Pontevédrate...

Na época da Restauración, a finais do XIX, iníciase un proceso de readaptación urbana e mellora das infraestruturas: rehabilítase o cascohistórico, planifícase o ensanche, levántanse novos edificios públicos, chega o ferrocarril,...

Pazo de Lourizán

No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e desta época conserva o pombal ameado de planta circular. Foise logo adaptando aos tempos e convertiuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos dos 40. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes.

Actualmente está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellaría de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza.

O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. É de grande tamaño, elegante e maxestoso. Accédese por unha escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas que representan virtudes, valores e devocións.

O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, finca e arboredo, que mostran os distintos usos aos que se dedicou durante os séculos: granxa, xardín señorial e centro de investigacións forestais.

Medran nel numerosas árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e bidueiras, e foráneas, como ciprestes, araucarias, cedros, magnolias, pradairos ou aligustres, moitas delas traídas por xardineiros franceses.

Decóranse con hórreos, o pombal, un invernadoiro de cristal de estrutura férrea, mesa de granito, estátuas de mármore branco, etc., e varias fontes, como a da Cuncha, a dos Tres Canos, a do Patio e a da Gruta dos Espellos. Organízase en avenidas, a das Camelias, a dos Eucaliptos e a da Gruta dos Espellos.


www.depontevedra.es/?1,3087

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.03.2009 polo Concello de Pontevedra.