Pontevédrate...

A Illa do Cobo, tamén chamada das Esculturas, é do pouco que queda sen edificar das antigas xunqueiras do Lérez

A Senda do Lérez

É un parque lineal que nace na Avenida de Bos Aires, paralela ao Río Lérez, e decorre en paralelo á Urbanización de Monte Porreiro. En breve entrará en servizo o itinerario máis grande desta senda, que vai desde a Estación de captación de auga ate Bora, uns 5 km de percorrido cabo do río.

A senda nace na Ponte dos Tirantes, desde donde vai en forma de paseo urbano ata a praia fluvial, perto das pontes do tren. De alí introdúcese na mesta vexetación de ribeira, entre carballos e salgueiros, por diversas pasarelas de madeira e camiños acondicionados para un acceso doado. Despois a senda ten que continuarse polos antigos accesos á estación de bombeo da auga, de donde nace o itinerario máis longo, que comunica esta zona de Monte Porreiro con Bora, en paralelo á tubería que conduce a auga que a fábrica de Ence en Lourizán capta do río.

Pola marxe da parroquia de Lérez, a senda pode tomarse a partires da Illa das Esculturas, desde donde pode camiñar un pequeno treito á beira do río, para subir despois ao Mosteiro de San Bieito. De alí, por diversos camiños, volve a baixar cara a unha das pasarelas peonís que comunican esta marxe coa de Monte Porreiro. Antes de cruzar a ponte, pode dirixirse, río arriba, ao lugar da Illa do Couto, donde desemboca o río dos Fontáns, un espazo de agradábel fisonomía.

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 19.10.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.03.2009 polo Concello de Pontevedra.