Pontevédrate...

O arqueiro grego Teucro, segundo a lenda, fundou a cidade de Pontevedra durante a súa viaxe a occidente tras a guerra de Troia

Actividades Complementarias

A Campaña de Educación Vial deste ano conta con algunhas actividades que complementan e amplían o público ó que se destina.

  • BUS PEDESTRE / CAMIÑO SEGURO
Acto dirixido ós profesores, ANPAS e asociacións có obxectivo de presentar o proxecto proposto por Pilar Monterrubio.

O seu plantexamento consiste en concienciar ós pais de que leven ós nenos camiñando ás escolas có fin de evitar a masificación de vehículos nas entradas dos colexios e inculcando nos rapaces valores de responsabilidade e educación vial.
  • II PEDALADA POLA CIDADE
Dirixida ós centros escolares e pensada para tódalas idades. O obxectivo é percorrer a cidade en bicicleta.
  • CONCURSO DE MENSAXES SMS CURTOS
Os alumnos de educación primaria e secundaria deberán realizar mensaxes curtas de SMS sobre seguridade viaria felicitando o Nadal ós seus familiares e amigos.
  • CONCURSO DE REDACCIÓN DE CARTAS
Os alumnos de 5º de educación primaria escribiranlle cartas a seus pais coas que lles tentarán transmitir a importancia da Seguridade Viaria.

Ó gañador do concurso recibirá unha bicicleta como premio.
  • CONCURSO DE SPOTS PUBLICITARIOS
Dirixido ós alumnos de 4º da E.S.O., 1º  e 2 de Bacharelato consiste na realización de spots publicitarios ou videos curtos.
  • COLABORACIÓN CON CENTRO ARELA
Esta colaboración consiste nunha charla dirixida ós xóvenes do Centro de Día ARELA de Pontevedra que cumpren medidas reformadoras en réxime aberto.

Son menores da cidade e de localidades da parte norte da provincia relacionados con infraccións derivadas do mal uso dos seus ciclomotores e que serán futuros conductores.
  • CHARLAS
  1. Dirixidas a persoas da terceira idade: Para falar de alcol, medicamentos, desprazamentos, somnolencia...
  2. Dirixidas a mulleres embarazadas: Para falar de sistemas de retención e cadeiras por idades e peso.
  3. Dirixidas a xóvenes de Educación Adulta, en colaboración coa DXT:  Prevención da sinestralidade en accidentes de tráfico.
    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 26.06.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 05.11.2009 polo Concello de Pontevedra.