Pontevédrate...

O Pazo de Mugartegui é unha propiedade do Concello de Pontevedra cedido como sede da Denominación de Orixe Rías Baixas

Preguntas frecuentes relacionadas co Urbanismo


Como podo saber se un local ten Licenza Municipal?
Se é posterior ó ano 1988 no Servizo de Urbanismo (Rúa Churruchaos, núm.2, tlf.- 986 804300, ext. 7513-7514), se é anterior no Arquivo Municipal (Casa do Concello, tlf.- 986 804300, ext. 4244).

Que se precisa para un cambio de titularidade dunha licenza de actividade?
- Copia da licenza de apertura anterior
- Fotocopia do DNI, NIE ou CIF do anterior titular
- Fotocopia do DNI, NIE ou CIF do novo titular
- Escritura da Sociedade, poder, documento acreditativo da presentación
Para máis información, pode poñerse en contacto co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, núm.2. Tlf.- 986804300. Ext. 7513-7514.

O Concello ten axudas para rehabilitación?
Na Área de rehabilitación de Estribela, no Teatro Principal, 3º Andar. Tlf.- 98604300, ext. 4820-4822

Podo pechar ocos nun local cunha Licenza de Obra Menor?
Non se pode. Para máis información, fale co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, núm.2. Tlf.- 986804300. Ext. 7513-7514

Podo colocar un aparello de aire acondicionado na fachada exterior?
Non se pode. Máis información, fale co departamento de Licenzas Urbanísticas. Rúa Churruchaos, núm.2. Tlf.- 986804300. Ext.7513-7514

Pódense tirar ou modificar tabiques cunha licenza de obra menor?
Non se pode modificar a distribución da vivenda ou local con obra menor xa que se trata dunha modificación da estrutura arquitectónica do inmoble.

Quero saber se o meu solar é edificable, como fago?
Pedindo cita cun técnico municipal. Para axilizar e conveniente aportar plano do mesmo. Tlf.- 986 804 300, ext. 4221

Teño dúbidas sobre a numeración da miña casa, como podo sabela?
Se precisa un certificado, solicitándoo no Rexistro Xeral, se precisa información verbal, no Servizo de Topografía do Concello. Praza de España. Tlf.- 986 804300. Ext:7555

Como fago para contactar co Concelleiro de Ordenación do Territorio?
Directamente pode solicitar unha cita na rúa Churruchaos, 2. Tlf.- 986 804 320,

Como fago para contactar co Concelleiro de Xestión Urbanística?
Directamente pode solicitar unha cita rúa Michelena,3 Terceiro Andar.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.05.2008 polo Concello de Pontevedra.