Pontevédrate...

Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, ten a súa sepultura na Igrexa de San Francisco

O Punto Limpo

A cidade de Pontevedra dispón dun punto limpo destinado á recollida de certos tipos de residuos sólidos urbanos xerados por particulares, no polígono industrial do Campiño, dentro das instalacións da concesionaria de recollida de lixo, Cespa.

O punto limpo está aberto ao público de martes a venres en horario de mañá e tarde e os sábados pola mañá (de 9 a 13 horas). Os luns estará pechado para a cidadanía porque realizará labores de xestión dos residuos recollidos coas distintas empresas autorizadas para o seu tratamento ou reciclaxe.

Pódense levar residuos como disolventes, pinturas, aerosoles, pilas, baterías de coche, vernices, aceites, enseres, restos metálicos, residuos informáticos, electrodomésticos, fluorescentes ou mesmo entullos de obra, sempre que sexan residuos domésticos e non correspondentes á actividade de ningunha empresa.

A pesar da existencia de colectores específicos na rúa, admite tamén papel, vidro e envases, pero non así os restos orgánicos que deben seguir a depositarse nos colectores xenéricos.

Este servizo complementa á recollida, porta a porta, de residuos voluminosos previa chamada telefónica. Está a disposición dos veciños os teléfonos da empresa concesionaria: 986 850225 para a atención ao público e, ademais, o 986 876048 para o novo punto limpo.

O punto limpo é gratuíto e dispón de persoal encargado da recepción dos residuos.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 18.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.