Pontevédrate...

O Museo de Pontevedra ten 6 edificios. Os 5 primeiros teñen nome: Castro Monteagudo, García Flórez, Sarmiento, Fernández López e as ruinas de Santo Domingo

Axudas na AR do Conxunto Histórico de Pontevedra

O día 4 de outubro de 2012 o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Presidente do IGVS, acorda declarar Área de Rehabilitación ao ámbito do Conxunto Histórico de Pontevedra.

Esta declaración constitúe unha peza básica para a recuperación e rexeneración do casco antigo da cidade, xa que aporta a posibilidade de recuperar o tecido predominante na zona, o residencial. Isto mellorará as condicións de habitabilidade das vivendas e promoverá a ocupación daquelas que foron nos últimos anos abandoadas, o que suporá un aumento do censo da zona, da actividade social nas rúas e a mellora dos servizos esenciais.

Trátase pois, de promover a cultura da rehabilitación, mediante o mantemento dos oficios tradicionais e o fomento do emprego.

Na actualidade, o financiamento das actuacións está pendente de aprobación pola Comisión Bilateral de Vivenda, se ben, o IGVS prevé actuacións nesta Área de Rehabilitación, nunha primeira fase, a partir do programa -obxectivos 2012.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.03.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.10.2013 polo Concello de Pontevedra.