Pontevédrate...

Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, ten a súa sepultura na Igrexa de San Francisco

Formación

Desde a posta en marcha no ano 1999 da Axencia de Desenvolvemento Local (ADL), a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra estabeleceu como unha prioridade promover a inserción laboral dos traballadores/as con programas de formación que faciliten a solidariedade, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o acceso ao emprego dos colectivos con maiores dificultades.

Por este motivo, dedica especial atención a programas e proxectos dirixidos á xente nova, ás mulleres e a novos emprendedores/as, así como a facilitar a reinserción laboral das persoas paradas de longa duración.

Estes programas formativos están integrados dentro dunha axeitada prospección das necesidades do mercado de traballo e dos novos xacementos de emprego. Neste senso, ofrécese ás persoas desempregadas unha oportunidade para adquirir destrezas profesionais e persoais que lles permitan acadar o perfil demandado polo mercado de traballo local.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 24.02.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.05.2008 polo Concello de Pontevedra.