Pontevédrate...

As ruinas de San Domingos, acougan a gran colección lapidar do Museo: escudos, labras e sepulcros de cabaleiros medievais

Alameda, Palmeiras, Vicenti

Trátase dun conxunto con tres áreas ben diferenciadas, coa Alameda separada das outras duas (o xardín de Eduardo Vicenti e o paseo das Palmeiras) polo paseo peonil de Montero Ríos e os edificios do Instituto Valle Inclán, a Deputación e a Delegación de Educación.

Destaca, diante do concello o monumento conmemorativo da xesta dos Heroes de Ponte Sampaio, construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as tropas napoleónicas en 1808.

O conxunto conforma o típico espazo urbano nacido a principios do século XX, cando se derrubaron os muros da cidade e se produxo unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que era a horta do Convento de San Domingos fóron construíndose esa avenida e a Alameda, que chegaba ate as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.

Nesa época constrúese tamén o Concello, o Instituto, a Deputación e a actual sede de Educación, antes Instituto feminino. Tras estes edificios, os xardíns de Vicenti e o paseo das Palmeiras, un paseo lineal destas especies exóticas, que hoxe ten continuidade na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, que continúa a lineatura de palmeiras que conforman esa agradábel zona verde.
 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.05.2009 polo Concello de Pontevedra.