Pontevédrate...

O río dos Gafos cruza baixo a Av. de Vigo pola Ponte Boleira, chega a Campolongo, circula por debaixo do parque e renace perto da rúa Rosalía Castro, desde a que chega ás Corbaceiras para desembocar

Preguntas frecuentes relacionadas con Promoción Económica

Que documentación fai falla para solicitar un posto de Venda Ambulante?
Terá que aportar xunto a instancia:
1. Estar inscrito no Rexistro de Venda Ambulante da Xunta
2. Estar dado de alta no I.A.E
3. Estar dado de alta no Réxime de Autónomos da Seguridade Social
4. Certificado de non ter débedas co Concello
5. Dúas fotografías e fotocopia do D.N.I.
Para recibir máis información pode dirixirse na rúa Sta. Clara, 2. Tlf. 986 848 552

Podo solicitar un posto no Mercado en calquera data?

Ten que consultar o periodo para solicitalo. Promoción Económica, rúa Sta. Clara, núm.2., Tlf.-986848552

O Concello ten oficina de Emprego?
Non, pero existe un Servizo de Promoción Económica Municipal, na rúa Santa Clara, 2. T986 848 552.

Como podo asesorarme para montar un negocio?
Pedindo cita personalizada cun/ha Técnico de Emprego, na rúa Santa Clara, 2. Tlf. 986 848 552.

Que axudas podo solicitar para a miña primeira empresa?
I
nfórmate persoalmente na Axencia de Desenvolvemento Local, pedindo cita cun/ha Técnic@ de Emprego, na rúa Santa Clara, 2. Tlf.- 986 848 552.


Vou abrir un negocio e quérome dar de alta no IAE Que teño que facer?

Debe pagarse se se exerce con carácter empresarial, profesional ou artístico unha actividade económica; isto é, cando ordene por conta propia medios de produción e/ou humanos coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos sexa con local ou sen el.
Segundo as Tarifas, hai cotas municipais, provinciais e nacionais.
Quedan exentas:
  • Todas as persoas físicas.
  • As sociedades cuxa cifra de negocios sexa inferior a 1 millón de euros, mentres non superen devandita cifra.
  • As sociedades que inicien por primeira vez o exercicio dunha actividade en territorio español, durante os dous primeiros períodos impositivos deste Imposto.


    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.05.2008 polo Concello de Pontevedra.