Pontevédrate...


Ciclo da Auga

Os Servizos Públicos Municipais de Auga e Saneamento conforman unha estrutura que fai posíbel unha eficaz e sustentábel xestión das augas, desde que se recollen do río Lérez, se depuran, se distribúen aos domicilios e aos concellos veciños.

Unha vez utilizada, a auga suxa recóllese a través do sistema de saneamento público, condúcese á depuradora de Lourizán e devólvese ao mar nas mellores condicións.

Actualmente está en marcha un ambicioso plan de mellora do sistema de captación para todos os concellos da ría, e están a piques de rematar os traballos de saneamento nas últimas parroquias que quedaban sen él, normalmente as máis alonxadas do centro urbano. As obras en curso permitirán disfrutar deste servizo tamén á pequena porcentaxe da poboación que aínda queda por conectar.

A empresa Aquagest xestiona este servizo. Ten a súa sede na rúa Padre Sobreira. Tlf. 986 863 335

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 27.08.2016 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.09.2011 polo Concello de Pontevedra.