Pontevédrate...

A igrexa do Convento de Santa Clara é da segunda metade do S XIV, de estilo gótico, con reformas posteriores e varios retablos barrocos

Axudas na ARI do Conxunto Histórico de Pontevedra

O día 4 de outubro de 2012 o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Presidente do IGVS, acorda declarar Área de Rehabilitación ao ámbito do Conxunto Histórico de Pontevedra.

Esta declaración constitúe unha peza básica para a recuperación e rexeneración do casco antigo da cidade, xa que aporta a posibilidade de recuperar o tecido predominante na zona, o residencial. Isto mellorará as condicións de habitabilidade das vivendas e promoverá a ocupación daquelas que foron nos últimos anos abandoadas, o que suporá un aumento do censo da zona, da actividade social nas rúas e a mellora dos servizos esenciais.

Trátase pois, de promover a cultura da rehabilitación, mediante o mantemento dos oficios tradicionais e o fomento do emprego.

Con data 05/09/2014 asinouse o convenio de financiamento entre a Xunta de Galicia e o Ministerio  de Fomento, para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. O Plan estará operativo en canto o Ministerio de Fomento publique no BOE a orde correspondente.

Solicitudes

O IGVS xa está tramitando as ordes polas que se convocan as axudas, as solicitudes poderán presentarse unha vez entren en vigor ditas ordes.

No obstante, xa poden presentar a solicitude de visita de inspección previa á solicitude oficial das axudas económicas, que levará a cabo a Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do mesmo. A solicitude pódena recoller na Oficina de Rehabilitación sita na r/Don Filiberto, s/n (Edificio do Teatro Ppal, 3º andar) ou ben descargala nesta web.

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 21.10.2013 polo Concello de Pontevedra.