Pontevédrate...

A fonte da Ferraría foi colocada donde está agora, en 1930, xa que antes estaba no centro da praza

Actos especiais de Educación Viaria

Tanto ao inicio como ao remate da campaña de Educación Viaria teñen lugar actos específicos de inauguración e clausura, coa participación de alumnos e alumnas dos colexios participantes, así como persoas que participaron nas sesións, representantes de entidades implicadas na seguridade viaria e responsables políticos municipais, normalmente encabezados polo Alcalde.

Estes actos teñen normalmente lugar no Teatro Principal ou no Pazo da Cultura, e están amenizados por algún grupo de teatro ou espectáculos de maxia, que adaptan o seu contido á temática da seguridade viaria. Normalmente, participan sobre 500 alumnos de 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato dos colexios e institutos da cidade.

Entre outras persoas, solen tomar parte nestes actos un colaborador habitual do Concello en materia de seguridade viaria e tamén de accesibilidade, Paulo Fontán, presidente da Asociación Amizade, integrada na Coordenadora Galega de Minusválidos. Tamén participa con frecuencia a delegada da Asociación Stop Accidentes en Galiza, Jeanne Picard.

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.08.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.11.2009 polo Concello de Pontevedra.