Pontevédrate...

O Pazo de Mugartegui é unha fermosa edificación dos séculos XVII e XVIII, un exemplo arquitectónico urbano do barroco galego

Plan Estatal 2013-2016

O Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, está regulado no Real decreto 233/2013, do 5 de abril.

As axudas previstas neste Plan consisten en subsidiacións de préstamos convidos e subvencións orientadas a fomentar as actuacións que se enmarquen nalgún dos seguintes programas en que se estrutura o Plan, sempre que se cumpran os requisitos que se esixan e dentro das disponibilidades presupuestarias existentes:

1. Programa de subsidiación de préstamos convidos
2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda
3. Programa de fomento do parque público de vivenda en aluguer
4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria
5. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas
6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios
7. Programa para o fomento de cidades sostibles e competitivas
8. Programa de apoio á implantación e xestión do Plan

Liñas básicas de rehabilitación

Serán actuacións protexibles as obras de rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares no medio rural, e en vivendas ou edificios de vivendas no ámbito dunha área de rehabilitación declarada conforme o procedemento previsto no decreto de referencia, así como as promocións de vivenda que estean, ou estiveran, acollidas ao réxime de promoción pública, e as actuacións de rehabilitación de carácter illado acollidas ao Plan estatal de fomento de alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, posibilita a implantación en Galicia deste Plan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a futura publicación dunha orde tras a sinatura do convenio de colaboración para a implantación do plan en Galicia.

Con data 05/09/2014 asinouse o convenio de financiamento entre a Xunta de Galicia e o Ministerio  de Fomento, para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (DOG núm. 206 do martes, 28 de outubro de 2014). O Plan estará operativo en canto o Ministerio de Fomento publique no BOE a orde correspondente.

Solicitudes

O IGVS xa está tramitando as ordes polas que se convocan as axudas, as solicitudes poderán presentarse unha vez entren en vigor ditas ordes.

No obstante, xa poden presentar a solicitude de visita de inspección previa á solicitude oficial das axudas económicas, que levará a cabo a Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do mesmo. A solicitude pódena recoller na Oficina de Rehabilitación sita na r/Don Filiberto, s/n (Edificio do Teatro Ppal, 3º andar) ou ben descargala nesta web.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 11.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 21.10.2013 polo Concello de Pontevedra.