 243)

    Lembra comprobar que a bicicleta queda
    bloqueada polo candado antes de marcharte

Canto tempo podo utilizar a bici?

  • - Cada utilización da bici limítase a dúas (2) horas. Antes en calquera das estacións do servizo
  • - Cinco minutos despois pode volver a utilizarse
  • - Media hora antes de que remate o servizo, non se poden retirar bicis das estacións de préstamo, pero sí devolver a bicicleta

Casos de inhabilitación para o uso do servizo

  • Retraso de menos dunha hora > Inhabilitación de 24 horas
  • Retraso de entre 1 e 8 horas > Inhabilitación de 2 días naturais
  • Entrega posterior á hora de peche > Inhabilitación de 3 días naturais
  • Retraso de entre 8 e 24 horas > Inhabilitación de 7 días naturais
  • Retraso superior a 24 horas > Inhabilitación de 30 días naturais

En caso de furto ou roubo da bici

  • - Denuncialo canto antes na Policía Nacional (Rúa Joaquín Costa)
  • - Notificalo inmediatamente, e en todo caso antes das 12 horas seguintes no teléfono de avarís e incidencias
  • - Presentar no Concello de Pontevedra no prazo máximo de 24 horas copia da denuncia realizada ante a Policía. No caso de non presentar esta denuncia causará baixa do servizo durante 5 anos, e ademais será obxeto dunha sanción económica tipificada como moi grave

Sección en desenvolvemento

Tendas e Reparacións

  • Manuel Otero Bicicletas
    Venta de bicicletas e mantemento das vendidas no propio establecemento
    R/ Sagasta, 18 - baixo - 36001 - Pontevedra
    T. 986 859 835
    oterobikes@gmail.com
    Horarios de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 de luns a venres
    Horarios de 10 a 14 h. os sábados


  • Bicicletas Moto Bike
    Venta e mantemento de todo tipo de bicicletas
    Camiño Vello de Castela, 4 - 36001 - Pontevedra
    T. 986 864 419
    nacho@motobikepontevedra.com
    http://www.motobikepontevedra.com
    Horarios de 10 a 13,30 e de 17 a 21 de luns a venres
    Horarios de 10 a 14 h. os sábados