Pontevédrate...

O Convento de Santa Clara edificouse extramuros, na parte exterior da porta de Santa Clara, no Camiño de Castela

Publicacións sobre educación viaria

Unha das actividades que se realizan con frecuencia é a publicación de material relacionado coa seguridade viaria, especialmente folletos divulgativos realizados baixo o lema "Eu son móbil e teño unha cabeza", dirixido ao público escolar, ou os editados co gallo da circulación en rotondas, dirixido a conductores de vehículos a motor.

Unha das iniciativas de máis éxito foi a publicación da novela de Fina Casalderrey "Unha pulga, 5 amigos e un tándem", dirixida ao público xuvenil e que foi realizada por encargo do Concello, baixo a temática da seguridade viaria, implicando a literatura neste tipo de campañas, e abríndoas a novos códigos de comunicación. Neste momento está xestionándose a publicación dunha segunda novela, tamén con autoría dunha escritora de prestixio invitada polo Concello.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 23.05.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.09.2011 polo Concello de Pontevedra.