Pontevédrate...

O Pazo da Cultura é unha obra de Manuel de las Casas de 1997, sobre terreos que antes fóran xunqueiras

Razóns para investir en Pontevedra

  • Situación estratéxica, no centro xeográfico do Eixo Atlántico e porta de entrada con Portugal.
  • Completa infraestrutura de transporte, que permite a rápida distribución dos produtos: aeroportos próximos, os portos de Marín e Vigo e unha ampla rede de autoestradas, autovías e ferrocarril que comunican a cidade con calquera capital de Galicia, da Península Ibérica e do resto de Europa.
  • Economía dinámica cun crecemento sostido e cunha evolución positiva do PIB.
  • Comercio exterior e interior cun gran potencial expansivo.
  • Amplo mercado de consumidores potenciais
  • Dispón do Parque empresarial O Campiño.
  • Apoio institucional: o Concello de Pontevedra aposta decididamente polas empresas con políticas activas de apoio á empresa e á iniciativa emprendedora.
  • Alto nivel de renda dos seus habitantes: os ingresos declarados son os segundos máis altos de Galicia, segundo datos do Instituto Galego de Estatística; un feito que, sen dúbida, contribúe a incrementar a calidade de vida dos cidadáns.

A actividade económica de Pontevedra constitúe a base para impulsar o desenvolvemento e o emprego na cidade. Se ben é certo que as administracións públicas e os servizos representan a súa actividade central, Pontevedra reúne todos os requisitos para o establecemento de todo tipo de negocios.

Nos últimos anos estase producindo unha apertura da cidade a novas actividades económicas coa creación de empresas de certo tamaño, en particular nos sectores da distribución, dos recursos forestais e tamén das empresas asociadas á actividade portuaria.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 26.06.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.05.2008 polo Concello de Pontevedra.