Pontevédrate...

O río dos Fontáns, que ven de Santo André de Xeve, chega ao Lérez entre muíños, formando unha pequena pero agradábel praia fluvial natural

O Parque dos Gafos

Este parque é un paseo lineal ao longo da maior parte do treito urbano do Río dos Gafos, unha canle que procede de Vilaboa, atravesa Tomeza e a zona norte de Salcedo e penetra no centro urbano pola zona da Estación de Autobuses.

No treito rural o río vai acompañado dunha agradábel senda en todo o seu percorrido. Na zona urbana, o espazo libre que deixou a intensa actividade edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Boleira (Av. de Vigo) e vai dar ao parque de Campolongo.

Todo ese percorrido é de feito unha frondosa senda que decorre a ámbolos lados do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posíbel o paso, e un alumeado moi apropiado para unha acolledora área natural imbricada no centro urbano coma esa.

A partir de aí, o Gafos decorre por baixo da urbanización de Campolongo, para volver renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro, desde donde existe un último treito practicábel antes do seu fin, nas Corbaceiras. Neste último treito do percorrido, duas pontes e varios edificios tradicionais dannos unha idea de cómo era este río antano, cando constituía unha das máis famosas fotos da cidade, coas mulleres lavando nas súas augas cristalinas.


    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.03.2009 polo Concello de Pontevedra.