Pontevédrate...

O arco que une dous edificios do museo foi construído a mediados do século XX

Ocupacion ocasional do espazo público

O espazo público pode ser utilizado ocasionalmente para algunhas actividades, pero ten que ser comunicado con alomenos 72 horas á Policía Local. Obras en edificios con licencia concedida, actos públicos, ocupacións ocasionais con vehículos, cortes de vía, etc. poden realizarse normalmente, pero calquera destes actos ten que ser estudado pola Policía debido a que pode afectar á mobilidade e ao normal uso da cidade pola cidadanía.

Para poder utilizar este espazo público debe presentar unha solicitude na Policía Local, por fax (986 187 446) ou presencialmente na Xefatura.

 

 

DOCUMENTACIÓN PARA ACHEGAR SEGUNDO OS CASOS

1. Actividades relacionadas con obras maiores ou menores:

• Fotocopia da licenza municipal para a obra, ou documento que o autorice.

2. Ocupacións de espazos na vía pública:

• Plano da vía acoutado coas medidas (non se precisa escala), no que figure o ancho de calzada para vehículos, o ancho das beirarrúas, a situación  exacta, e a previsión de ocupación do espazo que se solicita, indicando as medidas de protección e sinalización.

• Xustificante de pago de taxas no Concello, cando sexa necesario.

3. Utilización de vehículos para actividade, de mais de 3.500 Kg ou guindastres móbiles: 

• Permiso de circulación (onde figura a matricula).

• Certificado de características (onde figura o peso máximo e dimensións).

• Guindastres móbiles e plataformas elevadoras: documentación técnica do aparello, que non poderá desprazarse polos seus medios pola vía publica non acoutada para a actividade, salvo que dispoñan de placas de matricula. 

Se precisan autorización para o traslado deberá especificarse na solicitude, indicando a MMA do vehículo plataforma que o traslada.

 

INFORMACIÓN XERAL

1. As solicitudes e documentación necesaria, presentarase con 3 días hábiles a data de comezo da actividade.

2. Os traballos na vía pública deberan realizarse en zonas totalmente acoutadas excluídas do trafico peonil e de vehículos, debendo realizar o cerramento e sinalización necesaria a empresa solicitante, garantindo sempre o transito de vehículos e peóns, e a seguridade de tódolos usuarios.

3. Se é necesario regular o trafico, a empresa debera dispor de operarios suficientes provistos de chalecos reflectantes e paletas de sinalización acorde a normativa vixente.

4. A vixencia máxima da autorización será dun mes, rematado o prazo debera renovarse.

5. A ocupación de beirarrúas non poderá superar o 50% do ancho total da mesma, en calquera caso a anchura mínima libre de obstáculos será dun metro. De non alcanzarse esta medida se poderá suplementar a beirarrúa na zona de estacionamento de maneira fixa e estable. Se o suplemento invade a calzada debera sinalizarse debidamente día e noite, garantindo un paso de vehículos mínimo de 3 metros en vías de sentido único e de 6 metros nas de dobre sentido. En itinerarios mixtos de vehículos e peóns, a anchura mínima será de 3 metros.

6. As actuacións que impliquen peches de rúas o trafico so se autorizaran os sábados, domingos e festivos. Excepcionalmente se poderá conceder autorizacións fora destes días sempre e cando se fundamente a imposibilidade de realizar as operacións nestes días.

7. A ocupación da vía publica con contenedores de obra, aterase o disposto na Ordenanza Reguladora da Instalación de Contenedores na vía Publica.

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 20.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.09.2011 polo Concello de Pontevedra.