Pontevédrate...

O caserón dos Cruu e Montenegro, na praza de Méndez Núñez era centro da vida intelectual de finais do SXIX. Valle Inclán formouse na Biblioteca dos Muruais, que vivían neste edificio

Axudas para a rehabilitación enerxética de edificios existentes do sector residencial do IDAE

O obxecto deste programa é o de incentivar e promover a realización de actuacións integrais que favorezan o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables nos edificios existentes do sector residencial (uso vivenda e hoteleiro).

Son actuacións subvencionables as que se encadren nalgunha/s destas tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas e de iluminación, substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas e substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica nas instalacións térmicas.

A contía máxima das axudas determinarase en función da tipoloxía da actuación.

Estas axudas son incompatibles con calquera outra concedida, para a mesma finalidade, por calquera Administración pública, organismo ou ente público, nacional ou internacional, e, de xeito específico, coas previstas nos programas establecidos no RD 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal 2013-2016.

O prazo para solicitar estas axudas vai dende o 02/10/2013 ata o 30/10/2015, a solicitude está dispoñible na páxina web do IDAE http://www.idae.es

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 26.09.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 30.06.2014 polo Concello de Pontevedra.