Pontevédrate...

Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, ten a súa sepultura na Igrexa de San Francisco

Obra Menor, definición e documentación a achegar

Obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de todas as clases.

En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención, os peches con muros de fábrica de calquera clase, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

Documentación que debe achegarse

• Persoa Física: fotocopia do Número de Identificación fiscal (NIF/ NIE/ Permiso de Residencia) do/a solicitante. No caso  de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do/a representante e do/a solicitante, coa autorización escrita deste/a último/a ou copia de poder para representalo/a.

• Persoa Xurídica: a persoa que asina a petición achegará a documentación acreditativa da súa    representación e da constitución da entidade representada.

• Xustificante acreditativo do ingreso da autoliquidación das taxas correspondentes.

• Documentación acreditativa da referencia catastral.

• Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra.

• Orzamento desglosado das obras que se pretenden executar.

• Plano de estado actual e plano de estado reformado.

• Fotografías do estado actual do inmoble.

• Fotocopia dos títulos de propiedade.

• Copia da licenza de primeira ocupación,  edificación e/ou apertura.


    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 26.04.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 30.09.2008 polo Concello de Pontevedra.