Pontevédrate...

A Basílica de Santa María demostra o enorme poder do Gremio de Mareantes no S XVI

Educación viaria

Trinta e un colexios e institutos da cidade participan na campaña de Educación Viaria. As actividades son diferentes segundo o nivel educativo.

 

  • EDUCACIÓN INFANTIL

Un total de 530 alumnos de educación infantil serán obxecto da campaña de formación que ten previsto tres actividades:

      1. Entrega de unidades didácticas a profesores docentes dos centros

A Policía Local entregará videos, contos e informacións de contidos sobre actuacións como peón e ocupante de turismos e autobuses, a rúa, os pasos de peóns, semáforos ou sistemas de retencións.

      2. Prácticas de seguridade nos centros

A Policía Local supervisará os protocolos de seguridade nas entradas e saídas dos centros así como das rutas có fin de mellorar os protocolos de comportamento e a seguridade no autobús.

      3. Visitas organizadas ás dependencias da Policía Local

Os alumnos de 3º de Educación Infantl ( 5 anos) acompañados dos seus educadores visitarán as dependencias da Policía Local. Faránse dezaoito visitas.

 

  • EDUCACIÓN PRIMARIA

A programación dirixida ós alumnos de 5º de educación primaria conta cun total de dúas sesións, impartidas por tres educadores, nos vinte centros participantes e unha terceira sesión no Parque Infantil de Tráfico.

As actividades programadas son:

  • Plan de formación de peóns, conductor de bicicleta e ocupante en turismo ou autobús escolar.
  • Prácticas de peón e conductor de bicicleta e karts no Parque Infantil de Tráfico.
  • Pedalada pola cidade en bicicleta

 

  • EDUCACIÓN SECUNDARIA 

Dirixida ós alumnos de 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato.

Un total de 1.500 alumnos de tres centros docentes participarán nunha sesión impartida polo coordinador da campaña, un educador e a colaboración de Paulo Fontán -presidente da Asociación Amizade de persoas con capacidade-.


Entre os obxectivos que se prentende acadar con estes alumnos é formar os menores en materia de seguridade viaria, previr os accidentes de tráfico, dar a coñecer situacións de risco, concienciar ós menores ne necesidade de utilizar elementos de seguridade e das consecuencias dos actos irresponsables.

programación inclúe o plan de formación de conductor de ciclomotor e Seguridade Viaria, documentacións, cascos homologados, seguros e responsabilidade cilvil, e prevención de siniestralidade en accidentes de tráfico e concienciación.

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.02.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 24.02.2017 polo Concello de Pontevedra.